Aquí está o resumo do tema de da Idade Media espero que vos axude para estudar Antia.
1-O imperio
bizantino.
No ano 476 desapareceu o imperio romano de Occidente e durante 10 séculos
viviu co nome de imperio bizantino.A súa capital foi Constantinopla.
-O esplendor de Xustiniano.
O emperador máis importante foi Xustiniano que gobernou xunto a súa muller
Teodora entre os anos 527 e 565. Xustiniano intentou reconstruír o imperio
romano. O emperador dirixía ao exército e a administración e era o xefe
relixioso. As súas ordes eran executadas por unha rede de funcionarios. Tamén
existía un corpo de diplomáticos que mantiñan relacións sociais con outros
territorios.
-A lenta decadencia.
Os lombardos ocuparon a península Itálica; os visigodos expulsaron aos
bizantinos da península Ibérica; e os musulmáns conquistaron o norte de África,
Siria e Palestina. A principios do século XV só quedaba Constantinopla en mans
bizantinas. No ano 1453 a cidade foi tomada polos turcos e o imperio bizantino
desapareceu.
Constantinopla
Foi construída a a imaxe de Roma polo emperador Constantino no ano 330.
Está situada no estreito do Bósforo que comunicaba o mar Negro co mar
Mediterráneo. Estaba sobre un porto natural, o Corno de Ouro e protexida por
murallas. No centro estaba o palacio imperial, o hipódromo, o senado e a
basílica de Santa Sofía e o barrio de Pera, onde vivían os comerciantes.En
tempos deXustiniano chegou a ter máis de medio millón de habitantes e no século
XI chegou ao millón.
2- A sociedade e a cultura bizantinas.
-Un imperio urbano e comercial.
Constantinopla, Éfeso e Tesalónica eran as máis importantes da época. As
cidades eran a sede dos bispados, do goberno e do exército. O imperio bizantino
tiña unha gran prosperidade económica. Dominaron o comercio mediterráneo e as
rutas entre Europa con Asia e África.
-Un imperio grego e ortodoxo.
Despois do reinado de Xustiniano o latín foi substituído polo grego como
lingua oficial. As diferenzas levaron á separación, en 1054, entre a Igrexa
católica e a Igrexa bizantina. Isto
chamouse a Cisma de Oriente. A relixión impregnaba a vida e a cultura e era un
motivo de disputas. No século VIII os emperadores prohibiron o culto ás iconas.
A decisión provocou disputas e derrogouse a prohibición.
-Unha arte suntuosa.
En arquitectura destacan as igrexas que tiñan a plante de cruz grega e
estaban cubertas por cúpulas. Outro exemplo da arte bizantina foron os
mosaicos.
3- O islam na Idade Media.
-Mahoma, o fundador do islam.
O islam naceu en Arabia. Eran politeístas e consideraban A Meca como a súa
cidade sagrada. Só había dúas cidades importantes: A Meca e Medina. Mahoma era
un comerciante da Meca. Mahoma sentiuse chamado por Deus, abandonou o seu
traballo e dedicouse a predicar o islam. Trasladouse a Medina no ano 622. Esta
data recibe o nome de héxira e marca o comezo do calendario musulmán.
-A relixión islámica.
As predicacións de Mahoma recolléronse no Corán, o libro sagrado dos
musulmáns. Todos os musulmáns deben cumprir:
–
A profesión de fe, pola que todo musulmán testemuña “non
hai máis Deus que Alá e Mahoma é o seu profeta”.
–
A oración cinco veces ao día.
–
A peregrinación a Meca, polo menos unha vez na vida.
–
O xaxún durante o mes do Ramadán.
–
A esmola, para axudar aos pobres.
Antes, tiñan a obriga de defender o islam e estendela polo yihad ou guerra
santa.
-A expansión do islam.
Tras a morte de Mahoma lanzáronse a expansión da nova relixión. Durante os
primeiros anos o imperio estaba gobernado por parentes de Mahoma e coñecese
como o califato ortodoxo. Na etapa Omeia o título de califa fíxose hereditario
entre os membros desa familia. Os Omeias trasladaron a capital a Damasco. No
ano 750 produciuse unha rebelión que acabou co período Omeia. Dende ese momneto
o poder recaiu sobre a familia dos Abasidas e a capital trasladouse a Bagdad.
Mentres tanto crecía a forza dos turcos, un pobo de Asia.
-O goberno do territorio.
A máxima autoridade era o califa que tiña o poder político e relixiosos. O
califa era atendido polos conselleiros chamados visires.
4- A sociedade e a cultura islámica.
-A sociedade islámica.
Existía unha división social baseada na economía:
–
A aristocracia: formada polas familias relacionadas cos
gobernantes e polos grandes propietarios.
–
O grupo dos notables: integrado polos comerciantes,
artesáns con obradoiros e pequenos propietarios rurais.
–
A maioría da poboación: constituída por pequenos
vendedores ambulantes, artesáns sen obradoiros e campesiños que non tiñan
propiedades.
- Unha civilización brillante.
Era unha das máis desenvolvidas. A agricultura era
moi produtiva e en artesanía realizaron obras de gran calidade. Os musulmáns
adoptaron as innovacións doutros pobos e trouxeron de Asia novas técnicas.
Foron excelentes astrónomos e grandes matemáticos. Tamén destacaron en
medicina. Crearon grandes bibliotecas, cultivaron a poesía e a musica e
escribiron libros de viaxes, xeografía e de historiaAntia Villar 2º ESO
2 comentarios:
Un resumo moi bo, pero si o fixeras no prezi seguro que era moito máis divertido de estudiar (Marisol).
Moi bo resumo. Así seguriño que aproban fixo. Unha aperta.
Publicar un comentario