Ola rapaces e rapazas!
Aquí estou. Son Bárbara
e creo que necesitades un pouco de caña,ja,ja..
Despois de termos unha
charla Carmela e máis eu, decidimos facer algo novo para vós, pois cremos que,
en xeral, coxeades un pouco no tema de expresión, exposición, coherencia,
cohesión, á hora de traballar un texto.
Pensamos introducir
neste blog un novo apartado ao que chamaremos
TOCA TEXTO!
O que pretendemos é que
logredes acadar, de maneira sinxela, uns obxectivos básicos á hora de tratar
todo tipo de textos: un conto, un poema, unha noticia, unha carta, unha
solicitude, unha crónica, un correo electrónico,…
Algo, sen dúbida,
necesario para a vosa vida diaria de estudantes hoxe, e de futuros
traballadores nun futuro próximo, porque a boa expresión é necesaria en todas as materias e en todos os
ámbitos.
Para non agobiarvos ,
imos poñer un texto á semana. Debedes analizalo e logo entregárnolo para
corrixir. Eu direivos unhas pautas que debedes seguir para a creación e a
análise.
Non vos asustedes! Imos ir pouco a pouco, comezando con textos
sinxelos para ir aumentando a dificultade progresivamente e de maneira
individual.
Saúdos!!
4 comentarios:
Moi boa idea. Ao mellor nos sae algún escritor e todo. Unha aperta.
Moi boa idea, espero que os rapaces/as se animen e sepan aproveitar esta ferramenta.
Pareceme moi ben
Pareceme moi ben é unha boa idea.
Publicar un comentario