O TEMA
Nas aulas de Carmela, todos os alumnos estamos a traballar sobre o ser humano. Dende os seus principios como Homo Australopiteco, ata o Homo Sapiens Sapiens.
APARTADOS
- A súa vida
- Os restos arqueolóxicos galegos
- A evolución do Homo
- Características intelectuais (ex: cerebro) de tódalas evolucións
- Características físicas de tódalas evolucións (evolución do cerebro, tamaño...)
- Que sabemos dos principios da vida
OS GRUPOS
- 5º de Primaria: Investiga a vida e evolución dos Homos (profundizando no Homo Neandertal)
- 6º de Primaria: Elabora traballos sobre os restos arqueolóxicos galegos que nos deixaron os nosos antepasados. E a partir disto, investigan a súa vida: como vestían, o que comían, onde durmían...
- 2º de ESO: Realizará diferentes traballos técnicos en diferentes formatos (Prezi, CmapTools, Microsoft PowerPoint...) analizando ata a derradeira características dos nosos ancestros.
ONDE OS PODEMOS OBSERVAR
Ó longo do verán, de cada vez que rematemos un traballo, irémolo subindo ó blogue. Pero é un proceso un pouco custoso, posto que hai moitas noticias, información, tecnicismo, etc, que á hora de pasar dita información ó noso gran proxecto, retardar o noso tempo.
INTENCIÓN DO PROXECTO
Dende o equipo técnico das aulas de Carmela, pretendemos que tódolos alumnos, se dean a coñecer ós pais/nais/familiares, etc, a súa aprendizaxe adquirida ó longo do "Curso de Verán". A cal é a mellor forma de facelo? É ahí a dificultade do proxecto: Os alumnos deben investigar toda a vida, todas as crenzas, absolutamente todo o que poidan (co emprego do xornal, internet, páxinas de interese...) para posteroirmente, visitar o lugar (castro, cova...) que elixiron para elaborar o seu traballo, e elaborar a súa derradeira tarefa do curso de verán 2015/16: exercer de historiadores/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario