jueves, 14 de junio de 2012

Opinión sobre o programa Prezi de Yeray 1º da ESO

O Prezi é un programa moi doado de usar posto que tes un espazo moi grande e nunca vas ter problemas de distribución nin de espazo. Nel podes introducir vídeos, imaxes, esquemas, resumos...

Ademais ten todo moi ben indicado é resulta moito máis fácil e divertido traballar con el.

Estudar por el é fácil xa que resulta máis vistoso e sempre o recordas, o feito de que che vaian aparecendo as definicións, imaxes etc. Déixache todo moito máis claro e nunca te lías posto que segue un orde.

Con tan só facelo xa te sabes case todo o tema.

Aínda que feito parece moi difícil, é moito máis difícil estudar polo libro un tema xa que non tes vídeos etc.

De todos os programas cos que traballamos, este é polo que resulta máis doado estudar.

Animo a que os que traballades tamén no Prezi, a que opinedes nos comentarios se compartides a miña opinión.

martes, 12 de junio de 2012

Triángulos e Paralelogramos

Aqui vos deixo un libro de cuadernia que lle fixen con Mónica para estudiar o tema dos triangulos e paralelogramos. Esperamos que a alguén máis lle sexa de axuda.

Mapa Mental Hispania Romana




Antia Villar e Yeray 1º ESO
RESUMO
HISPANIA ROMANA
INVASIÓNS E COLONIZACIÓNS
Entre os séculos XI e VI a.C., pobos indoeuropeos penetraron na Península polos Perineos.
Varios pobos mediterráneos viñeron interesados pola riqueza mineira da Península:
FENICIOS: Provenientes do actual Líbano. Activos comerciantes e navegantes. Estableceron numerosas colonias no sur.
GREGOS: Entre os séculos VIII e VII a.C., fundaron diversas colonias na costa mediterránea.
CARTAXINESES: A partir do século VI a.C. Rivalizaron cos gregos polo control da costa peninsular. No século III a.C. tiveron as Guerras Púnicas.
OS POBOS PRERROMANOS
IBEROS: Os iberos eran os pobos que ocupaban o Leste e máis o Sur peninsular. Eran agricultores e gandeiros. Coñecían a metalurxia, elaboraban tecidos, acuñaban moeda e tiñan escrita propia. Estaban gobernados por unha especie de reis.
A xuntanza de celtas e iberos recibe o nome de celtiberos.

lunes, 11 de junio de 2012

Mesturas e substancias puras.

viernes, 8 de junio de 2012

Cuadernia

Imos comezar a traballar cun novo programa: Cuadernia. Aquí vos deixo unha pequena mostra do que podemos chegar a facer, espero que vos guste e vos animedes a traballar con él.


Si queres traballar con esta actividade a pantaia compleca clica aquí

domingo, 3 de junio de 2012

Actividades de verán

NOME:
APELIDOS:
CURSO:
ENDEREZO:

TELÉFONO DE CONTACTO:


QUERO PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE VERÁN

1. ESCOLA DE VERÁN. Reforzo escolar para alumnos de PCPI, ESO
2. AULA DE ADULTOS. Alumnos de EPA con ámbitos pendentes ou maiores de 18 anos que vaian inscribirse na EPA en setembro
3. OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS RECREATIVAS. Aprendizaxe de conceptos matemáticos básicos a través de actividades lúdicas, xogos e novas tecnoloxías.
Para alumnos de 1º,2º, 3º e 4º da ESO
4 OBRADOIRO DE LECTURA. Con actividades lúdicas xogos e novas tecnoloxías traballaranse a expresión e comprensión oral e escrita.
Para alumnos de 1º,2º, 3º e 4º da ESO
Eu
pai/nai de
autorizo a súa inscrición nas actividades antes sinaladas
Outes, ____ de xuño de 2012

Para cosultar horarios ou calquera outra información pode facelo no tfno 981.850 .003 (Juana)
Pode enviar a inscrición os enderezos electrónicos
tallerescarmela@gmail.com
juana.pedrosa@outes.dicoruna.es

viernes, 1 de junio de 2012

Hispania Romana




Yeray 1º ESO

Binta y la gran idea

domingo, 27 de mayo de 2012

Tema 13. A convivencia 3º Primaria co Prezi


Ola, son Mónica, miña nai estame ensinando a traballar co programa prezi e quérovos ensinar o traballo que fixen para estudar o tema 13 de coñecemento de 3º de primaria.

sábado, 26 de mayo de 2012

Resumo Roma (Antia Villar 1º ESO)

O IMPERIO ROMANO
As orixes de Roma
-A orixe histórica
A Península Itálica estaba ocupada por distintos pobos:
No centro, os latinos.
No Norte, os etruscos.
No Sur, os gregos.
Os latinos agrupáronse ás beiras do río Tíber. Máis tarde asentáronse en sete outeiros próximos entre si. Alí construíronse os primeiros poboados que deron lugar a cidade de Roma.
-A época da Monarquía
O rei tiña os máximos poderes. Roma tivo sete reis: os catro primeiros de orixe latina e os tres seguintes etruscos. Baixo a influencia etrusca construíronse ponte, acuedutos, templos, o primeiro sistema de rede de sumidoiros, a Cloaca Máxima e amurallaron a cidade.
-A antiga relixión dos romanos
Divinizaron os fenómenos e as forzas da natureza. Os lugares de culto máis antigos eran os bosques sagrados. Realizaban un culto privado en pequenos altares dentro das casas.
A Roma republicana
-Patricios e plebeos
Roma dividíase en 2 grupos sociais:
Patricios: considerábanse descendentes dos fundadores de Roma. Eran propietarios de terras e de gando e gobernaban a cidade.
Plebeos: constituíano todos os que chegaran a cidade despois da súa fundación. Non eran propietarios de terras nin tiñan dereitos políticos.
-A loita pola igualdade
Os patricios formaron un goberno aristocrático. Os plebeos loitaron por ter os mesmos dereitos políticos que os patricios. Despois conseguiron elixir un representante, o Tribuno da Plebe que defendía os seus intereses. Máis adiante recopilaron as leis de Roma na Lei das Doce Táboas.
-Asembleas e maxistrados
O goberno tiña 3 institucións:
Os comicios: xuntanza en asemblea dos cidadáns para votar as leis e elixir os maxistrados.
Os maxistrados: elixíanse anualmente e gobernaban a cidade. Podían ser superiores e inferiores.
O Senado: formado por 300 antigos maxistrados. Dirixen a política estranxeira e aconsellan aos maxistrados.