A case todos nos gusta a froita e sabemos que é un alimento beneficioso para o organismo pola cantidade de nutrientes que nos brinda para o correcto desenvolvemento das diferentes funcións que levamos a cabo a diario. A pesar de saber todo isto en moitas ocasións seguimos dubidando do momento idóneo para tomar a froita.
Por norma xeral a froita comémola despois das comidas, xa que consideramos que se trata dunha sobremesa, aínda que é o peor momento do día para comelas, pois a maioría dos nutrientes que nos brinda se perden durante o proceso dixestivo, ao ser máis longo do normal e fermentar no estomago. Polo que o mellor momento para comela é entre horas, que é cando temos o estomago baleiro e polo tanto non pode facer que se retarde a dixestión nin se fermente.
O bo sería comezar a xornada con froita. É un bo xeito de cargarnos de enerxía antes de ir para o colexio para render en clase, ao igual que consumila a media mañá e a media tarde. Isto fai que a froita sexa o mellor refrixerio da tarde antes de estudar ou facer os deberes
3 comentarios:
Eu non podería vivir sin a froita. Encántame toda sobretodo a que vén agora no verán. Unhas imaxes preciosas. Biquiños e boa finde.
Estamos intentando que para os rapaces sexa unha necesidade pois hai nenos que non toman froita, e pola tarde haber si conseguimos cambiar a "bollería" por froita. Grazas Ana boa finde tamén para ti
Como les cuesta tomar fruta a muchos niños. Debería ser desayuno obligado. ...en vez de tanta pasta y bollería.
Un besito
Publicar un comentario