Poesia en galego de Federico García Lorca
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
2 comentarios:
Gústame a poesía de Lorca en galego. Se teño que ser sinceira, non a coñecía. Foi todo un descubrimento. Un bico.
Publicar un comentario