A FRAGMENTACIÓN DO IMPERIO ROMANO
A ameaza dos pobos bárbaros
- Bárbaros: Persoas que vivían máis alá do Imperio Romano. Tamén salvaxe, rudo...
- Hunos: Pobo bárbaro que procedía das estepas de Asia, que se adicaban principalmente á gandaría e ó saqueo.
- Xermanos: Pobo bárbaro que residía no norte e no leste de Europa, que se adicaba á agricultura e á gandaría intensiva. Organizábanse en tribos, que estaban dirixidas por unha asamblea de guerreiros que elixía a un xefe.
Estes mantiñan relacións cos romanos, ás veces de forma pacífica (para a compra-venda, etc..), pero outras veces eran enfrontamentos violentos. Por iso, os romanos construíron fortificacións ó longo dos ríos Rin e Danubio.
- A partir do século III, o Imperio Romano sufriu unha profunda crise, o comercio diminuí e a economía estancouse.
A división do Imperio
- No 395, Teodosio dividiu o Imperio en dous: o Imperio Romano de Occidente (capital en Roma) e o Imperio Romano de Oriente (capital en Constantinopla).
- En Oriente, o Imperio durou 1.000 anos máis, co nome de Imperio Bizantino
As invasións xermanas
- No século V, os hunos dirixidos por Atila, atacaron ós pobos xermanos, o que provocou que estes se tivesen que refuxiar no Imperio Romano de Occidente.
- Os hunos avanzaron ata a Galia, coa intención de conquistala, pero foron expulsados na Batalla dos Campos Cataláunicos no ano 451.
- A convivencia xermano-romana volveuse cada vez máis difídil. Por iso, no 476, Odoacro destronou ó último emperador romano de occidente, a Rómulo Augusto, un neno de tan só 10 anos. Desta maneira, púxose fin ó Imperio Romano de Occidente.
OS REINOS XERMANOS
A organización territorial e política
Entre os séculos V e VII, o Imperio Romano de Occidente dividiuse en 4 Reinos Independentes:
- Galia: Francos
- Hispania: Visigodos e Suevos
- Britania: Anglos e Saxóns
- Italia: Ostrogodos e posteriormente os Lombardos
- Cada reino estaba gobernado por un rei, que estaba contaba con un consello que o axudaba nos temas de goberno.
- Nalgúns territorios, o poder militar estaba gobernado polos duques, mentres que nas cidades destacaban os condes e os bispos.
- As leis non estaban escritas, polo que eran de transmisión oral de xeración en xeración
A relación coa poboación romana
- Xurdiron novas linguas: Estas linguas baseáronse no latín. Ex: Galego, catalán..
- Creáronse novas leis para unificar a poboación
- Os xermanos abrazaron o catolicismo: Antes da unión, os xermanos crían no arianismo, que era unha herexía que cría que Cristo non era Deus.
O REINO VISIGODO
A formación e a evolución do reino
- Os visigodos, debido á presión dos hunos, entraron no Imperio Romano de Occidente no século IV.
- No 409, os suevos, alanos e vándalos invadiron a península ibérica.
- No 416, o emperador romano de Occidente, firmou un pacto cos visigodos para que os expulsasen de Hispania. A cambio, recibiron terras en Galia, onde crearon o Reino Visigodo, coa capital en Tolosa.
- No 507, os francos expulsaron ós visigodos da Galia, e estes tiveron que voltar á Península Ibérica, e remover á súa capital a Toledo.
- O reino, alcanzou a súa plenitude entre os séculos VI e VII. Reis máis destacados:
- Leovixildo: Conquistou o reino suevo e gañoulles terreo ós pobos do norte, ós vascóns e ós cántabros.
- Recaredo (fillo de Leovixildo): Impuxo o cristianismo en todo o reinoñ.
- Recesvinto: Unificou todas as leis do reino no Fuero Juzgo.
- No 711, os musulmáns conquistaron o reino visigodo.
A monarquía visigoda
- Tiñan unha monarquía electiva. Frecuentemente, estas disputas finalizaban co asasinato dun rei para poñer outro no seu lugar.
