miércoles, 11 de diciembre de 2019

Un ano menos....Outro ano máis

Ainda que esta entrada xa foi publicada o 22 de decembro de 2016; como estamos a revivir o blog queremos Felicitarvos estas datas con esta bonita presentación de dous alumnos que estaban en primaria e a día hoxe están a un curso de rematar a ESO....

Carlos Calo creou esta presentación a que Paula Caamaño lle puxo música para felicitarvos o remate do 2016 e inicio do 2017

Música: O Son do Ar - Luar na Lubre

lunes, 2 de diciembre de 2019

Nicolasa

Este traballo hai anos que o fixeron os nenos e nenas dos talleres de "Aprender a aprender" do Concello de Outes. Marisol que nos axudou a facer este blog, volve agora recuperar os traballos que se perden polo paso do tempo. A nena que recita unha das últimas poesías estaba aprendendo a ler e hoxe está rematando a ESO, menuda ilusión lle fixo escoitarse!! :) Imos seguir recuperando traballos como este e subir novos proxectos.

.

Neste mundo virtual que tan rápido se moven as noticias, fotos, videos, facebook, instagram, twitter, etc, etc, etc.... Debería moverse algo máis de cultura e menos información personal. Con este motivo se creou este blog, para dar a coñecer os traballos, resumes, presentacións, esquemas e centos de formas máis de aprender, para mostrar ó resto do mundo cómo os nenos e nenas de Outes aprenden e enseñan.

Porque alguén me dixo a min unha vez: "SI QUERES APRENDER, ENSEÑA". Unha gran verdade, nestes anos que lle axudei os rapaces e rapazas que asistían os talleres a publicar os seus traballos, cada vez era un reto, porque uns facían presentacións en powerpoint, outro un cmap, a algún ocorriaselle facer un video. Cada publicación ten unha forma diferente de facerse no blog, ese era o meu traballo, simplemente facer visibles os traballos que antes confeccionaron os nenos e nenas dos talleres.

Anos atrás, isto era un reto case cada semana, sempre había traballos para publicar, pero pouco a pouco foi decaendo. É unha pena que tantos traballos queden "no olvido", porque algúns enlaces xa non funcionan....

Vamos tendar darlle outro empuxon e que este blog, que chegou a ser finalista nun concurso a nivel estatal, volva a ter vida, empezando por recuperar vellos traballos.