O sábado 19 de outubro de 2013, tiven o meu primeiro CAMPIONATO INTERNACIONAL CIDADE DE RIVEIRA.
Cando cheguei ao polideportivo tivemos que, cambiarmos e empezar a quentar. Logo fomos paras as gradas, alí dixéronme a cor do meu peto, o meu tapiz e o número de combate.
Peto: Vermello
Tapiz: Sete
Combate: Quince
Cando iban no combate número 10, Agustín, o meu coach, díxome que baixara para quentar un pouco. Logo, foi a hora da verdade. Nos primeiros 1:30, empecei a cansar a contrincante. Pero... Só puden perder ou arriscarme e empezar a ter outra técnica.
PRIMEIRA RONDA:1-3
Na segunda ronda, voteina a patadas do tapiz, despois saquei unha patada, ela tamén sacou unha patada e chocamos os pés, ela empezou a chorar. Tuvo que entonces que vir o Axudante a botarlle "REFLEX". ERA UNHA CHOROMICAS! Logo, empecei a cansala moitísimo.
Ao final: Perdín:1-7
Se o gañar fora por non ter que chorar, xa gañaba eu. Ela andaba a chorar moitísimo. Bueno fixo ben pero se daban puntos por pegar máis "PATADAS" gañaría eu fixo.
En resumo, creo que isto solo é o comezo do meu deporte favorito. E creo que teño que mellorar un 50% máis do que sei. Aínda así creo que aínda que perda, valeu a pena intentálo!
4º POSICIÓN
| Patada tras patada, así durante tres intensos minutos |







