Aqui poderás encontrar traballos escolares e de apoio, realizados por nenos e nenas os que lle gusta aprender e ensinar o que aprenden
jueves, 8 de septiembre de 2016
Día Internacional da Alfabetización
Dende que en 1967 a ONU e a UNESCO decidiran que o 8 de Setembro se celebraría o Día Internacional da Alfabetización, realizáronse moitos progresos realizados en gran cantidade de países para que a poboación aprenda a ler e escribir.
Non obstante, aínda hoxe, existen no mundo 880 millóns de adultos que non saben ler nin escribir, dos cales dúas terceiras partes son mulleres. Dos máis de 120 millóns de nenos que se ven privados de educación básica, as dúas terceiras partes son nenas.
Quizais a definición máis acertada da alfabetización sexa a do pedagogo brasileiro Paulo Freire: 'A alfabetización é máis, moito máis que ler e escribir. É a habilidade de ler o mundo, é a habilidade de continuar aprendendo e é a chave da porta do conocimiento'.Por iso non se deben deter os esforzos dos Gobernos e a cooperación internacional neste sentido. E este é un bo día para recordalo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario