POR QUE ME
FUNCIONAN OS PREZIS E AS NOVAS MANEIRAS DE ESTUDAR?
Ben, hoxe
vouvos contar unhas pequeniñas cousas, eu son un rapaz que cando se pon a
estudar aos cinco minutos estou noutro
mundo, e cando me dou de conta xa pasaron 2 horas perdendo o tempo.
Ata aí ben. Pero
hai algo no que nunca me desconcentro que é na informática, son todo un friki,
estudoso, (pero non das sinaturas) senón da informática e todos os adxectivos
que me sirvan para expresar o devezo que sinto pola informática, pero non polo
tuenti, facebook, nin esas chorradas, que tamén me gustan pero eu uso o
ordenador para codificación, aprender, etc...
Eu vou os Talleres de Aprender a Aprender dende fai dous aniños, e dende que empecei a profe fixouse nas
miñas dotes informáticas e que era a única maneira de que estudara sen
protestar ou cansarme. Eu empecei a facer resumos, mapas conceptuais, prezis,
etc... E todo iso axudoume a aprender dunha maneira máis rápida, mellor e
entretida. E eu creo que non só o creo eu, eu creo que ata a persoa que xamais
tocou un ordenador, ese tipos de cousas lles axudaría a mellorar nos seus
estudos.
Grazas por ler
este pequeno texto.
Anxo 2º ESO
2 comentarios:
Anxo, fantástica reflexión. Eu tamén estou dacordo contigo. Un saúdo.
Si señor, as cousas claras, con esas ideas seguro que conseguiras todo o que te propoñas. Un saúdo
Publicar un comentario