lunes, 5 de septiembre de 2016

O Noso Cerebro

O proxecto finalizou, e con el, as entradas do Proxecto: "O Noso Cerebro"



Esperemos que vos guste,
Mónica Caamaño

Curiosidades do Cerebro


Rematamos o proxecto! Xa era hora de subilo  e aquí vos deixamos uns tips e pequenos resumes sobre o cerebro.




Pablo Nieto

miércoles, 31 de agosto de 2016

CARGA AS PILAS!

INTRODUCIÓN


Sabemos que algúns dos alumnos dos Talleres, teñen que ir ás recuperacions de Setembro. E por iso, aquí temos algunhas ideas causantes do problema:

  • Non programan un horario de estudo
  • A frecuencia da desorde no sitio de estudo cada vez increméntase máis (20% ó 54%)
  • Non elaboran métodos aos sistemas de estudo, o que lles dificulta a aprendizaxe
  • Non saben distinguir as ideas principais das secundarias en calquera tipo de texto (elaborado/non elaborado)
  • Atopan dificultades de concentración, tanto na aula, como nos talleres ou na casa.
  • Carecen dun bo nivel lector rápido e non comprenden o que están a ler.
  • Non coñecen técnicas que os axuden a memorizar
  • Non teñen práctica á hora de tomar apuntes
  • Carecen da boa elaboración dun bo resume, esquema, etc...
  • Non saben estudar para os exames: pensan que estudar é pegarse un atracón o día anterior
  • Non descansan o necesario nin se alimentan correctamente.

PAUTAS


 Elixe, sempre que poidas, un lugar fixo para estudar tranquilo/a e afastado de distraccións. Se é necesario, fala coa túa familia para crear un clima adecuado.

 Prepara as cousas que vaias necesitar antes de sentarte.


 Coida o ambiente para que esteas cómodo durante o tempo de estudo: ventilación, boa iluminación, cadeira e mesa confortable, etc.

 Organízate ben. Converte o estudo diario nun hábito. Custarache menos.

 Confecciona o teu horario de estudo persoal. Ten en conta cando estás máis despexado.

 Non fagas burradas co teu estudo. Tómate un descanso duns dez minutos tras cada hora de estudo para despexar a mente. Non é ao revés! Estudar dez minutos e descansar unha hora.

 Fixate obxectivos para períodos curtos e céntrate neles para cumprilos.

 Concéntrate moito e logo divírtete cos teus amigos.

 Ollo co móbil!. Desconéctao mentres estudas. Evita as mensaxes, os toques e as chamadas, que acaban desconcentrándote.

10ª Desconecta tamén o facebook, tuenti...etc. Dedica un tempo fixo a conectarte cos teus amigos, para que non che rouben o teu tempo de estudo.





PIRÁMIDE DO ESTUDO




MÓNICA CAAMAÑO

Conto Prehistoria

Xa se van rematando os traballos, pero iso non significa que paremos o Proxecto!!



 UN SOÑO SEN IGUAL!



Nos talleres pedíronme  mirar un vídeo sobre a Prehistoria.
Pero de día non tiven tempo, porque fun á praia.Mirei o vídeo antes de deitarme pero esquecín  apagar o ordenador e quedei durmida.

Tiven un soño rarísimo. Estaba no Paleolítico! Unha familia acolleume como se fose da súa familia. Coñecín a unha nena que se chamaba Sol. Eran moi amables comigo. Mentres que os maiores ían cazar , pescar e recoller froitos, nós quedabamos xogando. Despois duns días nese lugar tivemos que desprazarnos e camiñamos ata que encontramos o sitio perfecto con comida e auga.

Alí, na mesma cova que nós, había outra familia que ía moito máis avanzada.  Ensináronos a falar, a bailar e o máis importante, a pintar nas covas.

Eu e máis a miña amiga Sol estivemos coa nosa nova amiga Luni. Era moi simpática, lista e sobre todo xogadora.
Cando pensaba que ía  quedarme alí para sempre,  a miña nai   espertoume. Conteille o que me pasara e díxome que só era un soño.

Boh! Nunca se sabe!

A que non adiviñades para que me espertou? Pois para ir aos talleres.




Escritora : Paula Caamaño Lago

FIN





lunes, 29 de agosto de 2016

Adeus Vacacións!

Xa rematamos os Talleres! Pero iso non significa que apartemos o Blogue. Deixámosvos aquí unhas imaxes elaboradas polos alumnos de Infantil que nos lembran estas vacacións.

