domingo, 26 de agosto de 2012

martes, 21 de agosto de 2012

OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS RECREATIVAS

No obradoiro de matemáticas recreativas comezamos a aprender conceptos matemáticos básicos a través de actividades lúdicas, xogos e novas tecnoloxías.
A primeira actividade foi co tangram que nos dou moito xogo para repasar algúns copceptos básicos a verdade que o pasamos ben e foi moi ameno traballamos case dúas horas sin darnos conta.

Resolvendo ecuacións

Toca resolver ecuacións, se as fas coincidir cos seus respectivos resultados, formarás diferentes figuras do tangram . Hai unha para 1º e 2º da ESO, outra para 3º e 4º e a maiores para prácticar o mcm e MCD. son moi fáciles. Adiante, e non deixedes que as neuronas se durman no verán.



lunes, 20 de agosto de 2012

NUMEROGRAMAS

Para seguir entrenando esas xoves neuronas que tendes, aqui vos deixo uns exercicios de mates; a ver quen se anima e é o primeiro en poñer as solucións.

So para comprobar que o fixestes ben, podes descargar as solucións no seguinte enlace: Solucións

miércoles, 15 de agosto de 2012

La Educación Prohibida - Película Completa HD

É un documental que nos mostra a preocupación polo futuro da educación. Mostra distintas experiencias educativas, e entrevistas a educadores, psicólogos etc...

lunes, 13 de agosto de 2012

Recordando os nosos escritores

No IES de Ponteceso fixeron unha exposición e recolleron 50 textos, un para cada un dos autores homenaxeados no día das Letras Galegas, dende o inicio da celebración no 1963 con Rosalía de Castro ata o ano 2012 no que se homenaxeou a Paz – Andrade

miércoles, 8 de agosto de 2012

sábado, 4 de agosto de 2012

viernes, 3 de agosto de 2012

Museos para visitar na rede

No blog de Miren ten unha recopilación de diferentes MUSEOS que permiten facer unha visita virtual, e preparan actividades para os nenos espero que vos guste.

http://laclasedemiren.blogspot.com.es/2012/08/algunos-museos-para-visitar-en-la-red.html


miércoles, 1 de agosto de 2012

Cmaps

Hola, chámome Eva e son a responsable da creación dos Cmaps que tedes aquí. Decidín facer este traballo en primeiro lugar como axuda a miña prima e en segundo como un desafogo a Carmela, que a pobre as veces non da feito, verdade? Jaja.

Dada a miña iniciativa e xa que a bioloxía se me dou ben de sempre, presenteime voluntaria, e aí empezou o descubrimento destes esquemas.
A xa coñecida por todos vos, Carmela, ensinoume o debandito programa. .
Na memorización visual perfecto, unha mirada e tes todo o tema, logo o das cores axúdache a diferenzar conceptos...pero o mellor, e que dado a súa sinxeleza son divertidos de facer e o rematalos, ¡sorpresa a miña!...¡xa tes o tema aprendido!.
Anímovos a que os aprendades a facer, porque son entretidos e fáciles, e sen decatarte estás aprendendo.
Como dixen o primeiro chámome Eva María, teño 21 anos e rematei a 1º parte do ciclo Superior de Saúde Ambiental que estou a facer no IES Lamas de Abade, en Santiago.
Como despedida, espero que vos gusten os Cmaps que deseñei e vos sexan sinxelos de aprender.
Un saúdo e a estudar moito.















-------------------------------------------------------------------------------------------------
*Publicamos estes cmaps como páxinas web, podedes acceder a cada un deles facendo clic enriba do cmaps que queiradas ver; pero para poder traballar con tódalas ferramentas que lle añadeu Eva a estes cmaps aconséllovos que os descargades no seguinte enlace e traballedes con eles no voso ordenador. Descagar