Benvidos benqueridos lectores/as, hoxe imos facer unha viaxe no tempo dentro do proxecto "Aprender a Aprender", proposto por Carmela, cuxa finalidade é investigar o noso pasado.
INTRODUCIÓN
Calquera de nós vivimos no Concello de Outes, nunha familia, nunha aldea que pertence a unha parroquia, que pertence ó Concello de Outes, á comarca do Barbanza, provincia de A Coruña, Comunidade Autónoma de Galicia, España, Europa, planeta Terra, ubicado na Vía Láctea e dentro do Universo, o cal abarca todo.
Agora, imos ir cara atrás, cara o comezo dos tempos, e ver grazas a quen estamos aquí e qué nos deixaron, para que agora nosoutros/as, poidamos coñecer a nosa evolución mellor. E para iso, imos comprobar que non hai que ir moi lonxe de onde vivimos para ver os restos do seu paso, senón que as podemos observar ó noso arredor.
Dividímonos para poder realizar dito proxecto en tres grupos, cunha finalidade igual: facer unha viaxe no tempo.
Alumnos dos talleres
Agora, imos ir cara atrás, cara o comezo dos tempos, e ver grazas a quen estamos aquí e qué nos deixaron, para que agora nosoutros/as, poidamos coñecer a nosa evolución mellor. E para iso, imos comprobar que non hai que ir moi lonxe de onde vivimos para ver os restos do seu paso, senón que as podemos observar ó noso arredor.
Dividímonos para poder realizar dito proxecto en tres grupos, cunha finalidade igual: facer unha viaxe no tempo.
- 1º Grupo: Atoparáse nunha cova do Paleolítico
- 2º Grupo: Terá que sobrevivir comezando nunha aldea do Neolítico
- 3º Grupo: Aprenderá a habitar no pasado vivindo nun castro.
OS NOSOS COÑECEMENTOS
Todos sabemos que para comenzar o proxecto e dar a coñecer o pasado ás familias, temos documentos escritos que contan como era a vida naqueles momentos, os descubrimentos, avances...
Pero tamén podemos obter información de que antes da escritura, o home xa estaba aquí e a maneira que temos de coñecer á súa existencia é polos restos que podemos atopar.
Ó noso redor, hai moitos restos arqueolóxicos, que nos poden levar a cómo vivían naquelas épocas.
O NOSO TRABALLO
Deberemos investigar sobre a Prehistoria, que como ben o seu nome indica (Pre-historia), é unha etapa que se atopa antes da Historia. Facémolo posto que este periodo é o menos coñecido, queremos obter información sobre os esforzos que fixeron para adaptarse ó medio e sobrevivir.
COMEZA A INVESTIGACIÓN
O noso traballo é averiguar todo o que poidamos topar á nosa redonda que nos conte como eran e como vivían naquela era.
INICIOS DO PROXECTO
(Información básica)
A historia da humanidade divídese en dúas partes diferenciadas: a Prehistoria e a Historia.
- A Prehistoria: Abarca dende a aparición do home ata a invención da escritura.
- A Historia: Comprende dende a invención da escritura, ata a actualidade.
Das etapas da historia, á posterior é máis fácil saber por todo tipo de documentación, pero da prehistoria temos o tema un pouco máis complicado, así que veremos como investigamos e principalmente que pegadas temos preto de nós da época, para notar e valorar aqueles que fixeron que nós sexamos o que somos a día de hoxe.
APARTADOS DO PROXECTO
- Que é a Prehistoria?
- Que se estuda na Prehistoria?
- Como se estuda a Prehistoria?
- Quen se encarga de estudar a Prehistoria?
- Etapas da Prehistoria para poder estudar mellor e identificar mellor os restos arqueolóxicos.
RASTREXO POLOS XORNAIS, ETC...
- La Voz de Galicia:
Tras o rastro do Paleolíticos no sur lucense
Un breve panorama do proxecto arqueolóxico desenvolvido dende 2006, polas Universidades de Santiago de Compostela e Tarragona (Cataluña), culminou co achado das primeiras pinturas rupestres paleolíticas de Galicia no xacemento da Cova de Eirós (Triacastela).
- El País
Unha cova de Lugo ocultaba as únicas pinturas rupestres de Galicia
A cova de Eirós, na aldea de Cancelo, no municipio lucense de Triacastela, vai camiño non só de ser a Atapuerca galega, senón tamén a Altarmira do noroeste peninsular, tras o descubrimentos de pinturas rupestres con motivos de animais. Á espera da proba do carbono, os expertos sitúan a súa elaboración hai 30.000 anos, baseándose no estilo e a técnica empregada. Son as primeiras pinturas rupestres achadas en Galicia.
ARTIGOS
ÚLTIMAS NOTICIAS
DE HOMÍNIDOS
A árbore
xenealóxica da nosa especie segue aumentando con novos descubrimentos, que
obrigan a reformularse constantemente as teorías explicativas sobre a evolución
dos homínidos. Nas ligazóns seguintes poderás coñecer datos sobre os
descubrimentos máis recentes no mundo dos homínidos:
HOMO FLORESIENSIS
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/pequeno/gran/hombre/Flores/elpepisoc/20091025elpepisoc_2/Tes
MULLER X
AUSTRALOPITHECUS
SEDIBA
A árbore xenealóxica da nosa especie segue aumentando con novos descubrimentos, que obrigan a reformularse constantemente as teorías explicativas sobre a evolución dos homínidos. Nas ligazóns seguintes poderás coñecer datos sobre os descubrimentos máis recentes no mundo dos homínidos:
MULLER X
AUSTRALOPITHECUS SEDIBA
No hay comentarios:
Publicar un comentario