Para entre todos ler, saber máis, comentar, compartir, entender, soñar, vivir, rir, chorar, evadirnos, recordar, imaxinar… todo en torno a unha lectura.
O que nos fai entrar no mundo da lectura ten que ser a paixón por un libro, por unha lectura… non hai outro xeito. Por moito que expliquemos e digamos que é moi importante ler temos que descubrilo e experimentalo nós mesmos. Polo que, o gusto por ler non podemos trasmitilo por unha lección nin cun mandato, neste taller imos intentar que sexa un contaxio.
Por que ler?
Porque é unha forma creativa e entretida de pasar o rato
Porque se aprende a falar, escribir, ler, escoitar e entender
Porque ler ofrécenos modelos de actitudes, formas de vida, formas de relacionarnos, entre nós.
Porque nos ensina a razoar
Porque desenvolve a nosa imaxinación.
Porque non é unha actividade pasiva como ver a televisión.
Porque nos axuda a descubrir o mundo.
Porque desenvolve a capacidade de reflexionar con calma.
Porque nos descubrimos a nós mesmos.
Porque nos conta os nosos propios sentimentos, as nosas propias ideas.
Porque nos axuda a formar a nosa personalidade
Vamos a comezar o taller co conto "El diablo de la botella" de Robert Louis Stevenson que está no libro
"CUENTOS FANTÁSTICOS" EDITORIAL AKAL
Contos do libro
1. La ley de la vida. Jack London,
2. La tortura de la esperanza. Villiers de L’Isle-Adam
3. El corazón delator. Edgar Allan Poe,
4. El ojo de Apolo. Gilbert Keith Chesterton,
5. El almohadón de plumas. Horacio Quiroga,
6. Una historia de fantasmas. E.T.A. Hoffmann.
7. Luca Frascati. Leopoldo Lugones,
8. El diablo de la botella. Robert Louis Stevenson,
9. La mano. Guy de Maupassant,
10. Los amigos de los amigos. Henry James,
11. El ceremonial. Howard Phillips Lovecraft
Robert Louis Stevenson, é o autor do libro "La isla del Tesoro"
5 comentarios:
é o dia 9 ou os dias 12 e 13?
Hola, tienes un regalito en mi blog. Pásate a recogerlo: www.lacuenteria:fabricadecuentos.blogspot.com. Un besote.
Gracias Arancha. En estos momentos que estamos empezando con los talleres de verano viene muy bien para coger fuerzas. Muchos besos
Noraboa polo regalo. E respeto a lectura tes toda a razón, eu estou totalmente de acordo contigo, todas as razóns son moi boas. A Mónica sempre lle gustou ler e dende que aprendeu le tódalas noites un pouco, as veces ten tres ou catro libros empezados. A Paula non lle gusta tanto pero si estou eu con ela tamén le un pouquiño tódalas noites. (Marisol)
Que pena que eu non poida ir a os talleres e estar nos debates que van xurdir despois de tan interesantes lecturas. Moita sorte e que disfrutes moito.
Moi boa iniciativa facer un taller de lectura. Seguro que os rapaces o van a pasar moi ben. Un biquiño.
Publicar un comentario