Mostrando entradas con la etiqueta Día de.... Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de.... Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de septiembre de 2016

Día Internacional da Alfabetización



Dende que en 1967 a ONU e a UNESCO decidiran que o 8 de Setembro se celebraría o Día Internacional da Alfabetización, realizáronse moitos progresos realizados en gran cantidade de países para que a poboación aprenda a ler e escribir.

Non obstante, aínda hoxe, existen no mundo 880 millóns de adultos que non saben ler nin escribir, dos cales dúas terceiras partes son mulleres. Dos máis de 120 millóns de nenos que se ven privados de educación básica, as dúas terceiras partes son nenas.

Quizais a definición máis acertada da alfabetización sexa a do pedagogo brasileiro Paulo Freire: 'A alfabetización é máis, moito máis que ler e escribir. É a habilidade de ler o mundo, é a habilidade de continuar aprendendo e é a chave da porta do conocimiento'.Por iso non se deben deter os esforzos dos Gobernos e a cooperación internacional neste sentido. E este é un bo día para recordalo.




lunes, 29 de agosto de 2016

Frase da Semana

Hoxe, 29 de Agosto,  Día Internacional Contra os Ensaios Nucleares, decidimos adicarlle esta frase da semana, posto que eses ensaios son gran perigo para o noso Planeta.

« Neste Día Internacional contra os Ensaios Nucleares, fago un chamamento ao mundo co obxecto de xerar un sentimento de solidariedade en consonancia coa necesidade urxente de poñer fin ao perigoso punto morto sobre esta cuestión.» 


Secretario Xeral da ONU, Ban Kimoon.



Proba de Lincorne, 1971, Polinesia Francesa. 
  • Foto: Colección de Fotografías do TPCEN


Desde que en 1945 se levou a cabo o primeiro ensaio nuclear, realizáronse case 2.000 probas deste tipo, sen prestar moita atención aos seus efectos devastadores sobre a vida humana. Tampouco se estudou a precipitación radioactiva derivada dos ensaios atmosféricos.



Tanto a reflexión retrospectiva como a historia amosáronnos os efectos tráxicos e aterradores dos ensaios nucleares, especialmente cando se producen fallos nas condicións controladas e, máis aínda, tendo en conta que as armas atómicas contemporáneas son cada vez máis poderosas e destrutivas.

Co obxectivo de captar a atención do mundo sobre a gravidade deste asunto e poñer de relevo a necesidade dunha acción unificada, o 2 de decembro de 2009, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 29 de agosto Día Internacional contra os Ensaios Nucleares, mediante a aprobación por unanimidade da resolución 64/35 Documento PDF.

Con todo, o instrumento internacional para lograr esta necesidade, o Tratado de prohibición completa dos ensaios nucleares Dispoñible en inglés (de 1996), aínda non entrou en vigor.

A resolución da Asemblea Xeral foi proposta pola República de Kazajstán co fin de  clausurar o polígono de ensaios nucleares de Semipalatinsk o 29 de agosto de 1991.

O Día ten por obxecto alentar as Nacións Unidas, os Estados Membros, as organizacións intergobernamentais e non gobernamentais, as institucións académicas, as redes de mocidade e os medios de difusión social a que informen da necesidade de prohibir os ensaios de armas nucleares, como un paso importante cara ao logro dun mundo máis seguro, e a que eduquen e sensibilicen ao público respecto diso.

O ano 2010 foi a primeira conmemoración do Día Internacional contra os Ensaios Nucleares. Cada ano, desde entón, o Día observouse mediante a coordinación de diversas actividades en todo o mundo, tales como simposios, conferencias, exposicións, concursos, publicacións, ensino en institucións académicas, programas de televisión e radiodifusión e outros medios. Tamén se celebraron diversos eventos na Sede das Nacións Unidas. Para a observación do Día en 2013 proxéctanse actividades similares.

O Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, expresouno con gran claridade: «Un mundo libre de armas nucleares sería un ben público global de maior prioridade.» Ao dicir, en maio de 2010, que a prohibición dos ensaios nucleares desempeñaba un «papel esencial», todos os Estados Partes no Tratado sobre a non proliferación das armas nucleares Dispoñible en inglés comprometéronse a traballar para "lograr a paz e a seguridade nun mundo sen armas nucleares".

martes, 22 de marzo de 2016

Día Mundial da Poesía


Poesia en galego de Federico García Lorca

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.


domingo, 24 de febrero de 2013

Tal día coma de hoxe

Tal día coma de hoxe, hai 176 anos, nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.
E tamén  este ano celébrase o 150 aniversario da publicación de Cantares Galegos, a súa obra máis universal. É unha obra que abriu o proceso que se deu en chamar rexurdimento da literatura e da cultura galegas.