Castelos de Area



Ir á Praia





Tomar Xeados



Bañarnos na Auga



Diversión cos Amigos



Relaxación do Verán



Ver a Televisión ate ben Tarde



Durmir ata ó Xantar



Deliciosa Comida




Festas e máis Festas



Vacacións en Familia!


Alumnos dos Talleres
E. Infantil

Frase da Semana

Hoxe, 29 de Agosto,  Día Internacional Contra os Ensaios Nucleares, decidimos adicarlle esta frase da semana, posto que eses ensaios son gran perigo para o noso Planeta.

« Neste Día Internacional contra os Ensaios Nucleares, fago un chamamento ao mundo co obxecto de xerar un sentimento de solidariedade en consonancia coa necesidade urxente de poñer fin ao perigoso punto morto sobre esta cuestión.» 


Secretario Xeral da ONU, Ban Kimoon.



Proba de Lincorne, 1971, Polinesia Francesa. 
  • Foto: Colección de Fotografías do TPCEN


Desde que en 1945 se levou a cabo o primeiro ensaio nuclear, realizáronse case 2.000 probas deste tipo, sen prestar moita atención aos seus efectos devastadores sobre a vida humana. Tampouco se estudou a precipitación radioactiva derivada dos ensaios atmosféricos.



Tanto a reflexión retrospectiva como a historia amosáronnos os efectos tráxicos e aterradores dos ensaios nucleares, especialmente cando se producen fallos nas condicións controladas e, máis aínda, tendo en conta que as armas atómicas contemporáneas son cada vez máis poderosas e destrutivas.

Co obxectivo de captar a atención do mundo sobre a gravidade deste asunto e poñer de relevo a necesidade dunha acción unificada, o 2 de decembro de 2009, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 29 de agosto Día Internacional contra os Ensaios Nucleares, mediante a aprobación por unanimidade da resolución 64/35 Documento PDF.

Con todo, o instrumento internacional para lograr esta necesidade, o Tratado de prohibición completa dos ensaios nucleares Dispoñible en inglés (de 1996), aínda non entrou en vigor.

A resolución da Asemblea Xeral foi proposta pola República de Kazajstán co fin de  clausurar o polígono de ensaios nucleares de Semipalatinsk o 29 de agosto de 1991.

O Día ten por obxecto alentar as Nacións Unidas, os Estados Membros, as organizacións intergobernamentais e non gobernamentais, as institucións académicas, as redes de mocidade e os medios de difusión social a que informen da necesidade de prohibir os ensaios de armas nucleares, como un paso importante cara ao logro dun mundo máis seguro, e a que eduquen e sensibilicen ao público respecto diso.

O ano 2010 foi a primeira conmemoración do Día Internacional contra os Ensaios Nucleares. Cada ano, desde entón, o Día observouse mediante a coordinación de diversas actividades en todo o mundo, tales como simposios, conferencias, exposicións, concursos, publicacións, ensino en institucións académicas, programas de televisión e radiodifusión e outros medios. Tamén se celebraron diversos eventos na Sede das Nacións Unidas. Para a observación do Día en 2013 proxéctanse actividades similares.

O Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, expresouno con gran claridade: «Un mundo libre de armas nucleares sería un ben público global de maior prioridade.» Ao dicir, en maio de 2010, que a prohibición dos ensaios nucleares desempeñaba un «papel esencial», todos os Estados Partes no Tratado sobre a non proliferación das armas nucleares Dispoñible en inglés comprometéronse a traballar para "lograr a paz e a seguridade nun mundo sen armas nucleares".

jueves, 25 de agosto de 2016

Prezi Os Castros

Xa vamos rematando o proxecto, e por iso, imos cada vez publicando máis entradas. Nesta ocasión, Sarai Rey e Paula Caamaño, encargadas do grupo de 6º de Primaria, curso que realizarán este ano, déixannos aquí un Prezi sobre uns restos arqueolóxicos moi famosos históricamente en Galicia: Os Castros.




Esperemos que vos guste,
Mónica Caamaño

martes, 23 de agosto de 2016

Coida o teu cerebro!

Dende o grupo de Proxecto do Cerebro, de 2º de ESO, posto que o noso traballo aínda lle queda un pouquichiño, imos a deixarvos uns 10 consellos sobre como coidar o teu cerebro:

  1. Inxire alimentos nutritivos
Os alimentos que se recomendan para a boa saúde do cerebro son moi variados. Non poden fallar as froitas, as verduras, os ovos, as carnes magras e os ácidos grasos Omega-3 (atópanse en gran cantidade no pescado azul e noces, principalmente).

