Panxoliñas do Nadal
Hai un vento cheo de frio
apousado nos camiños.
E no ar un asubío
todo cheo de aloumiños
pero un vento milagreiro
nascerá pol-o Nadal.
Brilará coma un luceiro
pra alomear o portal
Xa nas ponlas dun carballo
nasceu un vento ventiño
ten doces versos de orballo
e azas de paxariño
Ten azas de paxariño
e craridades de día
que llas deu Jesús Neniño
e Santa Virxe María
Manuel María
----------------------------
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
e mentres ollaba ao neno,
comeulle o sombreiro o boi
Luis Seoane
-----------------------------------
Fai os Crebacabezas mentras escoitas panxoliñas
Para os máis pequenos espero que vos guste
2 comentarios:
Feliz NAVIDADDD!!!!!
Os que estades nos talleres e tendes pequenos na casa ou na familia poñédeos nos crebacabezas do Nadal e buscade o de abrigámonos no inverno está en infantil que están moi ben e o vídeo do reno non ser egoístas e poñede os pequenos no portátil algo, que vos coñezo.
Alba...
Publicar un comentario