1º paso
Coidado do corpo
Para rendir na escola e no estudo debemos de coidar o noso corpo
- Durmir as horas necesarias, non debemos roubarlle horas o sono. Sobre todo si temos un exame debemos durmir moito e ben para poder rendir a tope
- Comer o necesario: antes de ir a clase hai que facer un bo almorzo, e antes de estudar merendar ben, non sentarnos a estudar con fame para non distraernos.
- Comer verduras e froitas que teñen moitas vitaminas, e son moi boas para a forza física e mental. Beber leite ou tomar iogures todos os días pois teñen moito calcio e é moi bo para todo pero sobre todo para fortalecer os ósos. Tomar tamén alimentos ricos en proteínas, carne, peixe e ovos. Estes alimentos son fundamentais para darnos enerxía e para desarrollar o corpo
- A memoria necesita para fortalecerse fósforo e magnesio. Sabedes que alimentos o teñen (seguro que estos non vos vai a custar moito traballo comelos) chocolate, froitos secos, e tamén ainda que non sexan tan ricas as, as legumes.
- Non poñerse a estudar ao rematar de comer. Debemos de deixar pasar unha hora polo menos.
2º Paso
A clase está para aproveitar a tope
- Hai que preparar a clase: debemos ler o que o profesor/a explicou o día anterior e o tema novo que vai explicar. para saber do que vai a falar na clase, isto vai axudarnos a estar atentos.
- Coller apuntamentos sobre o que van dicindo (hai cousas que van repetir e insistir nelas varias veces), isto pode darnos pistas do que para eles é importante e pode poñelo nos exames. así que se participamos activamente na clase collendo os apuntamentos e atendendo temos o 50% do éxito conseguido.
- Se estamos atent@s ao que di o profesor/a vaino a ter en conta á hora de avaliar porque "controlan" perfectamente quen ten interese e quen pasa de todo. Esta impresión do profesor as veces pode decidir entre un suspenso / aprobado ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario