1. Os habitantes do planeta e a súa distribución:Os habitantes da Terra están repartidos de forma moi desigual por todo o planeta. Hai países moi extensos con pouca poboación, e outros de menor superficie moi habitados.
A densidade de poboación expresa o número de habitantes que ten un territorio por cada Km2 (hab/km2).
O censo é a lista dos habitantes dun país. Normalmente actualízanse cada 10 anos.
O padrón municipal é a lista dos habitantes dunha localidade, e normalmente actualízase cada 5 anos.
-
Factores de distribución da poboación: os principais factores que condicionan a distribución da poboación son:
-
Factores físicos: factores como climas temperados, relevos de pouca altitude, auga… favorecen o poboamento, mentras que outros como a aridez, a humidade excesiva ou terreos elevados, dificultan o poboamento.
-
Factores históricos: a concentración de poboación nos vales dalgúns ríos e deltas como o Nilo ou o Ganxes, é unha herdanza do pasado. A pouca poboación de moitas zonas de África débese, maiormente, á trata de escravos.
- Factores económicos: polo xeral, a poboación tende a concentrarse naqueles lugares onde hai abundancia de recursos: terras produtivas, auga abundante…
2. Evolución da poboación mundial:2.1- A evolución da poboación nos países ricos: Distínguense 3 fases:
-
fase de longa estabilidade demográfica: Dende a Antigüidade ata mediados do S.XVIII a poboación aumentou moi amodo:
* as familias adoitaban ter unha media de 5 fillos, pero tamén morrían moitos nenos a idades moi temperáns.
* as colleitas eran inseguras e as grandes fames, epidemias, as guerras e as catástrofes naturais provocaban moitas mortes.
-
Fase de aumento da poboación ou revolución demográfica: A mediados do S.XVIII, coa Revolución Industrial, descendeu a mortalidade:
* produciuse un aumento na produción de alimentos: técnicas de cultivo máis eficaces, novos cultivos…
* os progresos na hixiene: o uso do carbón fixo que as vivendas fosen máis quentes e secas, reducindo o perigo de tuberculose.
Mentres baixaba a mortalidade, a natalidade continuaba sendo elevada, aumentando así a poboación. Por iso nos S.XVIII e XIX se produciu un boom ou revolución demográfica, coñecida como explosión branca. Isto explica a expansión de europeos por América, e a colonización de territorios de Asia e África.
-
Fase de descenso da natalidade: Ao longo do S.XX a mortalidade seguiu descendendo gracias aos avances na medicina, o uso de vacinas e a loita contra a mortalidade infantil.
Tamén se produciu un descenso da natalidade, debido a:
• As condicións de vida que pasan dunha sociedade agraria a unha urbana.
• O desexo de gozar dun nivel de vida e consumo máis elevado.
• Poder asegurarles aos fillos uns coidados e unha educación custosos.
• A incorporación da mullera o mundo laboral.
2.2- Evolución da poboación nos países pobres:
Distínguense dúas fases:
-
Fase de longa estabilidade demográfica: Ata ben entrado o S.XX. Caracterízase por unha natalidade e unha mortalidade moi altas.
-
Fase de descenso da mortalidade: A finais do S.XX nos países máis pobres produciuse un notable descenso da mortalidade.
Coa axuda dos países ricos puidéronse combater enfermedades, grazas aos medicamentos.