OS TOMATES DE CARMIÑA
(NOA)
4º PRIMARIA
4º PRIMARIA
Había unha vez unha labradora chamada
Carmiña que vivía nun pobo onde todos eran labradores. Ela, como todos os seus
veciños, adicábase a traballar o campo. Tiña unha grande leira onde cultivaba
de todo.
Carmiña este
ano decidira plantar patacas e tomates. Co seu gran tractor preparou a terra e
botou as sementes. Todos os días se levantaba cedo para ir regar o cultivado.
Ela regaba e regaba, pero xa pasaran dous meses e aínda non lle medrara
absolutamente nada.
Un día acordouse
de que tiña unha amiga científica. Era Eva e vivía nunha grande cidade. Carmiña
colleu o seu coche e foille facer unha visita á súa boa amiga. Contoulle o
sucedido para ver se ela lle podía dar un remedio, e claramente díxollo.
- Iso é que
a terra ten falta de nutrientes.
- Que son os
nutrientes? - preguntou Carmiña
- Os
nutrientes son a parte aproveitable do
alimento, e fai que nós crezamos sans e fortes. Ás plantas pásalles igual, se
non teñen nutrientes non hai planta, porque non ten suficientes forzas para
crecer.- explicou Eva.-Toma, douche este abono, bótallo ás túas plantas e verás
que fortes crecerán.
Carmiña
marchou toda contenta sabendo que había unha solución ao seu problema. Foi cara
á leira e empezou a botarlle o abono cantando.
-
Tralari,
tralara, tralari, tralara…
Ela pensaba
que de alí a dúas semanas xa estaría a leira chea de tomates e patacas para
comer, e así foi. Despois de quince días xa estaban listas para recoller e
comer, pero Carmiña quixo deixalas un pouquiño máis e así estarían máis boas aínda.
Ao día seguinte foi mirar por toda a leira e asustouse cando encontrou un
tomate todo roído, ao día seguinte outro e outro máis…
Que era
aquilo? Quen lle comía os tomates? Tiña que averigualo antes de que se quedase
sen nada. Así que un bo día decidiu quedar a mirar o que pasaba e poder saber
quen lle roía todo como os ratos. Colleu o seu saco de durmir e púxoo detrás
dunha parede pequeniña.
-Xa che
collerei coas mans na masa “malandrin”. -dixo Carmiña silenciosa.
E sen facer
ningún ruido quedou vixiando os tomates que tanto lle costara plantar.
Quedou horas
e horas intentando que os ollos non lle caeran ao chan. Foron as dúas, as tres,
as catro da mañá…, pero aínda non vira nada.
-Espera un
momento.-dixo Carmiña - Aí hai algo que se move.
Colleu os
seus prismáticos da mochila e mirou rápidamente cara alí. Non podía ser!!! Veu uns bichiños comendo os
seus preciosos tomates!!!
Tanto
traballiño para nada…
Marchou para
a súa casa e esperou a que fose día para poder ir ao laboratorio da súa amiga.
Cando foron
as dez da mañá puxo rumbo á cidade e contoulle o sucedido a Eva.
Eva
contoulle que aos bichiños tamén lles gustan as hortalizas, e ao ver eses
tomates tan apetitosos, chamáronlle a atención e foron correndo cara a eles.
-E cal é a
solución?. –preguntou Carmiña.
-Mira. –dixo
Eva. Douche este pesticida que non é para matar os bichos, só é para alonxalos
e así non volverán a aparecer nunca máis pola túa leira.
Carmiña moi
alegre doulle un abrazo á súa amiga e
tamén as gracias, porque estaba moi agradecida.
Foi correndo
á leira e botoullo por toda a terra para que xa non lle comeran nada máis. Xa
estaba farta!, quería comer os seu tomates e as súas patacas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario