martes, 13 de diciembre de 2011

Lectura para comentar



A fábula da tartaruga e a lebre


Recordas a fábula? Unha tartaruga e unha lebre sempre discutían sobre quén era a máis rápida. Para saír de dúbidas, decidiron facer unha carreira. Elixiron un camiño e comezaron a competición A lebre arrancou a toda velocidade e correu enerxicamente durante algún tempo. Logo, ao ver que levaba moita vantaxe, decidiu sentarse baixo unha árbore para descansar un anaco, recuperar forzas e continuar a súa marcha. Pero quedou durmida. A tartaruga, que andaba con paso lento, alcanzouna, superouna e acabou primeira, sendo a vencedora indiscutible.

Conclusión: Os lentos e estables gañan a carreira.


Pero a historia non termina aquí: a lebre, decepcionada por perder, fixo un exame de conciencia e reconoceu os seus erros. Descubriu que perdera a carreira por ser presumida e descoidada. Se non dera tantas cousas por supostas, nunca lle tería gañado a tartaruga. Entón, desafiou á tartaruga a unha nova carreira. Esta vez, a lebre correu de principio a fin e o seu triunfo foi evidente.


Conclusión: os rápidos e tenaces vencen aos lentos e estables.

Pero a historia tampouco termina aquí: despois de ser derrotada, a tartaruga reflexionou bastante tempo e chegou á conclusión de que non había forma de ganarlle a lebre en velocidade. como estaba plantexada a carreira, ela sempre perdería. Por iso, desafiou outra vez á lebre, pero propúxolle correr por un roteiro lixeiramente diferente. A lebre aceptou e correu a toda velocidade, ata que se encontrou no seu camiño cun ancho río. Mentres a lebre, que non sabía nadar, preguntábase "¿que fago agora?", a tartaruga nadou ata a outra beira do río, continuou ao seu paso e terminou no primeiro lugar.




Conclusión Quen identifica a súa ventaxe competitiva (saber nadar) e cambia o entorno para aproveitala, chega de primeiro.

Pero a historia tampouco termina aquí: O tempo pasou e tanto compartiron a lebre e a tartaruga, que terminaron facéndose boas amigas. Ambas recoñecderon que eran boas competidoras e decidiron repetir a última carreira, pero esta vez correndo en equipo. Na primeira parte, a lebre cargou coa tartaruga ata chegar ao río. Alí, a tartaruga atravesou o río coa lebre nas costas e, na outra beira a lebre levou, outra vez a tartaruga ata a meta. Como alcanzaron a liña de chegada nun tempo récord, sentiron unha maior satisfación que a que experimentaran nos seus logros individuais.


Conclusión: É bo ser individualmente brillante e ter fortes capacidades personais.

Pero, a menos que sexamos capaces de traballar con outras persoas e potenciar recíprocamente as habilidades de cada un, non seremos completamente efectivos. Sempre existirán situacións para as que non estamos preparados e que xunto con outras persoas poden afrontarse mellor.
A lebre e a tartaruga tamén aprenderon outra lección vital: Cando deixamos de competir contra un rival e comezamos a competir contra unha situación, complementamos capacidades, compensamos defectos, potenciamos os nosos recursos... e obtemos mellores resultados!
"Para ser exitoso non tes que facer cousas extraordinarias. Fai cousas ordinarias, extraordinariamente ben"


Grazas a Mara e María por mandar a fábula para comentar

3 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Gústanme moito os distintos finais da fábula. Dan moito que pensar.
Un saúdo.

KEVIN dijo...

a fabula gustoume moito porque hai cousas coma traballos si os facemos barios rapaces xuntos, bai quedar mellor que si o fai un solo. SEMPRE QUE SE POIDA TENSE K FACER AS COUSAS EN GRUPO.PERO ESCRIBIN TODOS E DANDO IDEAS.
KEVIN

María dijo...

A fábula está traducida o galego Carmela mandoume un correo que tiña algún erro ortográfico, estes días cos exames estiven moi liada pero non atopei máis ca un xa o corrixín pido axuda a algunha lebre para que revise e me diga nos comentarios si hai máis, pois nin miña nai que é profe de galego e Carmela din quen é bo que o fagamos nos
Un saúdo e
BOAS FESTAS
María