O Prezi é un programa moi doado de usar posto que tes un espazo moi grande e nunca vas ter problemas de distribución nin de espazo. Nel podes introducir vídeos, imaxes, esquemas, resumos...
Ademais ten todo moi ben indicado é resulta moito máis fácil e divertido traballar con el.
Estudar por el é fácil xa que resulta máis vistoso e sempre o recordas, o feito de que che vaian aparecendo as definicións, imaxes etc. Déixache todo moito máis claro e nunca te lías posto que segue un orde.
Con tan só facelo xa te sabes case todo o tema.
Aínda que feito parece moi difícil, é moito máis difícil estudar polo libro un tema xa que non tes vídeos etc.
De todos os programas cos que traballamos, este é polo que resulta máis doado estudar.
Animo a que os que traballades tamén no Prezi, a que opinedes nos comentarios se compartides a miña opinión.
1 comentario:
Eu estou de acordo contigo Yeray, dos progamas que levo visto para as Tic's o prezi ofrece unha gran presentación final, orixinal e divertida. Pero para o que con todos os programas, quen máis aprende é a persoa que fai o traballo, ver o resulta é moi fácil pero para preparalo hay que buscar información, seleccionar e complementar, eu penso que ahí é onde realmente adquirides coñecementos e aprendendes porque traballas con moita máis información que a se mostra no resultado final. Asi que a facer traballos e sacarlle o maior partido a estas tecnólixias.
Publicar un comentario