Boas tardes a todas a persoas que algunha vez formastes parte desta familia dos TALLERES DE APRENDER A APRENDER.
Este blog púxose en marcha no ano 2011 e fostes moitas as persoas que achesgastes os vosos traballos para compartir cos compañeiros e compañeiras; pero chegamos moito máis lonxe, polo camiño fixemonos amizades, relacionámonos con outros blogs e compartirmos e aprendemos unha morea de recursos educativos...
Vivimos nunha época na que as redes sociais e internet están diariamente presentes nas vosas vidas, e estes días de confinamento forzoso, máis que nunca estamos unid@s dixitalmente. Por iso queremos retomar este blog e compartir con vós recursos non só educativos, senón de entretemento para facervos máis amena esta estancia na casa. Espero que á volta deste confinamento volvades ós talleres con ganas de achegar o voso gran de area a este blog, como fixeron tantas outras compañeiras e compañeiros anos atrás.
Despois dun largo parón de publicacións, non por falta de ganas, senón por falta de tempo, aquí estamos Carmela e eu dándolle voltas a cabeciña (ela a mandar e eu a facer), porque a ideas non hay quen lle gane, pero como a informática non é o seu a min tócame a parte dixital.
Esperemos que vos guste esta nova etapa do Blog.
Oxalá nos vexamos pronto. Un saúdo.
(Marisol Lago)
No hay comentarios:
Publicar un comentario