APRENDENDO A “SER PERSOAS”
Estes son os talleres de "aprender a
aprender", pero, como ben sabedes, non solo se refiren a "aprender a
aprender a estudar", senón que, tamén pretendemos que sexan uns talleres
para "aprender a aprender a ser persoas".
Aquí todos ensinamos e todos aprendemos de todos. É unha retroalimentación continua. Temos a sorte de
que son uns talleres onde podemos mesturar alumnos de distintas idades, o cal,
é moi enriquecedor para os máis pequenos, aprendendo dos maiores, xa que sempre
teñen un compañeiro algo maior que ven
coma un exemplo a seguir, e do que queren aprender. E para os maiores e igual
de valioso, xa que séntense máis valorados o ser un exemplo para alguén máis
novo o cal poden axudar e instruír.
Imos intentar empezar o curso con gafas novas para vernos mellor
Vamos a ver como nos vemos e como percibimos os demais.
Unhas preguntas que nos imos a empezar a facer
é "Qué é o máis importante na nosa vida?" "Qué me ocupa a maior parte do meu tempo?", "Qué
metas me propoño?"
Un exemplo de centro na nosa vida poden ser ou
son os amigos, o mellor que nos pode
pasar e pertencer a un bo grupo de amigos. O peor e sentir que nos exclúen.
Os amigos son importantes na nosa vida, pero non deben ser o noso centro.
O saír da ESO, uns van a vir con nos, outros
seguen outro camiños. Nestas novas andanzas atoparemos novos amigos. Polo
tanto, debemos facer moitos, pero non ser o centro da nosa vida. Se
establecemos as bases da nosa vida en ser popular e aceptado polos amigos,
os nosos principios e normas irán cambiando, de maneira que sempre sexan aceptados, e, adaptarnos así o entorno.
O mesmo pasa cas parellas, deben ser
importantes para nos, pero non o noso centro, non podemos esquecernos de nós
mesmos.
Centrar a vida no material, roupa, móbil, ter
máis cousas, ir a última en peitados e modelos. Xulgar os compañeiros, e
incluso rexeitalos, por non priorizar ou non ir acorde a última moda, non valorando
a propia identidade dunha persoa. So creando a nosa opinión cara os demais por
como se visten.
Se so pensamos que nos van a xulgar pola nosa aparencia e non por quen somos, un día non poderemos manter esa aparencia e non seremos ninguén.
Se so pensamos que nos van a xulgar pola nosa aparencia e non por quen somos, un día non poderemos manter esa aparencia e non seremos ninguén.
Debemos recordar sempre, todo se pode gañar, ter ou
perder, pero, o que somos como persoas, vai ir sempre con nos.
E agora temos que preguntarnos "En que me vou centrar?", "Cál é o centro da miña vida?". Algo independentemente dos amigos, da parella, do material, etc.
E agora temos que preguntarnos "En que me vou centrar?", "Cál é o centro da miña vida?". Algo independentemente dos amigos, da parella, do material, etc.
Pensamos que o que debe estar son os valores, os principio como persoa.
Estes principios non teñen relixión, son
iguais para ricos e para pobres, non se compran nin se venden. Todos podemos
telos sexa cal sexa a nosa situación e condición.
Cales son eses principios? Son aqueles que
marcan o noso comportamento. Algo que todos temos e tratamos de actuar segundo eles: o amor, a honestidade, a gratitude, a lealdade,
a responsabilidade, etc. Os principios nunca nos fallarán. Imaxinádevos vivindo
exactamente ó contrario deses valores, mentindo, sendo desleal, egoísta, etc.
Non sería posible vivir así, acabaría pasando factura a larga.
Ante calquera problema ou dúbida podemos
preguntarnos "Qué principio debería
aplicar aquí?" Por exemplo, senón confían en ti, aplica o principio da
honestidade, vai axudar moito se fas o que cres que é honesto nese momento.
Un dos primeiros principios que debemos
acuñar, e que é fundamental na nosa vida, é: “trata os demais como che gustaría
que che trataran a ti”.
Si estamos nunha situación difícil pensamos no
principio que debemos aplicar e seguimos adiante sen mirar atrás.
Vamos facer un experimento:
Pensamos nas letras das cancións que máis vos gustan
e mirar si teñen algo que ver cos vosos
principios.
Na vida todos e cada un de nós, si queremos
evolucionar e dar un cambio na nosa vida, temos que facelo dende nos mesmos
dende dentro, e non esperar que o fagan por nos, nin nosos pais, os amigos ou o
profesor. Temos que querer nós. Cambiar, facer as cousas por nos mesmos, e
comprometernos con cumprir.
Algunha vez os amigos ou compañeiros quedaron de chamar e non chamaron, que dixeron de ir contigo e non ir, deixas
de confiar nel. O mesmo pasa con cada un de nos si deixamos de cumprir o que
nos propoñemos, por exemplo, “farei os deberes cando chegue a casa”, o non cumprilo,
así é, como pouco a pouco, imos deixando de confiar en nos mesmos.
Debemos empezar con pequenos compromisos que
podamos cumprir e así ir camiñando hasta aqueles que poden custar máis. Si o
fas vas a sentirte mellor contigo mesmo.
Unha promesa, pode ser, levantarte unha semana
a hora que planificastes, facer a cama,...
Temos que escoitar a nosa linguaxe antes de
empezar.
Son negativ@ ou son positiv@ para min mesm@.
Negativ@ “Eu son así” “Non se me da ben
esa sinatura”, “sácame dos nervios”…
Oféndese facilmente , culpan os demais dos seus problemas, esperan que as
cousas cambien soas.
O que temos que ter claro é que non podemos
controlar todo o que nos pasa . Pero si podemos controlar a reacción do que nos
pasa.
Hai cousas que non podemos controlar a nosa
situación familiar, económica, erros do pasado…O que si podemos controlar é a
nosa actitude sobre o que nos pasa, a nosa reacción e as decisións que tomemos.
O que si deberiamos facer e non gastar as enerxías
en lamentarnos ou preocuparnos por
cousas que non podemos cambiar, e centrarnos en como podemos afrontar esas
cousas. Non é o que nos pasa na vida, é como nós o afrontamos o que nos fai saír
adiante. Hai compañeiros que a vida lle foi ou é dura pero saben como afrontar
iso e están sempre con un sorriso e tirando, e outros, por uns kilos, por non ter
a roupa ou móbil son uns desgraciados.
Podemos pasarnos a vida lamentándonos polo que
non temos ou podemos facer, ou centrarnos naquelo que podemos.
Vamos a centrarnos en dúas frases moi
importantes que debemos ter en conta
unha é a que dixemos o principio “non lle fagas os demais o que non queres que
che fagan a ti", e a outra debe ser
“ non permitirei que …”
Continuaremos.....
Continuaremos.....
2 comentarios:
FANTÁSTICA REFLEXIÓN QUE TODOS TEMOS QUE FACER, OS RAPACES E OS PAIS. HABÍA QUE TER UNHA COPIA PARA VER TODOS OS DÍAS.
Unha gran entrada que nos fai reflexionar a todos. Unha aperta.
Publicar un comentario