RESUMO DAS PROPIEDADES DA MATERIA
Materia e todo aquilo que ten masa e volume e ocupa un lugar no espazo. Ex. Os libros, o boli etc... son materia.
Os obxectos que nos arrodean e que teñen uns límites definidos, chámanse corpos materiais ex unha pedra, unha mesa, unha silla son corpos materiais.
O aire atmosférico, a auga do océano o chan non teñen límites precisos por iso en vez de chámalos corpos, os denominamos sistemas materiais.
Propiedades extensivas. Dependen do tamaño do corpo material que estamos a observar. Isto ocorre coa masa e co volume. De dous trozos dunha materia ex unha pedra será máis grande a que teña maior masa e maior volume.
Propiedades intensivas Non dependen do tamaño do corpo que observamos senón que poden estar en calquera trozo sexa grande ou pequeno é a cor, o brillo, a dureza.
Cando dous corpos materiais teñen as mesmas propiedades intensivas, dicimos que están formados pola mesma substancia.
A materia ten unha masa, un volume, e unha densidade todas estas propiedades teñen en común que poden medirse.
Medir é comparar algo cun modelo ou patrón para saber o número de veces que o contén.
Para medir as propiedades da materia necesitamos un patrón comparativo e un instrumento adecuado.
Ex para medir unha lonxitude utilizamos a cinta métrica, e un patrón comparativo que é o metro. E para medir distancias pequenas temos un patrón comparativo máis pequeno que é o centímetro
As propiedades da materia que se poden medir e contar chámanse cuantitativas.
As que non podemos medir como o olor a suavidade etc dicimos que estas propiedades son cualitativas.
Magnitudes e unidades
Todo o que se pode medir chámase magnitude.
Polo tanto a lonxitude e unha magnitude como é a masa e o volume.
A temperatura é unha magnitude que medimos co termómetro
O tempo é unha magnitude que medimos co cronómetro
A presión atmosférica é unha magnitude que medimos co barómetro.
A unidade de medida é o patrón que empregamos para medir unha magnitude.
O sistema de unidades de medida é o conxunto de magnitudes e as unidades de medida escollidas para medilas
MAGNITUDE | UNIDADE DE MEDIDA | ||
Nome | Símbolo | Nome | Símbolo |
Lonxitude | l | Metro | m |
Masa | m | Quilogramo | kg |
Tempo | t | segundo | s |
Temperatura | T | Kelvin | K |
Forza | F | Newton | N |
Carga eléctrica | Q | Culombio | C |
As unidades de superficie varían de 100 en 100
As veces para medir superficies empregase a area e a hectárea
Unidade de masa kilogramo = kg = 1 kg
A masa pódese definir como a cantidade de materia que ten un corpo
A masa mídese ca balanza.
Unha unidade para medir masas moi grandes é a Tonelada = t = 1000kg
Chámase sensibilidade dun aparato de medida á mínima cantidade que este é capaz de medir
Unidade de masa é o kilogramo no SI que se representa por kg
O patrón universal do quilogramo é un cilindro de platino e iridio que se conserva na Oficina Internacional de Pesas e Medidas de Sèvres, preto de París
A masa do cilindro elixido como patrón equivale ó redor dun L de auga destilada a unha temperatura de 4º C
¿Que é o volume dos corpos?
A unidade de volume no SI é o metro cúbico que corresponde ó volume que ocupa un cubo de 1 metro de aresta
A unidade de capacidade máis empregada é o litro que equivale ó contido dun cubo de 1 dm de aresta e represéntase por l ou L
A densidade dunha substancia é a relación que existe entre a súa masa e o volume que ocupa
No SI a densidade mídese en kg/ m as máis pequenas en g/ cm.
Feito por Noelia Botana Rodríguez 1º da ESO
2 comentarios:
Gracias por poñer esta entrada, Mónica ten exame o luns deste tema e asi xa aprobeito para enseñarlle moitas máis cousas das que deron no cole. (Marisol)
Con esta entrada, todos aprendimos un pouquiño máis da materia e as súas propiedades. Graciñas por compartirla. Un bico.
Publicar un comentario