- O rei contaba coa axuda da Aula Rexia, que era un consello que administraba o palacio real, e coa dos duques e condes.
- O concilio era as reunións relioxiosas e políticas nas que estaban presentes o rei, a Aula Rexia e o Clero.
A organización social e económica
- Os nobres e clérigos eran os propietarios de gran parte das terras.
- Os campesiños libres: contaban con pequenas parcelas que explotaba.
- Os escravos traballaban as terras para a igrexa ou para os nobres.
A cultura e a arte
(Estaban ligadas á Igrexa)
- San Leandro: Arcebispo de Sevilla
- San Isidoro: Recolleu todo o saber da época en Etimoloxías.
Arte: Consérvanse poucos resto
- Construíronse igrexas de pedra e con pouca altura, con bóvedas grandes e un arco de ferradura.
- Destacaron na ourivaría: Elaboración de obxectos a partir de pedras preciosas. Ex: Fíbula Visigoda.
A EVOLUCIÓN DO IMPERIO BIZANTINO
A época de Xustiniano
- O Imperio Romano de Occidente sobreviviu 1.000 anos máis co nome de Imperio Bizantino. A súa capital era Constantinopla.
- No 527/565 gobernou Xustiniano e Teodora
- Durante esta etapa houbo unha gran properiedade económica e un gran desenvolvemento cultural.
Unha sólida organización
- O Imperio estaba gobernado polo basileus, que a parte de gobernar nas cuestións administrativas e dirixir o exército, tamén era o xefe relixioso.
- Contaba con:
- Funcionarios: Medio mediante o cal o basileus executaba as ordes
- Diplomáticos: Encargábanse de manter relacións co resto dos territorios
- Exército: Defendía as fronteiras
- As leis estaban recollidas no Código de Xustiniano.
A longa decadencia
(Todos os territorios conquistados por Xustiniano non se conservaron)
- Século VI: Lombardos expulsan ós bizantinos da Península Itálica
- Século VII: Visigodos expulsan ós bizantinos da Península Ibérica
- Século VII e VIII: Musultáns conquistan a costa mediterránea de África, Siria e Palestina
- Ano 1043: Turcos conquistan Constantinopla e o Imperio Bizantino desaparece.
A SOCIEDADE E CULTURA BIZANTINAS
A sociedade bizantina
A importancia das cidades
- As cidades eran as sedes dos bispados, do Goberno e do Exército. Tamén eran o centro das actividades económicas.
Un imperio ortodoxo
- No século VIII, os emperadores prohibiron o culto ás iconas, que eran as imaxes relixiosas
- No 1054, as diferenzas entre a Igrexa católica romana e a Igrexa Bizantina ou ortodoxa levaron a cabo a Cisma de Oriente. Cisma= separación (das dúas igrexas).
A cultura e a arte
- O grego substituíu ó latín
- O Imperio bizantino foi o centro cultural do Mediterráneo
ARTE
- Edificaron igrexas de planta de cruz grega cuberta cunha cúpula.
- O interior estaba edificado con mosaicos e iconas
- Ex: San Vital de Rávena e Santa Sofía de Constantinopla
TEMA 2
A EUROPA FEUDAL
DO REINO DOS FRANCOS Ó IMPERIO CAROLINXIO
- Os reis francos eran débiles, polo que tiveron que exercer o seu posto os mordomos de palacio, que eran altos funcionarios. O máis destacado foi Carlos Martel, posto que derrotou ós musulmáns no 732 na Batalla de Poitiers. No 751, Pipino o Breve destronou ó monarca franco e corouse rei. A este sucedeuno no ano 768 Carlomagno (o seu fillo).
CARLOS MARTEL
-
PIPINO O BREVE
-
CARLOMAGNO
- Carlomagno apoderouse de territorios na península ibérica. No 800, o papa coroouno como emperador de Occidente.
- Estableceu a súa residencia en Aquisgrán, e organizou o Imperio en condados e marcas.
