Mostrando entradas con la etiqueta Frase semana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Frase semana. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de noviembre de 2016

FRASE DA SEMANA

No busques cuentos con final feliz, busca ser feliz sin tanto cuento 😄❌📖

[Mr. Wonderful ⭐️]


Con esta frase queremos representar a todas esan mulleres (e tamén homes) que sofren e sufriron Violencia de Xénero, e que realmente si se pode saír desa transición.

Un saúdo,
Talleres de Carmela

lunes, 31 de octubre de 2016

FRASE DA SEMANA !

TOCA DESCANSAR !


Estamos nun tempo de reláx, de vacación para todos os alumnos galegos e españois, e nun tempo en que podemos permitirnos facer unha parada para publicar unha entrada no noso blogue, no blogue dos talleres. 

SAMAÍN

Esta frase está relacionada co Samaín, si, esa festividade que por desgraza todo o mundo confunde co "Halloween". Pero non, eu creo que se os galegos temos unha palabra específica para esta festa (que non ten nada que ver co "Halloween") debemos utilizala e non cambiala.

FRASE

SE OS MALOS RECORDOS VOLTAS A MIRAR, CÓLLELOS E ARRÁSTALOS ATA O BUZÓN DE ELIMINAR. 

(Mónica Caamaño)
Resultado de imagen de boton de eliminar


contraloriadelmagdalena.gov.co


O PORQUÉ


Eu misma fixen esta frase, para que cando a xente volte a mirar eses malos recordos, que non pense: Debería haber feito isto, ou non..?......
E vos preguntaredesvos? E que ten que ver isto co Samaín? Pois eu son unha persoa moi medorenta, entón, cando algunha persoa me ensina unha foto, un vídeo (Etc...) relacionado co medo, con asustar.. coa intención de provocarme medo, pois esta frase dame ánimos para arrastrar a esa persoa ó caldeiro do lixo (ó botón de eliminar das persoas que quero e que non me fan dano).


Un saúdo,
Mónica Caamaño

lunes, 29 de agosto de 2016

Frase da Semana

Hoxe, 29 de Agosto,  Día Internacional Contra os Ensaios Nucleares, decidimos adicarlle esta frase da semana, posto que eses ensaios son gran perigo para o noso Planeta.

« Neste Día Internacional contra os Ensaios Nucleares, fago un chamamento ao mundo co obxecto de xerar un sentimento de solidariedade en consonancia coa necesidade urxente de poñer fin ao perigoso punto morto sobre esta cuestión.» 


Secretario Xeral da ONU, Ban Kimoon.



Proba de Lincorne, 1971, Polinesia Francesa. 
  • Foto: Colección de Fotografías do TPCEN


Desde que en 1945 se levou a cabo o primeiro ensaio nuclear, realizáronse case 2.000 probas deste tipo, sen prestar moita atención aos seus efectos devastadores sobre a vida humana. Tampouco se estudou a precipitación radioactiva derivada dos ensaios atmosféricos.



Tanto a reflexión retrospectiva como a historia amosáronnos os efectos tráxicos e aterradores dos ensaios nucleares, especialmente cando se producen fallos nas condicións controladas e, máis aínda, tendo en conta que as armas atómicas contemporáneas son cada vez máis poderosas e destrutivas.

Co obxectivo de captar a atención do mundo sobre a gravidade deste asunto e poñer de relevo a necesidade dunha acción unificada, o 2 de decembro de 2009, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 29 de agosto Día Internacional contra os Ensaios Nucleares, mediante a aprobación por unanimidade da resolución 64/35 Documento PDF.

Con todo, o instrumento internacional para lograr esta necesidade, o Tratado de prohibición completa dos ensaios nucleares Dispoñible en inglés (de 1996), aínda non entrou en vigor.

A resolución da Asemblea Xeral foi proposta pola República de Kazajstán co fin de  clausurar o polígono de ensaios nucleares de Semipalatinsk o 29 de agosto de 1991.

O Día ten por obxecto alentar as Nacións Unidas, os Estados Membros, as organizacións intergobernamentais e non gobernamentais, as institucións académicas, as redes de mocidade e os medios de difusión social a que informen da necesidade de prohibir os ensaios de armas nucleares, como un paso importante cara ao logro dun mundo máis seguro, e a que eduquen e sensibilicen ao público respecto diso.