As voces dos nenos/as que recitan as poesias son:
Pablo Nieto e Mónica Caamaño. 4ºPrimaria
Eloy Nieto e Paula Caamaño. 2º Primaria.

jueves, 14 de febrero de 2013

14 febreiro "San Valentín"

_Lindy Longhirst

_Séverine Duchesne

 GetAttachment

martes, 5 de febrero de 2013

Día internacional da Internet segura




É unha campaña que nos mostra como colgamos en Internet, parte ou toda a nosa vida sen preocuparnos as consecuencias que poida ter nun futuro para nós. Isto pode influír na nosa vida e afectarnos, non só psicoloxicamente, se non tamén economicamente. Posto que se poden obter números de contas bancarias,etc. Por estes motivos debemos de ter en conta todo o que colgamos e mirar se pode ser prexudicial para nós antes de colgalo. Yeray LOrenzo 2º ESO

domingo, 27 de enero de 2013

Día Escolar de la No violencia y la Paz



Cada ano, dende 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da  Non  violencia e a Paz (DENIP) foi creado polo mestre mallorquín Llorenç Vidal, en conmemoración do día da morte de Mahatma Gandhi, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non-violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, se fixese realidade
A mensaxe do   DENIP  é ben sinxela:
  • O amor universal é mellor que o egoísmo.
  • A non-violencia é mellor que a violencia.
  • A paz é mellor que a guerra.


 POEMAS 

(Referido a los niños)
Tú le recuerdas 
que del corazón brota
la paz verídica
Llorenç Vidal

HERMANOS DE LAS ESTRELLAS
Hermanos de las estrellas,
de las montañas, del mar,
de todos los seres vivos,
unamos, para cantar,
nuestras manos, aprendices
de Amor, No-violencia y Paz.

Sin diferencias de raza,
de lengua ni de pensar,
en un abrazo fraterno,
unamos, para cantar,
nuestros pechos, con la fuerza,
de Amor, No-violencia y Paz.

Defensores de la vida,
sin armas para matar,
cual ciudadanos del mundo,
unamos, para cantar,
nuestro aliento, mensajeros
de Amor, No-violencia y Paz.
Llorenç Vidal






ORACIÓN QUE EL MAHATMA GANDHI
ENSEÑÓ A SUS DISCÍPULOS
Humildemente me esforzaré
en amar,
en decir la verdad,
en ser honesto y puro,
en no poseer nada que no me sea necesario,
en ganarme el sueldo con el trabajo,
en estar atento siempre a lo que como y bebo,
en no tener nunca miedo,
en respetar las creencias de los demás,
en buscar siempre lo mejor para todos,
en ser un hermano para todos mis hermanos.

Mahatma Gandhi

¡PAZ
Los hombres hablan mucho de paz, pero no comprenden su verdadero sentido.
Cuando pronuncian esta palabra piensan: paz económica, paz política, tratado de paz,
No guerra... pero ¿paz armada?
El primer paso, el gran paso a dar es la búsqueda de la paz en su conciencia;
La Paz tranquila, la Paz del corazón...
la Paz del alma.
Sólo esta PAZ puede producir todas las demás paces.
Albert Chantraine




sábado, 26 de enero de 2013

Día Escolar da Non violencia e a Paz



Cada ano, dende 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENIP) foi creado polo mestre mallorquín Llorenç Vidal, en conmemoración do día da morte de Mahatma Gandhi, o home que coa súa loita pacífica e as súas accións de non-violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, se fixese realidade



A mensaxe do DENIP é ben sinxela:
O amor universal é mellor que o egoísmo.
A non-violencia é mellor que a violencia.
A paz é mellor que a guerra.
Ilustrascións  sobre a PAZ


Lana Shislovskaya Wynne

 _live kunts
 David Guirao


 Nazan Erkmen


_Alexander Jansson



Pawel Kuczynski




viernes, 25 de enero de 2013

miércoles, 28 de noviembre de 2012

O día 3 de decembro celébrase o día internacional das persoas con discapacidade para recordarnos a súa integracion total na sociedade. Este ano o lema é "Eliminar as barreiras para crear unha sociedade inclusiva e accesible para tod@s"
EN AULA TIC DE FERROL EXPOÑEN AS 11 RAZÓNS POLAS QUE OS PAIS E NAIS DE NENOS CON NECESIDADES ESPECIAIS SON EXEMPLO DE VIDA E LOITA AQUÍ VOLAS DEIXO PARA QUE REFLEXIONEMOS.
1. Porque nunca pensaron que "hacer todo" significaría hacer mucho. Pero lo hacen todo, por ayudar a los suyos, y demostrarles que no están solos.

2. Porque han descubierto paciencia, que no sabían que tenían.

3. Porque están dispuestos a hacer algo 10 veces, 1.000 veces si es necesario para que sus hijos aprendan algo nuevo...

4. Porque han escuchado a los médicos que les plantean las situaciones mas difíciles, y ellos se han negado, a que esto los derrote.

5. Porque tienen días malos, pero siguen adelante a pesar de las adversidades.

6. Porque ellos logran obtener de todas las circunstancias de su vida, cosas que los ayudan a crecer como personas, y que los estimule a seguir aprendiendo.