     2.  Intenta aprender cousas novas cada día


     3.  Durme ben


É moi importante para a saúde mental ter unha rutina para as horas de descanso, as cales como mínimo deben de ser sete horas diarias, xa que se esta rutina se rompe, pódense presentar moitas alteracións nas funcións do cerebro.

    4.  Aprende técnicas de relaxación


Servirache para poder alexarte dos innumerábels problemas cotidiáns. Un bo exercicio pode ser a meditación: isto pode axudarte a calmar e reducir os niveis de estrés en toda clase de persoas.

    

     5.  Evita o alcol e a cafeína


Todos os excesos son malos, unha taza de café e unha copa de viño ó día non poden causar ningún dano á saúde física ou mental, pero en cambio, si se sobre pasa o consumo de ditas bebidas, pode causar depresión e pérdida da memoria.

    6.  Le moito


Ademáis de facerte máis sabio/a, estarás exercitando o cerebro.

    7.  Desafía o teu intelecto


Fala coas persoas que te arodean sobre asuntos variados. Expón as túas ideas, pregunta, cuestiona, examina, aprende...

    9.  Xoga, ti mesmo ou con outros


Elixe, por exemplo, o trivial ou o xadrez, entre outros moitos.

     8.  Reláxate


Un exceso de hormonas do estrés (como o cortisol), pode resultar dañino para o teu cerebro. Programa os teus ratiños de descanso e esparcemento para a semana.

     9.  Practica un hobby


É estimulante, posto que aprendes; é relaxante, porque grazas a él descansas de actividades e pensamentos estresantes.


    10.  Exercita a túa motricidade fina


Non olvides actividades nas que realices movementos pequenos, precisos e cordinados (ex: tocar un instrumento musical ou escribir con todos os dedos no teclado.)


Pablo Nieto e Mónica Caamaño

Cmap Prehistoria


viernes, 19 de agosto de 2016

Castros na Comarca de Noia


COMARCA DE NOIA


LOUSAME

  • Castro de Comparada: Presenta unha croa circular arrodeado por unha muralla.
  • Coto do Castro: Dise que foi construído polos mouros.
  • Castro de San Mamede: Neste castro atopouse un cuncheiro. Segundo a lenda hai un túnel cheo de tesouros custodiado polos mouros. Tamén se di que hai unha pedra que ao golpeala escóitanse unhas campás.
  • Castro de Servia: Levántase sobre un cantil nun meandro do río Vilacova que actúa como defensa natural. Pola parte menos defendible conserva restos dunha muralla.
  • Ara de Lesende: No ano 2006, Iago Ugorri Serantes descubriu unha ara reaproveitada nunha parede na casa reitoral de Lesende que pertencería a un habitante indíxena romanizado. A inscrición di: "Marco Valerio ofrece este voto a Navia polos seus méritos". Datada entre finais do século II ou principio do III despois de Cristo.

NOIA

  • Castro de Punta Barquiña: Na zona da Barquiña hai un illote coñecido como As Pedras de San Bartolomeu, onde se di que estaba a capela perdida do santo. Conta a lenda que os veciños podían ver as súas campás cando baixaba a marea. Tamén se di que no fondo do mar atopáronse basas, columnas e restos dun templo de época romana. Sobre isto non se coñecen restos pero si sobre o asentamento castrexo onde apareceron varios útiles coma un muíño de man que garda un veciño do lugar. Tamén saíron á luz restos cerámicos. Consérvanse restos dunha muralla, interrompida por unha estrada e que logo continúa cara o mar. Deste castro xa fala Murguía no século XIX. 
  • Castro de San Lois: Situado a 360 metros sobre o nivel do mal. En mal estado de conservación, pódense ver restos das murallas defensivas. A instalación dunha antena de televisión no ano 1982 continúa a ser motivo de conflito entre a Xunta e o Concello que solicitou o traslado da antena para poñer en valor o xacemento.
  • Castro de Sobreviñas: Na Punta da Barquiña. Conserva restos dos muros.
  • Castro de Taramancos: No mes de setembro de 2011, o Concello de Noia denunciou a destrución polas máquinas que están a traballar no viaduto sobre a ría de vivendas de época castrexa e dun muro romano. 
  • Poboado de Espiñeira (Taramancos-Boa): Trátase dun asentamento cunha cronoloxía que vai dende a Idade do Bronce ata época tardorromana. Foi escavado de urxencia pola construción da estrada de Noia a Portosín, aparecendo dúas vivendas da Idade do Ferro, varios cuncheiros, foxas e un muro. Chama a atención a súa falta de elementos defensivos, feito que se considera moi atípico na zona. Grave risco de desaparición.