O ano 2010 foi a primeira conmemoración do Día Internacional contra os Ensaios Nucleares. Cada ano, desde entón, o Día observouse mediante a coordinación de diversas actividades en todo o mundo, tales como simposios, conferencias, exposicións, concursos, publicacións, ensino en institucións académicas, programas de televisión e radiodifusión e outros medios. Tamén se celebraron diversos eventos na Sede das Nacións Unidas. Para a observación do Día en 2013 proxéctanse actividades similares.

O Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, expresouno con gran claridade: «Un mundo libre de armas nucleares sería un ben público global de maior prioridade.» Ao dicir, en maio de 2010, que a prohibición dos ensaios nucleares desempeñaba un «papel esencial», todos os Estados Partes no Tratado sobre a non proliferación das armas nucleares Dispoñible en inglés comprometéronse a traballar para "lograr a paz e a seguridade nun mundo sen armas nucleares".

jueves, 24 de marzo de 2016

Video e frases da Primavera



Frases
La primavera ha venido, nadie sabe cómo ha sido Antonio Machado
Mientras haya en el mundo primavera, ¡habrá poesía!. Gustavo Adolfo Bécquer
Podrán cortar todas las flores, pero no podrán detener la primavera. Pablo Neruda
"¡Viva la primavera! porque nos recuerda que la naturaleza aun tiene esperanza en la humanidad"Abel Pérez Rojas. Educador mexicano

domingo, 23 de junio de 2013

Noite de San Xoán





Herbas de San Xoán para lavar a cara pola mañán



Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán
No San Xoán as bruxas fuxirán
O día de San Xoán é o día máis longo do verán
Quen xexuna polo San Xoán, é tolo ou non ten pan
Na noite de San Xoán, rapaz rouba portais si eres capaz
Polo San Xoán a sardiña pinga o pan



Cachela de San Xoán debuxo feito por Castelao
Cachela de San Xoán. Debuxo de Castelao


jueves, 17 de enero de 2013

Frase da semana

"O verdadeiro amigo é o que o sabe sobre ti e segue sendo o teu amigo" (Kurt Cobain)





jueves, 29 de noviembre de 2012

Ensinar debería ser...

Ensinarás a voar,
pero non voarán o teu voo.
Ensinarás a soñar,
pero non soñarán o teu sono.
Ensinarás a vivir,
pero non vivirán a túa vida.
Non obstante...
en cada voo,
en cada vida,
en cada sono,
perdurará sempre a pegada
do camiño ensinado

jueves, 20 de septiembre de 2012

FRASE DA SEMANA


Se tes unha mazá e eu teño unha mazá e   intercambiámola, ti e eu seguimos tendo unha mazá cada un- Pero si tes unha idea e eu teño unha idea e a intercambiamos, cada un de nós teremos dúas ideas
 (Bernard  Shaw)





miércoles, 5 de septiembre de 2012

Que é ensinar?



Fago miñas estas palabras son a miña guía cando estou cos meus alumnos. Grazas á miña compañeira Berta Longueira por compartilas comigo-

sábado, 21 de julio de 2012

Frases da semana


"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora" Proverbio Indú

"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro" Emily Dickinson

Libros acuáticos para o verán
Son uns libros que teñen nas páxinas unha película impermeable que fai que estes se poidan levar a praia, piscina ou ducha, xa que se poden mollar tranquilamente sen ningún problema.


sábado, 14 de abril de 2012

Canción e flor da semana



Subimos esta canción porque sabemos que che gusta moito e cando queriamos nos talleres escoitar algo de música ti algunha vez pedías  escoitar alecrín  de música de fondo. Pensamos poñela como flor e canción da semana. Haber si adiviñas a quen se lle ocorreu a idea. 

viernes, 9 de marzo de 2012

Frase e flor da semana


La vendedora de flores
(Diego Rivera)

No hay barrera, cerradura ni cerrojo que puedas imponer a la libertad de mi mente
(Virginia Woolf)

domingo, 4 de marzo de 2012

Frase e flor da semana

PROVERBIO CHINO

 Cuéntame algo, lo olvidaré. Muéstramelo, podré recordarlo. Sin embargo, implícame en ello y lo comprenderé 


                       
          Flor da xesta

domingo, 12 de febrero de 2012

Frase e flor da semana



Herba de namorar


"O corazón ten razóns que a razón non entende"







domingo, 5 de febrero de 2012

Frase e flor da semana


Mimosas

Frase
Se o alumno non supera o mestre, nin é bo o alumno; nin é bo o mestre
María 6º Primaria