7. Porque descubrieron que son fuertes, cuando dudaban que lo fueran, ante estas circunstancias.

8. Porque no son sólo mamás, papás, esposas, esposos, amas de casa, choferes, cocineros y mucho mas. También son fisioterapeutas, fonoaudiólogos, psicólogos, terapeutas ocupacionales, maestros, enfermeras, investigadores, entrenadores y porristas.

9. Porque entienden a sus hijos mejor que nadie - incluso si ellos no pueden hablar, o no los miran a los ojos, ellos lo saben. Sólo lo saben.

10. Porque justo cuando parece que las cosas van a ir bien, ellos siguen tratando. Lo hacen incluso cuando parece que sus corazones podrían explotar, o sus ojos soltar una lagrima.

11. Porque cuando miran a sus hijos sólo ven a chicos maravillosos, a unos estupendos guerreros. No observan a niños con Parálisis Cerebral, Autismo, Síndrome de Down, TDAH, Retraso en el Desarrollo y cualquiera que sea la etiqueta, que es solo eso, una etiqueta.

domingo, 25 de noviembre de 2012

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Día da Ciencia en Galego

Un galego inventou a calculadora
Nos depósitos da sede central do IBM, en White Plains (Nova York), custódiase unha estraña e antiga máquina construída en 1878 e que resulta ser a primeira calculadora capaz de multiplicar e dividir de xeito automático. A valiosa peza forma parte da colección particular iniciada en 1930 por Thomas J. Watson Sr., presidente fundador do IBM, quen xa entón intuía que aquel dispositivo formaba parte da prehistoria da computación. A Calculating Machine nº3 pesa 22 quilogramos, está feita de ferro e aceiro amarelo e tien un lugar reservado na historia da informática, pero debería de telo tamén na historia de Galicia, xa que o home que a ideou, deseñou, construíu e patentou se chamaba Ramón Verea e era natural da Estrada.

miércoles, 25 de julio de 2012

martes, 15 de mayo de 2012

Vida e obra de Francisco Añón

Esta presentación é unha breve exposición da súa vida e obra.
(Dámoslle as grazas a Bárbara e aos nenos pola súa voz, e pedimos desculpas por se o son non é demasiado bo).


Para poder ver a presentación en pantalla completa clica aquí

Xogando con Añon

Himno "A Galicia"

Ao igual que nós, hai moitos veciños que este ano lle queren render homenaxe a tan ilustre persoaxe. Aquí vos deixamos a versión do Himno a Galicia interpretado polo Club de lectura de San Lourenzo

“¡Ai! esperta adourada Galicia
dese sono en que estás debruzada.
Xa cantando os teus fillos te chaman
e cos brazos en cruz se espreguizan…
Malpocados, o que eles cobizan
e un bico dos labios da nai”.

ELA TAMÉN VALÍA



A imaxe da portada é dunha colección de catro acuarelas que se titula "Catro Nais" auga, vento lume e terra adicado o duro traballo da muller galega no século XX. (Autora: Francesca)
As nenas que len as poesias das diapositivas son Mónica(8 anos) e Paula(6 anos).

domingo, 6 de mayo de 2012

Madre hoy te quiero decir




Mamá cando entres no blog a ver este vídeo sabes que son eu que che di esas palabras...

lunes, 23 de abril de 2012

O día do libro.

Alguénsabe porque hoxe é o día do libro e non outro calquera? Nunca volo preguntáchedes?

Veredes, pois porque un día como hoxe faimoito tempo morreu un xenio da literatura castelá. Ese escritor chamábaseMiguel de Cervantes, non vos sona? Foi o escritor do Quixote entre outrasobras. Pero, ademais ese 23 de Abril do 1616 morreu un xenio da literaturainglesa. Quen? Pois William Shakespeare. Unha gran casualidade, si. Os douseran uns verdadeiros escritores que destacaron non na súa época senón que, comocase todos os grandes escritores recoñecidos, danse por xenios cando xa estánmortos.

Aquí vos deixo uns enlaces para coñecer máisacerca de dúas grandes figuras da literatura, un da castelá e outro da inglesa:


http://www.biografiasyvidas.com/biografia/c/cervantes.htm

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/s/shakespeare.htm




Alba Calo Blanco 1ºA ESO

sábado, 21 de abril de 2012

El día de la tierra

En numerosos ámbitos ecoloxistas considéraselle, a carta do xefe indio Seattle como  a declaración máis fermosa e profunda que xamais se fixese sobre o coidado do medio


O 22 de abril de cada ano celébrase en moitos paises o Día da Terra. Este día foi creado polo senador estadounidense Gaylord Nelson, no ano 1970 para promover entre os cidadáns unha reflexión  aos problemas tales como:
  • Superpoboación
  • Contaminación ambiental
  • Conservación da biodiversidade
  • A auga
  • Quentamento global
  • Educación ambiental en xeral