Xa se van rematando os traballos, pero iso non significa que paremos o Proxecto!!
UN SOÑO SEN IGUAL!
Nos talleres pedíronme mirar un
vídeo sobre a Prehistoria.
Pero de día non tiven tempo, porque fun á praia.Mirei o vídeo antes de
deitarme pero esquecín apagar o
ordenador e quedei durmida.
Tiven un soño rarísimo. Estaba no Paleolítico! Unha familia acolleume como
se fose da súa familia. Coñecín a unha nena que se chamaba Sol. Eran moi
amables comigo. Mentres que os maiores ían cazar , pescar e recoller froitos,
nós quedabamos xogando. Despois duns días nese lugar tivemos que desprazarnos e
camiñamos ata que encontramos o sitio perfecto con comida e auga.
Alí, na mesma cova que nós, había outra familia que ía moito máis
avanzada. Ensináronos a falar, a bailar
e o máis importante, a pintar nas covas.
Eu e máis a miña amiga Sol estivemos coa nosa nova amiga Luni. Era moi
simpática, lista e sobre todo xogadora.
Cando pensaba que ía quedarme alí
para sempre, a miña nai espertoume. Conteille o que me pasara e
díxome que só era un soño.
Boh! Nunca se sabe!
A que non adiviñades para que me espertou? Pois para ir aos talleres.
Escritora : Paula Caamaño Lago
No hay comentarios:
Publicar un comentario