Relato para o concuro "Ciencia que conta" de Yeray Lorenzo García, de 2º de E.S.O
Título: A maxia dos Lacasitos
Pseudónimo:Yakao
Había una vez (non fai tanto), un matrimonio de anciáns. Os dous eran como o día e a noite. O home era vago e mimoso e queixábase a mínima dor. Mentres que a muller era traballadora e non lle gustaba nada que se lle dese importancia ás súas feridas, ematómas, etc. Aínda que o tivesen.
Chegado certo día, pola mañá cedo, o fillo maior que vivía con eles, dixo “baixade que xa está o almorzo”. A muller, que por certo se chamaba Ramona, baixou, pero o home, chamado Manel, non. De alí a un anaco o fillo maior (Andrés) subiu a mirar que lle pasaba. Manel díxolle:
-Hoxe non baixo,dóeme moito a cabeza.
-De acordo, queres que che suba algo? Preguntou Manel.
-Si, por favor, tráeme o almorzo.
-Agora mesmo papá.- Sentenciou Andrés.
Andrés pasou ese día ese día mais os seguintes a disposición de seu pai que, segundo eles, tiña gripe. Tamén se automedicaba, tomaba tres veces ao día un “Espedifen”.
Pero segundo ían pasando os día e vían que Manel non se recuperaba, na casa comezaron a preocuperarse. Andrés insistía en levalo ao médico, pero él non quería. Ata que un día Andrés se fartou e o levou pola forza. Ao chegar ao centro médico, atendeunos o médico de cabeceira. O médico dixo que Manel non tiña nada máis que uns simples mimos. Polo que o feito de que “á vellez niñez” dábase por comprobado. Pero volvamos ao que nos importa. O medico de cabeceira tamén lle berrou por automedicarse, e díxolle que deixara de tomar “Espedifen”.
Todo volveu á súa canle e nos meses seguintes todo estaba normal na casa. Manel vagueando, Ramona berrándolle e Andrés aturándoos aos dous nas súas discusións.
De alá a dous meses, Manel volveuse a queixar da dor de cabeza, e por non variar dos malos costumes, volveu outra vez a automedicarse. Neste último período de tempo Manel queixábase con moita regularidade, e parecía que as medicinas facían milagres, porque tan pronto as tomaba, Manel recuperábase.
Ata que chegou o día que isto a Andrés lle pareceu sospeitoso,e decidíu comprobar se o de Manel era verdadeiramente unha enfermidade ou volvían a ser mimos. Andrés dixo que saía á farmacia da vila a por medicinas para Manel, pero realmente foi ao estanco e comprou un bote de “Lacasitos”.
Chegou á casa e deulle un a Manel, dicíndolle:
-Toma, esta é a nova pastilla para a dor de cabeza, disque que funciona moito mellor.
Manel tomouna e recuperouse coma por arte de maxia, será “a maxia dos Lacasitos” segundo Andrés. Dende ese día, sempre que Manel se queixa danlle un Lacasito e tódolos males se lle curan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario