miércoles, 31 de agosto de 2016

CARGA AS PILAS!

INTRODUCIÓN


Sabemos que algúns dos alumnos dos Talleres, teñen que ir ás recuperacions de Setembro. E por iso, aquí temos algunhas ideas causantes do problema:

  • Non programan un horario de estudo
  • A frecuencia da desorde no sitio de estudo cada vez increméntase máis (20% ó 54%)
  • Non elaboran métodos aos sistemas de estudo, o que lles dificulta a aprendizaxe
  • Non saben distinguir as ideas principais das secundarias en calquera tipo de texto (elaborado/non elaborado)
  • Atopan dificultades de concentración, tanto na aula, como nos talleres ou na casa.
  • Carecen dun bo nivel lector rápido e non comprenden o que están a ler.
  • Non coñecen técnicas que os axuden a memorizar
  • Non teñen práctica á hora de tomar apuntes
  • Carecen da boa elaboración dun bo resume, esquema, etc...
  • Non saben estudar para os exames: pensan que estudar é pegarse un atracón o día anterior
  • Non descansan o necesario nin se alimentan correctamente.

PAUTAS


 Elixe, sempre que poidas, un lugar fixo para estudar tranquilo/a e afastado de distraccións. Se é necesario, fala coa túa familia para crear un clima adecuado.

 Prepara as cousas que vaias necesitar antes de sentarte.


 Coida o ambiente para que esteas cómodo durante o tempo de estudo: ventilación, boa iluminación, cadeira e mesa confortable, etc.

 Organízate ben. Converte o estudo diario nun hábito. Custarache menos.

 Confecciona o teu horario de estudo persoal. Ten en conta cando estás máis despexado.

 Non fagas burradas co teu estudo. Tómate un descanso duns dez minutos tras cada hora de estudo para despexar a mente. Non é ao revés! Estudar dez minutos e descansar unha hora.

 Fixate obxectivos para períodos curtos e céntrate neles para cumprilos.

 Concéntrate moito e logo divírtete cos teus amigos.

 Ollo co móbil!. Desconéctao mentres estudas. Evita as mensaxes, os toques e as chamadas, que acaban desconcentrándote.

10ª Desconecta tamén o facebook, tuenti...etc. Dedica un tempo fixo a conectarte cos teus amigos, para que non che rouben o teu tempo de estudo.





PIRÁMIDE DO ESTUDO




MÓNICA CAAMAÑO

Conto Prehistoria

Xa se van rematando os traballos, pero iso non significa que paremos o Proxecto!!



 UN SOÑO SEN IGUAL!



Nos talleres pedíronme  mirar un vídeo sobre a Prehistoria.
Pero de día non tiven tempo, porque fun á praia.Mirei o vídeo antes de deitarme pero esquecín  apagar o ordenador e quedei durmida.

Tiven un soño rarísimo. Estaba no Paleolítico! Unha familia acolleume como se fose da súa familia. Coñecín a unha nena que se chamaba Sol. Eran moi amables comigo. Mentres que os maiores ían cazar , pescar e recoller froitos, nós quedabamos xogando. Despois duns días nese lugar tivemos que desprazarnos e camiñamos ata que encontramos o sitio perfecto con comida e auga.

Alí, na mesma cova que nós, había outra familia que ía moito máis avanzada.  Ensináronos a falar, a bailar e o máis importante, a pintar nas covas.

Eu e máis a miña amiga Sol estivemos coa nosa nova amiga Luni. Era moi simpática, lista e sobre todo xogadora.
Cando pensaba que ía  quedarme alí para sempre,  a miña nai   espertoume. Conteille o que me pasara e díxome que só era un soño.

Boh! Nunca se sabe!

A que non adiviñades para que me espertou? Pois para ir aos talleres.




Escritora : Paula Caamaño Lago

FIN





lunes, 29 de agosto de 2016

Adeus Vacacións!

Xa rematamos os Talleres! Pero iso non significa que apartemos o Blogue. Deixámosvos aquí unhas imaxes elaboradas polos alumnos de Infantil que nos lembran estas vacacións.

Castelos de Area



Ir á Praia





Tomar Xeados



Bañarnos na Auga



Diversión cos Amigos



Relaxación do Verán



Ver a Televisión ate ben Tarde



Durmir ata ó Xantar



Deliciosa Comida




Festas e máis Festas



Vacacións en Familia!


Alumnos dos Talleres
E. Infantil

Frase da Semana

Hoxe, 29 de Agosto,  Día Internacional Contra os Ensaios Nucleares, decidimos adicarlle esta frase da semana, posto que eses ensaios son gran perigo para o noso Planeta.

« Neste Día Internacional contra os Ensaios Nucleares, fago un chamamento ao mundo co obxecto de xerar un sentimento de solidariedade en consonancia coa necesidade urxente de poñer fin ao perigoso punto morto sobre esta cuestión.» 


Secretario Xeral da ONU, Ban Kimoon.



Proba de Lincorne, 1971, Polinesia Francesa. 
  • Foto: Colección de Fotografías do TPCEN


Desde que en 1945 se levou a cabo o primeiro ensaio nuclear, realizáronse case 2.000 probas deste tipo, sen prestar moita atención aos seus efectos devastadores sobre a vida humana. Tampouco se estudou a precipitación radioactiva derivada dos ensaios atmosféricos.



Tanto a reflexión retrospectiva como a historia amosáronnos os efectos tráxicos e aterradores dos ensaios nucleares, especialmente cando se producen fallos nas condicións controladas e, máis aínda, tendo en conta que as armas atómicas contemporáneas son cada vez máis poderosas e destrutivas.

Co obxectivo de captar a atención do mundo sobre a gravidade deste asunto e poñer de relevo a necesidade dunha acción unificada, o 2 de decembro de 2009, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 29 de agosto Día Internacional contra os Ensaios Nucleares, mediante a aprobación por unanimidade da resolución 64/35 Documento PDF.

Con todo, o instrumento internacional para lograr esta necesidade, o Tratado de prohibición completa dos ensaios nucleares Dispoñible en inglés (de 1996), aínda non entrou en vigor.

A resolución da Asemblea Xeral foi proposta pola República de Kazajstán co fin de  clausurar o polígono de ensaios nucleares de Semipalatinsk o 29 de agosto de 1991.

O Día ten por obxecto alentar as Nacións Unidas, os Estados Membros, as organizacións intergobernamentais e non gobernamentais, as institucións académicas, as redes de mocidade e os medios de difusión social a que informen da necesidade de prohibir os ensaios de armas nucleares, como un paso importante cara ao logro dun mundo máis seguro, e a que eduquen e sensibilicen ao público respecto diso.

O ano 2010 foi a primeira conmemoración do Día Internacional contra os Ensaios Nucleares. Cada ano, desde entón, o Día observouse mediante a coordinación de diversas actividades en todo o mundo, tales como simposios, conferencias, exposicións, concursos, publicacións, ensino en institucións académicas, programas de televisión e radiodifusión e outros medios. Tamén se celebraron diversos eventos na Sede das Nacións Unidas. Para a observación do Día en 2013 proxéctanse actividades similares.

O Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, expresouno con gran claridade: «Un mundo libre de armas nucleares sería un ben público global de maior prioridade.» Ao dicir, en maio de 2010, que a prohibición dos ensaios nucleares desempeñaba un «papel esencial», todos os Estados Partes no Tratado sobre a non proliferación das armas nucleares Dispoñible en inglés comprometéronse a traballar para "lograr a paz e a seguridade nun mundo sen armas nucleares".

jueves, 25 de agosto de 2016

Prezi Os Castros

Xa vamos rematando o proxecto, e por iso, imos cada vez publicando máis entradas. Nesta ocasión, Sarai Rey e Paula Caamaño, encargadas do grupo de 6º de Primaria, curso que realizarán este ano, déixannos aquí un Prezi sobre uns restos arqueolóxicos moi famosos históricamente en Galicia: Os Castros.




Esperemos que vos guste,
Mónica Caamaño

martes, 23 de agosto de 2016

Coida o teu cerebro!

Dende o grupo de Proxecto do Cerebro, de 2º de ESO, posto que o noso traballo aínda lle queda un pouquichiño, imos a deixarvos uns 10 consellos sobre como coidar o teu cerebro:

  1. Inxire alimentos nutritivos
Os alimentos que se recomendan para a boa saúde do cerebro son moi variados. Non poden fallar as froitas, as verduras, os ovos, as carnes magras e os ácidos grasos Omega-3 (atópanse en gran cantidade no pescado azul e noces, principalmente).

     2.  Intenta aprender cousas novas cada día


     3.  Durme ben


É moi importante para a saúde mental ter unha rutina para as horas de descanso, as cales como mínimo deben de ser sete horas diarias, xa que se esta rutina se rompe, pódense presentar moitas alteracións nas funcións do cerebro.

    4.  Aprende técnicas de relaxación


Servirache para poder alexarte dos innumerábels problemas cotidiáns. Un bo exercicio pode ser a meditación: isto pode axudarte a calmar e reducir os niveis de estrés en toda clase de persoas.

    

     5.  Evita o alcol e a cafeína


Todos os excesos son malos, unha taza de café e unha copa de viño ó día non poden causar ningún dano á saúde física ou mental, pero en cambio, si se sobre pasa o consumo de ditas bebidas, pode causar depresión e pérdida da memoria.

    6.  Le moito


Ademáis de facerte máis sabio/a, estarás exercitando o cerebro.

    7.  Desafía o teu intelecto


Fala coas persoas que te arodean sobre asuntos variados. Expón as túas ideas, pregunta, cuestiona, examina, aprende...

    9.  Xoga, ti mesmo ou con outros


Elixe, por exemplo, o trivial ou o xadrez, entre outros moitos.

     8.  Reláxate


Un exceso de hormonas do estrés (como o cortisol), pode resultar dañino para o teu cerebro. Programa os teus ratiños de descanso e esparcemento para a semana.

     9.  Practica un hobby


É estimulante, posto que aprendes; é relaxante, porque grazas a él descansas de actividades e pensamentos estresantes.


    10.  Exercita a túa motricidade fina


Non olvides actividades nas que realices movementos pequenos, precisos e cordinados (ex: tocar un instrumento musical ou escribir con todos os dedos no teclado.)


Pablo Nieto e Mónica Caamaño

Cmap Prehistoria


viernes, 19 de agosto de 2016

Castros na Comarca de Noia


COMARCA DE NOIA


LOUSAME

  • Castro de Comparada: Presenta unha croa circular arrodeado por unha muralla.
  • Coto do Castro: Dise que foi construído polos mouros.
  • Castro de San Mamede: Neste castro atopouse un cuncheiro. Segundo a lenda hai un túnel cheo de tesouros custodiado polos mouros. Tamén se di que hai unha pedra que ao golpeala escóitanse unhas campás.
  • Castro de Servia: Levántase sobre un cantil nun meandro do río Vilacova que actúa como defensa natural. Pola parte menos defendible conserva restos dunha muralla.
  • Ara de Lesende: No ano 2006, Iago Ugorri Serantes descubriu unha ara reaproveitada nunha parede na casa reitoral de Lesende que pertencería a un habitante indíxena romanizado. A inscrición di: "Marco Valerio ofrece este voto a Navia polos seus méritos". Datada entre finais do século II ou principio do III despois de Cristo.

NOIA

  • Castro de Punta Barquiña: Na zona da Barquiña hai un illote coñecido como As Pedras de San Bartolomeu, onde se di que estaba a capela perdida do santo. Conta a lenda que os veciños podían ver as súas campás cando baixaba a marea. Tamén se di que no fondo do mar atopáronse basas, columnas e restos dun templo de época romana. Sobre isto non se coñecen restos pero si sobre o asentamento castrexo onde apareceron varios útiles coma un muíño de man que garda un veciño do lugar. Tamén saíron á luz restos cerámicos. Consérvanse restos dunha muralla, interrompida por unha estrada e que logo continúa cara o mar. Deste castro xa fala Murguía no século XIX. 
  • Castro de San Lois: Situado a 360 metros sobre o nivel do mal. En mal estado de conservación, pódense ver restos das murallas defensivas. A instalación dunha antena de televisión no ano 1982 continúa a ser motivo de conflito entre a Xunta e o Concello que solicitou o traslado da antena para poñer en valor o xacemento.
  • Castro de Sobreviñas: Na Punta da Barquiña. Conserva restos dos muros.
  • Castro de Taramancos: No mes de setembro de 2011, o Concello de Noia denunciou a destrución polas máquinas que están a traballar no viaduto sobre a ría de vivendas de época castrexa e dun muro romano. 
  • Poboado de Espiñeira (Taramancos-Boa): Trátase dun asentamento cunha cronoloxía que vai dende a Idade do Bronce ata época tardorromana. Foi escavado de urxencia pola construción da estrada de Noia a Portosín, aparecendo dúas vivendas da Idade do Ferro, varios cuncheiros, foxas e un muro. Chama a atención a súa falta de elementos defensivos, feito que se considera moi atípico na zona. Grave risco de desaparición.

OUTES

  • Castro de Brión: Mal estado de conservación. As pedras das murallas f0ron reaproveitadas para construír as casas do lugar.
  • O Castelo: Sobre un outeiro pedregoso. Non se aprecian defensas artificiais. Ao parecer tivo unha muralla que arrodeaba o recinto.
  • Castro Coiradas: Castro costeiro. De pequenas dimensións, presenta forma ovoidal. As súas pedras foron utilizadas para construír o porto do Conchido. Agrafoxo atopou no seu interior un cuncheiro, con restos de bivalvos, peixes e outros mariscos. O estado de conservación é malo debido aos labores agrícolas, ademais da extracción de pedra; no ano 1995 abriuse unha pista que o atravesou, arrasando as murallas exteriores e interiores. Cando o propietario vendeu os terreos, puxo unha condición: que se aparecía a galiña de ouro da lenda, a pita pasaría a ser da súa propiedade. 
  • Castro do Freixo: Presenta un recinto ovalado arrodeado por un terraplén e vestixios dun parapeito que envolvía a croa. 
  • Castro de Valadares: Emprazado nunha pequena elevación dun terreo chan, as condicións naturais de defensa son escasas. Consta de dous recintos ovais unidos entre si, un deles actúa como antecastro que defende o poboado pola parte máis vulnerable. O recinto principal está protexido por un parapeito. 
  • Castro de San Ourente: Presenta un só recinto de forma circular, defendido por un parapeito.

PORTO DO SON  

  • Castro de Baroña: Descuberto no ano 1933. Trátase dun castro costeiro situado nunha pequena península rochosa que foi ocupado durante un curto espazo de tempo (entre os séculos I a.C. e I d.C.). Ten unha muralla protexida por un foxo que arrodea o itsmo a xeito de antecastro. No interior pódense ver construcións circulares e ovais, e tamén algunha rectangular, destinadas a vivendas, almacéns, obradoiros, etc. Dende aquí parte unha escaleira que permite acceder a unha segunda plataforma de onde parte un carreiro que bordea un cantil duns 25 metros de altura que leva ata unha terceira plataforma con restos de muralla. Atopáronse cuncheiros, crisois, escouras de fundición, anacos de ánforas, fíbulas, muíños de man e cerámica. Salienta o achado dunha arracada de ouro. Diante do grave deterioro que está a padecer o castro, o alcalde de Porto do Son declarou (20-02-2011) que ía estudar as vías xurídicas para prohibir o acceso ao xacemento se o departamento da Xunta de Galicia non se fai cargo da súa rehabilitación. Segundo un estudo realizado pola Xunta, son os turistas, que sen ningún tipo de control visitan cada verán o castro, os causantes do seu estado actual. No mes de maio de 2014 os arqueólogos encargados da consolidación e rehabilitación do castro atopáronse con novos derrubes causados, posiblemente, polos temporais do inverno pasado. Declarado BIC.
  • Arracada de Baroña: Datada no cambio de era, foi a primeira en atoparse nun proceso de escavación da Cultura Castrexa.
  • Castro de Burleu: a súa situación estratéxica facíanno practicamente inexpugnable. Consérvase restos dun pequeno muro.
  • Castro de Enxa: Forma ovalada con dúas liñas defensivas con grandes pendentes. O recinto máis elevado estaba arrodeado por unha muralla que na actualidade fica practicamente desfeita.


  • Castro de Porto Nadelas: Costeiro, situado nun promontorio rochoso que se adentra no mar.


Como este proxecto realizábase un día a semana durante o mes de agosto, só nós centramos nun tema: os castros e a prehistoria. Para o novo curso, seguiremos neste traballo, atopando e estudando información sobre restos da prehistoria nas dúas comarcas: restos, petroglifos, mámoas, dólmens, etc...



  • Carlos Calo
  • Eloy Nieto
  • Paula Tomé
  • Brais
  • Sarai 
  • Paula Caamaño

Ó rematar agosto, subiremos o resto dos traballos realizados polos alumnos.


Mónica

Castros na Comarca de Barbanza



COMARCA DO BARBANZA


BOIRO

  • Castro do Achadizo: Habitado entre o s. IV a.C. e I d.C. Trátase dun castro costeiro desfigurado polas casas modernas que invaden gran parte do xacemento. Poden verse restos da muralla pétrea e das vivendas. As primeiras prospeccións foron da man de Vázquez Varela no ano 1984. Nas escavacións realizadas por Concheiro no 1991 saíron á luz cerámicas, restos de animais (ovellas, cabuxos, cans), un cuncheiro (mexilóns, ostras, ameixas) e varios útiles realizados con ósos de animais. Apareceron restos dun gato doméstico que sería o primeiro caso da Península. 
  • Castro do Coto do Espiño: Segundo noticias aparecidas o día 29 de maio de 2016, debido aunha tala de árbores nunha zona do monte de Moimenta, e segundo inspeccións oculares, saíu á luz un castro que, en palabras dos investigadores, pode ser espectacular, cunha muralla que, en principio, pode ter uns 50 metros de lonxitude.  
  • Castro de O Neixón Grande: Ocupado durante case mil anos, ente o s. IV a.C. e o IV d.C. Foi escavado por Cuevillas e Bouza Brey no 1926. Nel atopouse un aryballos (recipiente de vidro) púnico do s. V-IV a.C. As escavacións dos anos setenta e mediados dos noventa sacaron á luz novas estruturas. No ano 2003, o equipo dirixido por Xurxo Ayán conseguiu determinar a antigüidade do xacemento, destacando, ademais, que foi un asentamento de gran relevancia comercial. Estaba defendido por unha muralla perimetral e foxo exterior onde se atoparon cacharros cerámicos de orixe cartaxinesa, un cuncheiro con restos de moluscos, restos metalúrxicos e o enterramento dun can, posiblemente asociado a unha inhumación ritual. Os traballos realizados recentemente permiten falar de tres espazos ben delimitados. O primeiro sería o máis próximo á costa onde se atoparon medio cento de buratos que indicarían a existencia dunha estrutura feita con madeira que podería delimitar unha área de procesado de alimentos do tipo dun secadoiro de polbo ou peixe. Na segunda unha serie de aterramentos que cumprirían unha finalidade agro-gandeira. E por último, un espazo cercado destinado á estabulación do gando. Declarado Ben de Interese Cultural. 
  • Castro de O Neixón Pequeno: Parece ser que cando a construción do Neixón Grande este xa estaría abandonado. 
  • Castro Moureira: Situado nun esporón sobre a Ría de Arousa, conserva a muralla e vivendas circulares esparexidas polas diferentes terrazas. Unha pista, feita por unha madeireira, arrasou parte do perímetro.


POBRA DO CARAMIÑAL


  • Castro da Croa: Posúe un único recinto tirando a circular, cunhas dimensións de 65 x 68 metros. Croa arrodeada por fortes terrapléns en todo o seu perímetro. Sistema defensivo complementado por un parapeito e unha muralla pétrea.  
  • Castro de Punta Ostreira: Se o castro xa foi alterado de abondo cando a construción do convento franciscán de San Antonio do Xobre no século XV, no ano 2000 unhas palas destruíron parte das súa estrutura defensiva. Xa no ano 1978 a mesma empresa arrasou o interior do recinto castrexo cando a tala duns eucaliptos. Mais a historia volveu a repetirse no ano 2010 cando dúas máquinas escavadoras fixeron unha nova escachiza. A rápida intervención do alcalde e do concelleiro de Cultura non puido impedir a desfeita. A promotora das obras argumentou que estaba a realizar a limpeza do terreo, actuación, segundo informou o Concello, que carecía de permiso. En Punta Ostreira atópase tamén a capela de Santa Lucía, erixida sobre un túmulo, e un pavimento de cantos rodados con deseños circulares datados no século VII a.C. O castro xa sufrira outras agresións, como a construción da devandita capela e unhas escaleiras de acceso e a destrución dos muros da zona sur pola cerca do primitivo convento.



 RIANXO

Casco de Rianxo: Casco de Ouro do s. VI a.C. atopado por don Xosé Vicente Somoza na praia das Cunchas. Custodiado no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón.

  • O Castriño: Moi alterado pola construción de casas. Adivíñase un parapeito terreiro.
  • Castro de Pelotiña: O 23 de marzo de 2014, Manuel Gago, no seu capítulocero, achega un castro inédito (mesmo di que lles "colou" aos redactores do PXOM). Di Gago que é o castro máis estragado co que se leva atopado. 

RIBEIRA


  • Castro da Cidá: Situado no cume dun monte dende o que se divisa unha ampla panorámica. Presenta unhas defensas formadas por terrapléns e pola disposición natural de grandes rochas que actuaban como murallas. Atopáronse restos cerámicos. Moi alterado pola extración de pedra e a tala de árbores nos anos oitenta. Citado por López Cuevillas e Bouza Brey en Prehistoria e folklore do Barbanza onde recollen unha lenda que fala dos mouros. A segunda campaña de escavacións do ano 2015 serviu para constatar aspectos que xa se aprezaron na primeira, como o elevado grado de urbanización ou o contacto dos seus moradores con pobos do Mediterráneo. Os estudos tamén demostraron de que se trata dun dos castros máis antigos de Galicia, cunha ocupación entre os séculos VIII e VI a.C., na primeira Idade do Ferro. Os elementos recollidos para encargar as probas de C-14 foron moi diversos, hai restos interiores correspondentes a un par de cabanas, terra de áreas exteriores de paso dos habitantes do lugar, estuturas de combustión e un anaco de cerámica en cuxo interior se atoparon restos orgánicos. 
  • Castro de Porto de Baixo: Descuberto no ano 1978 cando se facían extraccións ilegais de area. Os restos das súas murallas foron utilizadas na construción de vivendas. Habitado entre os séculos IV e II a.C., estaba protexido polo mar e, na parte máis vulnerable, por dúas murallas paralelas. No interior do recinto pódense ver restos dalgunhas construcións.
(A información e as fotos son xentileza de Javier Crugeiras Sampedro, sacadas da súa páxina San Paio de Carreira).

Cmap Prehistoria


Cmap feito por Katia Chouza Santamaría, fai catro anos, e que agora pasa para 3º de ESO.

Evolución do Home (Vida)

Algúns primates foron evolucionando ata formar os primeiros homínidos.
1º Posición vertical e marcha bípede.
2º Aumento capacidade cranial e o desenvolvemento do cerebro.
3º As mans utilizáronas para manipular obxectos e non para camiñar.
4º A diminución das mandíbulas e dos dentes e a aparición do queixo e da fronte plana
Aumentan a intelixencia e a aparición dun linguaxe.

Australopithecus:      Homo          Homo          Homo                 Homo
                                       habilis         erectus        sapiens         sapiens sapiens




O Paleotítico: Comeza coa aparición do primeiro ser humano. Alimentábanse de froitos, da pesca e caza. Eran nómades. Descubriron o lume de forma casual e despois comezaron a prendelo eles mesmos. Utilizaban pedras talladas para fabricar obxectos. Despois de sílex e óso ou hasta.

Comezaron a buscar a forma de influír sobre a natureza mediante cerimonias rituais. Tamén a enterrar os mortos xunto con obxectos que se coñecen como enxoval funerario. O feito de enterramentos dá a posibilidade da existencia de ritos funerarios, que reflicten unha preocupación pola morte. 

Pintaban e esculpian escenas de caza. Pensouse que a pintura rupestre formaba parte dun ritual máxico que tiña que ver ca caza. Tamén se cre que as covas con pinturas eran santuarios. Os homes/ mulleres deixáronnos mostras de arte mobiliar. As Venus paleoplíticas eran estatuíñas esculpidas en pedra relacionadas co culto e a fecundidade.

O Neolítico: Eran sedentarios, aprenderon que as sementes soterradas boixo terra daban lugar a unha nova planta, por iso empezaron a cultivar. Foi a orixe da agricultura. 
Observando os animais permitiu o orixe da gandaría. Os labores agrícolas fixeron necesarios instrumentos especializados e a invención dunha nova técnica: a pedra puída, outra necesidade foi a de almacenar por iso naceu a cerámica e do mesmo modo se inventou a forma de elaborar tecidos. 
O uso das pedras semipreciosas desenvolveu a minaría. Ademais da zona do crecente fértil, a agricultura expandiuse noutras partes da Terra. Ex: os Andes...

A idade dos Metais: deu lugar a utilización dos metias como o cobre, o bronce e o ferro. Os primeiros útiles deron lugar a metalurxia pero a verdadeira metalurxia xurdiu máis adiante a empezaron a utilizar a forxa. Unha nova fase é a fundixión e finalmente a siderurxia. A metalurxia era un traballo que requiría especialistas. A producción das mercadorías produciu o comercio e paralelamente xurdiron as primeiras técnicas de navegación e inventouse a roda. As primeiras cidades produciron o aumento de poboación e as aldeas comezaron a ter moitos edificios e murallas e así é como xurdiron as cidades, os grupos sociais e os gobernantes das cidades. Tamén xurdiron os megalíticos como o menhir, o dolmen e o crómlech. 
Prehistoria na Península Ibérica: A presenza dos primeiros humanos na península ibérica é moi antiga, en Atapuerca atopáronse os restos dos humanos máis antigos. Máis adiante a península estivo poboada por homo sapiens e na etapa final do paleolítico como homo sapiens sapiens que fixeron as primeiras obras de arte. As pinturas rupestres: na zona cantábrica naturalistas e na demiterránea ou levantina ou esquemática. 
O Neolítico: As comunidades neolíticas apareceron na Península Ibérica e os depósitos arqueolóxicos máis antigos localízanse na Costa Mediterránea e o desenvolvemento do megalitismo comezou a finais do Neolítico. Cara o terceiro milenio a.C estendeuse a metalurxia e o cobre. Maís tarde desenvolveuse a metalurxia do bronce. 

