E vamos con outro problema, aínda máis complicado ca o anterior:
Nunha mesa hai tres sombreiros negros e dous brancos. Tres señores en fila india póñense un sombreiro ao azar cada un e sen mirar a cor.
Pregúntaselle ao terceiro da fila, que pode ver a cor do sombreiro do segundo e o primeiro, se pode dicir a cor do seu sombreiro, ao que responde negativamente.
Pregúntaselle ao segundo que ve só o sombreiro do primeiro e tampouco pode responder á pregunta.
Por ultimo o primeiro da fila que non ve ningún sombreiro responde acertadamente de que cor é o sombreiro que tiña posto.
Cal é esta cor e cal é a lóxica que usou para sabelo?
De:Yeray
5 comentarios:
Unha pregunta Yeray. Cando están en fila, os homes ven os sombreiros enriba da mesa en cada momento?
Un saúdo. Felices Festas e noarboa polas notazas.
A cor do sombreiro e negro, os outros non poden ver a cor do sombreiro porque estan nunha habitación a oscuras.
A resposta é correcta pero o plantexamento creo que non, todo é por descarte.
O sombreiro é negro.
Se o 3º home vise 2 brancos diante sabería que o seu é negro; o 2º home non sabe de que cor é o seu sombreiro porque ve o de diante (negro) e logo o seu podería ser branco ou negro, se o 1º fose branco sabería que o seu é negro, de acordo coa primeira premisa. O 1º home escoita as respostas dos anteriores e sabe que o seu é negro.
Publicar un comentario