- Condados: Estaban gobernados polos condes. Adoitaban ser cidades
- Marcas: Gobernadas polos marqueses, normalmente eran territorios fronteirizos.
- Missi dominicci: Especie de inspector que vixiaban ós condes, marqueses e bispos máis poderosos.
A partición do Imperio
- A Carlomagno sucedeuno o seu fillo Luís o Piadoso, o cal se quedou con todo o Imperio. Pero cando este morreu, sucedérono os seus tres fillos:
- Carlos o Calvo: Quedouse coa Zona Occidental
- Luís o Xermánico: Quedouse coa Zona Oriental
- Lotario: Título de Emperador e o territorio existente entre ambas zonas.
- No 843, os tres irmáns firmaron o Tratado de Verdún.
- No 870, tras a morte de Lotario, o seu territorio dividiuse entre os outros dous reinos.
- Naceron así o reino de Francio e o Sacro Imperio Romano Xermánico.
UNHA ÉPOCA DE INSEGURIDADE
A segunda vaga de invasións
- Cara ó ano 1.000, Europa estaba dividida en diversos reinos. As guerras entre estes debilitaron ós reis e facilitou a chegada de novos invasores que arrarason con Europa:
- Viquingos/normandos: (Escandinavia) Expedicións de saqueo. Pero co tempo establecéronse nos territorios atacados.
- Maxiares/húngaros: (Estepas de Asia) Mentres que se estableceron en Europa, fundaron o reino de Hungría.
- Sarracenos: Piratas musulmáns do norte de África.
- Estes pobos crearon un clima de inseguridade, e difundiuse a idea de que a fin do mundo chegaría no ano 1.000.
A DEBILIDADE DOS REIS
O reducido poder dos reis
- Durante os séculos IX e X, os reis tiñan escaso poder. Ademais, o exército real era reducido, polo que os reis dependían dun exército privado.
- Os reis case non tiñan poder dabondo para cobrar impostos.
- Do mesmo xeito que fixera Carlomagno, os monarcas estableceron lazos persoais, para asegurar a súa fidelidade.
As tarefas do goberno
- Os reis viaxaban acompañados dun cortexo de: familiares, guerriros e conselleiros, os cales formaban a corte.
- Inicialmente, formaban a Curia ou Consello Real os familiares ou amigos do monarca, pero posteriormente integráronse xuristas, oficiais do palacio real...
APARTADO 2
TEMA 1
MOSAICO DE XUSTINIANO
- Aspectos:
- · Os personaxes que aparecen
- · A disposición dos personaxes
- · Os vestivos e que obxectos portan
- · Os símbolo
- Xustiniano: leva unha ocora e auréola de santidade. Porta ofrenda de ouro
- Belisario: xenerais máis importantes de Xustiniano. Viste toga
- Xuliano: banqueiro que financiou a construcción de San Vital. Viste toga
- Maximiano: arcebispo de Rávena. Ataviado cunha casula, leva na man dereita unha cruz
- Dignitarios eclesiásticos: portan incensario e misal
- Garda persoal do emperador: escudo decorado co crismón e lanza
- Funcionario: leva toga
MOSAICO DE TEODORA
- Personaxes:
- Teodora: A emperatriz. Ocupa o centro, situada baixo un arco con fornela. Leva un rico manto, unha coroa de perlas e unha auréola de santidade. Porta un cáliz.
- Dignitarios do goberno: Ataviados con togas suxeitas ó ombro, preceden a emperatriz.
- Antonia: Muller do xeneral Belisario. Viste luxosos vestidos.
- Xoana: Filla de Belisario e Antonia. Leva exquisitas vestimentas e ricas xoias.
- Doncelas da emperatriz: Cerran o cortexo
MÓNICA CAAMAÑO
4 comentarios:
Está moi ben este resumo, moi ben explicado e ben ordeado. Sen duda, un moi bo traballo. Felicidades.
Moitas grazas, Pablo. A verdade e que me levou o seu tempiño pero mereceu a pena. Grazas.
Moi bo traballo. Gran resumo. Un saúdo.
Moitas grazas Ana. Un saúdo
Publicar un comentario