INTRODUCCIÓN Ó PROXECTO

Para poder comezar ó proxecto, debemos observar algúns vídeos, os cales nos aportarán a información básica para poder emprender o noso traballo.



(Algúns destes vídeos, son un pouco longos, sobre todo o primeiro, pero déixannos as ideas moi claras sobre porque estamos aquí.)

Un saúdo,
Mónica Caamaño

CMAPS PREHISTORIA




Os Barbanzóns

Xa que nos adentramos na era Prehistórica, decidímonos adentrar máis no tema cun recurso esencial no Século XXI, a lectura. Por iso, ós nosos alumnos decidímoslle coller emprestado na Biblioteca Municipal de Outes, a colección da editorial Toxoutos, e polo autor Pepe Carreiro (autor tamén dos Bolechas).

A súa colección, abarca os seguintes cómics:
  • Baroña ou Morte
  • No solpor da Prehistoria
  • A noite de Samaín
  • A noite das Cacharelas
Por suposto, este magnífico autor galego, tamén deseñou uns cómics para os máis pequerrechos da casa, Os Pequenos Barbanzóns:
  • O ladrón de mel
  • Castañas con porco bravo
  • Farrapos de seda
  • Peito de lobo.


Un saúdo,
Mónica Caamaño

miércoles, 17 de agosto de 2016

A NOSA VIAXE NO TEMPO

Benvidos benqueridos lectores/as, hoxe imos facer unha viaxe no tempo dentro do proxecto "Aprender a Aprender", proposto por Carmela, cuxa finalidade é investigar o noso pasado.


INTRODUCIÓN



Calquera de nós vivimos no Concello de Outes, nunha familia, nunha aldea que pertence a unha parroquia, que pertence ó Concello de Outes, á comarca do Barbanza, provincia de A Coruña, Comunidade Autónoma de Galicia, España, Europa, planeta Terra, ubicado na Vía Láctea e dentro do Universo, o cal abarca todo.

Agora, imos ir cara atrás, cara o comezo dos tempos, e ver grazas a quen estamos aquí e qué nos deixaron, para que agora nosoutros/as, poidamos coñecer a nosa evolución mellor. E para iso, imos comprobar que non hai que ir moi lonxe de onde vivimos para ver os restos do seu paso, senón que as podemos observar ó noso arredor.

Dividímonos para poder realizar dito proxecto en tres grupos, cunha finalidade igual: facer unha viaxe no tempo.

  • 1º Grupo: Atoparáse nunha cova do Paleolítico
  • 2º Grupo: Terá que sobrevivir comezando nunha aldea do Neolítico
  • 3º Grupo: Aprenderá a habitar no pasado vivindo nun castro.

OS NOSOS COÑECEMENTOS


Todos sabemos que para comenzar o proxecto e dar a coñecer o pasado ás familias, temos documentos escritos que contan como era a vida naqueles momentos, os descubrimentos, avances...
Pero tamén podemos obter información de que antes da escritura, o home xa estaba aquí e a maneira que temos de coñecer á súa existencia é polos restos que podemos atopar.
Ó noso redor, hai moitos restos arqueolóxicos, que nos poden levar a cómo vivían naquelas épocas.

O NOSO TRABALLO


Deberemos investigar sobre a Prehistoria, que como ben o seu nome indica (Pre-historia), é unha etapa que se atopa antes da Historia. Facémolo posto que este periodo é o menos coñecido, queremos obter información sobre os esforzos que fixeron para adaptarse ó medio e sobrevivir.

COMEZA A INVESTIGACIÓN


O noso traballo é averiguar todo o que poidamos topar á nosa redonda que nos conte como eran e como vivían naquela era.

INICIOS DO PROXECTO 

(Información básica)


A historia da humanidade divídese en dúas partes diferenciadas: a Prehistoria e a Historia. 