OUTES

  • Castro de Brión: Mal estado de conservación. As pedras das murallas f0ron reaproveitadas para construír as casas do lugar.
  • O Castelo: Sobre un outeiro pedregoso. Non se aprecian defensas artificiais. Ao parecer tivo unha muralla que arrodeaba o recinto.
  • Castro Coiradas: Castro costeiro. De pequenas dimensións, presenta forma ovoidal. As súas pedras foron utilizadas para construír o porto do Conchido. Agrafoxo atopou no seu interior un cuncheiro, con restos de bivalvos, peixes e outros mariscos. O estado de conservación é malo debido aos labores agrícolas, ademais da extracción de pedra; no ano 1995 abriuse unha pista que o atravesou, arrasando as murallas exteriores e interiores. Cando o propietario vendeu os terreos, puxo unha condición: que se aparecía a galiña de ouro da lenda, a pita pasaría a ser da súa propiedade. 
  • Castro do Freixo: Presenta un recinto ovalado arrodeado por un terraplén e vestixios dun parapeito que envolvía a croa. 
  • Castro de Valadares: Emprazado nunha pequena elevación dun terreo chan, as condicións naturais de defensa son escasas. Consta de dous recintos ovais unidos entre si, un deles actúa como antecastro que defende o poboado pola parte máis vulnerable. O recinto principal está protexido por un parapeito. 
  • Castro de San Ourente: Presenta un só recinto de forma circular, defendido por un parapeito.

PORTO DO SON  

  • Castro de Baroña: Descuberto no ano 1933. Trátase dun castro costeiro situado nunha pequena península rochosa que foi ocupado durante un curto espazo de tempo (entre os séculos I a.C. e I d.C.). Ten unha muralla protexida por un foxo que arrodea o itsmo a xeito de antecastro. No interior pódense ver construcións circulares e ovais, e tamén algunha rectangular, destinadas a vivendas, almacéns, obradoiros, etc. Dende aquí parte unha escaleira que permite acceder a unha segunda plataforma de onde parte un carreiro que bordea un cantil duns 25 metros de altura que leva ata unha terceira plataforma con restos de muralla. Atopáronse cuncheiros, crisois, escouras de fundición, anacos de ánforas, fíbulas, muíños de man e cerámica. Salienta o achado dunha arracada de ouro. Diante do grave deterioro que está a padecer o castro, o alcalde de Porto do Son declarou (20-02-2011) que ía estudar as vías xurídicas para prohibir o acceso ao xacemento se o departamento da Xunta de Galicia non se fai cargo da súa rehabilitación. Segundo un estudo realizado pola Xunta, son os turistas, que sen ningún tipo de control visitan cada verán o castro, os causantes do seu estado actual. No mes de maio de 2014 os arqueólogos encargados da consolidación e rehabilitación do castro atopáronse con novos derrubes causados, posiblemente, polos temporais do inverno pasado. Declarado BIC.
  • Arracada de Baroña: Datada no cambio de era, foi a primeira en atoparse nun proceso de escavación da Cultura Castrexa.
  • Castro de Burleu: a súa situación estratéxica facíanno practicamente inexpugnable. Consérvase restos dun pequeno muro.
  • Castro de Enxa: Forma ovalada con dúas liñas defensivas con grandes pendentes. O recinto máis elevado estaba arrodeado por unha muralla que na actualidade fica practicamente desfeita.


  • Castro de Porto Nadelas: Costeiro, situado nun promontorio rochoso que se adentra no mar.


Como este proxecto realizábase un día a semana durante o mes de agosto, só nós centramos nun tema: os castros e a prehistoria. Para o novo curso, seguiremos neste traballo, atopando e estudando información sobre restos da prehistoria nas dúas comarcas: restos, petroglifos, mámoas, dólmens, etc...



  • Carlos Calo
  • Eloy Nieto
  • Paula Tomé
  • Brais
  • Sarai 
  • Paula Caamaño

Ó rematar agosto, subiremos o resto dos traballos realizados polos alumnos.


Mónica