domingo, 5 de abril de 2020

#OUTESQuedaNaCASA

Se queredes enviar unha mensaxe ós vosos familiares ou amigos, facédenos chegar o vídeo por Whatsapp (657 63 37 03 / 669 40 99 29) e colgarémolo no blog.














 





























 

















  

























Para viaxar lonxe, non hay mellor transporte que un libro

Tal e como está hoxe o día con choiva e vento, o que máis me apetece é deitarme no sofá, taparme cunha mantiña e deixarme levar por calquera tipo de historia.

Aquí tes diferentes ligazóns, cada unha levarache a unha viaxe diferente.
(Algúnhas podes lelas ou escoitalas).

Esperemos que nos deixedes un comentario co libro que máis vos gustou.








sábado, 4 de abril de 2020

Tempo de Descanso

Como xa estamos na fin de semana estas ligazóns son para que vos divirtades sen deixar de aprender.

Esperamos que vos gusten, e se coñecedes algunha páxina que vos guste facédenolo saber para poñela no blog e compartila con tod@s.


A que queres xogar? Un dos mellores xogos.... ¿Atréveste?
 A quen vas retar en este xogo?



Estudias ou Xogas?  Porqué non facer as dúas cousas?A onde che gustaría viaxar?

viernes, 3 de abril de 2020

Servizo de impresión


Aprender idiomas

Para cando poidamos saír ao mundo e viaxar, podedes aproveitar este tempo para aprender ou practicar algo de idiomas.

Aquí vos deixamos algunhas ligazóns para acceder a diferentes páxinas web ou aplicacións.

GO ON!!!








Que pintas??

Reláxate pintando o debuxo que máis che guste.
Se queres compartir o ben que che quedou podes envialo ó enderezo electrónico tallerescarmela@gmail.com ou o grupo de Whatsapp, e nós subirémolo ao blog.






Cuestión de vista

Aquí vos deixamos uns "exercicios matemáticos", non vos deixedes enganar, son máis difíciles do que parece (fixádevos ben nas imaxes antes resolver).

Podedes compartir os vosos resultados como nun comentario e ver quen é o que acerta.

ÁNIMO!!!!!







jueves, 2 de abril de 2020

Reencontros no Blog

Boas tardes a todas a persoas que algunha vez formastes parte desta familia dos TALLERES DE APRENDER A APRENDER.

Este blog púxose en marcha no ano 2011 e fostes moitas as persoas que achesgastes os vosos traballos para compartir cos compañeiros e compañeiras; pero chegamos moito máis lonxe, polo camiño fixemonos amizades, relacionámonos con outros blogs e compartirmos e aprendemos unha morea de recursos educativos...

Vivimos nunha época na que as redes sociais e internet están diariamente presentes nas vosas vidas, e estes días de confinamento forzoso, máis que nunca estamos unid@s dixitalmente. Por iso queremos retomar este blog e compartir con vós recursos non só educativos, senón de entretemento para facervos máis amena esta estancia na casa. Espero que á volta deste confinamento volvades ós talleres con ganas de achegar o voso gran de area a este blog, como fixeron tantas outras  compañeiras e compañeiros anos atrás.

 Despois dun largo parón de publicacións, non por falta de ganas, senón por falta de tempo, aquí estamos Carmela e eu dándolle voltas a cabeciña (ela a mandar e eu a facer), porque a ideas non hay quen lle gane, pero como a informática non é o seu a min tócame a parte dixital. Esperemos que vos guste esta nova etapa do Blog.

 Oxalá nos vexamos pronto. Un saúdo.
(Marisol Lago)

miércoles, 11 de diciembre de 2019

Un ano menos....Outro ano máis

Ainda que esta entrada xa foi publicada o 22 de decembro de 2016; como estamos a revivir o blog queremos Felicitarvos estas datas con esta bonita presentación de dous alumnos que estaban en primaria e a día hoxe están a un curso de rematar a ESO....

Carlos Calo creou esta presentación a que Paula Caamaño lle puxo música para felicitarvos o remate do 2016 e inicio do 2017

Música: O Son do Ar - Luar na Lubre

lunes, 2 de diciembre de 2019

Nicolasa

Este traballo hai anos que o fixeron os nenos e nenas dos talleres de "Aprender a aprender" do Concello de Outes. Marisol que nos axudou a facer este blog, volve agora recuperar os traballos que se perden polo paso do tempo. A nena que recita unha das últimas poesías estaba aprendendo a ler e hoxe está rematando a ESO, menuda ilusión lle fixo escoitarse!! :) Imos seguir recuperando traballos como este e subir novos proxectos.

.

Neste mundo virtual que tan rápido se moven as noticias, fotos, videos, facebook, instagram, twitter, etc, etc, etc.... Debería moverse algo máis de cultura e menos información personal. Con este motivo se creou este blog, para dar a coñecer os traballos, resumes, presentacións, esquemas e centos de formas máis de aprender, para mostrar ó resto do mundo cómo os nenos e nenas de Outes aprenden e enseñan.

Porque alguén me dixo a min unha vez: "SI QUERES APRENDER, ENSEÑA". Unha gran verdade, nestes anos que lle axudei os rapaces e rapazas que asistían os talleres a publicar os seus traballos, cada vez era un reto, porque uns facían presentacións en powerpoint, outro un cmap, a algún ocorriaselle facer un video. Cada publicación ten unha forma diferente de facerse no blog, ese era o meu traballo, simplemente facer visibles os traballos que antes confeccionaron os nenos e nenas dos talleres.

Anos atrás, isto era un reto case cada semana, sempre había traballos para publicar, pero pouco a pouco foi decaendo. É unha pena que tantos traballos queden "no olvido", porque algúns enlaces xa non funcionan....

Vamos tendar darlle outro empuxon e que este blog, que chegou a ser finalista nun concurso a nivel estatal, volva a ter vida, empezando por recuperar vellos traballos.