  • A Prehistoria: Abarca dende a aparición do home ata a invención da escritura.
  • A Historia: Comprende dende a invención da escritura, ata a actualidade.
Das etapas da historia, á posterior é máis fácil saber por todo tipo de documentación, pero da prehistoria temos o tema un pouco máis complicado, así que veremos como investigamos e principalmente que pegadas temos preto de nós da época, para notar e valorar aqueles que fixeron que nós sexamos o que somos a día de hoxe.

APARTADOS DO PROXECTO

  1. Que é a Prehistoria?
  2. Que se estuda na Prehistoria?
  3. Como se estuda a Prehistoria?
  4. Quen se encarga de estudar a Prehistoria?
  5. Etapas da Prehistoria para poder estudar mellor e identificar mellor os restos arqueolóxicos.

RASTREXO POLOS XORNAIS, ETC...


  • La Voz de Galicia:

Tras o rastro do Paleolíticos no sur lucense

Un breve panorama do proxecto arqueolóxico desenvolvido dende 2006, polas Universidades de Santiago de Compostela e Tarragona (Cataluña), culminou co achado das primeiras pinturas rupestres paleolíticas de Galicia no xacemento da Cova de Eirós (Triacastela).


  • El País
Unha cova de Lugo ocultaba as únicas pinturas rupestres de Galicia

A cova de Eirós, na aldea de Cancelo, no municipio lucense de Triacastela, vai camiño non só de ser a Atapuerca galega, senón tamén a Altarmira do noroeste peninsular, tras o descubrimentos de pinturas rupestres con motivos de animais. Á espera da proba do carbono, os expertos sitúan a súa elaboración hai 30.000 anos, baseándose no estilo e a técnica empregada. Son as primeiras pinturas rupestres achadas en Galicia.

ARTIGOS







ÚLTIMAS NOTICIAS DE HOMÍNIDOS

A árbore xenealóxica da nosa especie segue aumentando con novos descubrimentos, que obrigan a reformularse constantemente as teorías explicativas sobre a evolución dos homínidos. Nas ligazóns seguintes poderás coñecer datos sobre os descubrimentos máis recentes no mundo dos homínidos:

HOMO FLORESIENSIS


MULLER X


AUSTRALOPITHECUS SEDIBA

BLOGUES



Alumnos dos talleres
Proxecto: A Prehistoria

QUÉ TOCA ESTE VERÁN?

O TEMA


Nas aulas de Carmela, todos os alumnos estamos a traballar sobre o ser humano. Dende os seus principios como Homo Australopiteco, ata o Homo Sapiens Sapiens.

APARTADOS


  • A súa vida
  • Os restos arqueolóxicos galegos
  • A evolución do Homo
  • Características intelectuais (ex: cerebro) de tódalas evolucións
  • Características físicas de tódalas evolucións (evolución do cerebro, tamaño...)
  • Que sabemos dos principios da vida

OS GRUPOS

  • 5º de Primaria: Investiga a vida e evolución dos Homos (profundizando no Homo Neandertal)
  • 6º de Primaria: Elabora traballos sobre os restos arqueolóxicos galegos que nos deixaron os nosos antepasados. E a partir disto, investigan a súa vida: como vestían, o que comían, onde durmían...
  • 2º de ESO: Realizará diferentes traballos técnicos en diferentes formatos (Prezi, CmapTools, Microsoft PowerPoint...) analizando ata a derradeira características dos nosos ancestros.

ONDE OS PODEMOS OBSERVAR


Ó longo do verán, de cada vez que rematemos un traballo, irémolo subindo ó blogue. Pero é un proceso un pouco custoso, posto que hai moitas noticias, información, tecnicismo, etc, que á hora de pasar dita información ó noso gran proxecto, retardar o noso tempo.

INTENCIÓN DO PROXECTO


Dende o equipo técnico das aulas de Carmela, pretendemos que tódolos alumnos, se dean a coñecer ós pais/nais/familiares, etc, a súa aprendizaxe adquirida ó longo do "Curso de Verán". A cal é a mellor forma de facelo? É ahí a dificultade do proxecto: Os alumnos deben investigar toda a vida, todas as crenzas, absolutamente todo o que poidan (co emprego do xornal, internet, páxinas de interese...) para posteroirmente, visitar o lugar (castro, cova...) que elixiron para elaborar o seu traballo, e elaborar a súa derradeira tarefa do curso de verán 2015/16: exercer de historiadores/as.

Un saúdo,
Equipo Técnico das Aulas de Carmela.