domingo, 27 de mayo de 2012

Tema 13. A convivencia 3º Primaria co Prezi


Ola, son Mónica, miña nai estame ensinando a traballar co programa prezi e quérovos ensinar o traballo que fixen para estudar o tema 13 de coñecemento de 3º de primaria.

sábado, 26 de mayo de 2012

Aquí vai o comezo (quen quere seguir)

Estamos na recta final e vamos cansados. Antes de rematar o curso vamos a intentar traballar co Prezi que xa algúns fixeras unhas probas e sabemos que nos pode axudar moito para recoller a información sobre calquera tema que queiramos estudar. Esta é unha proba do tema de Roma.

Resumo Roma (Antia Villar 1º ESO)

O IMPERIO ROMANO
As orixes de Roma
-A orixe histórica
A Península Itálica estaba ocupada por distintos pobos:
No centro, os latinos.
No Norte, os etruscos.
No Sur, os gregos.
Os latinos agrupáronse ás beiras do río Tíber. Máis tarde asentáronse en sete outeiros próximos entre si. Alí construíronse os primeiros poboados que deron lugar a cidade de Roma.
-A época da Monarquía
O rei tiña os máximos poderes. Roma tivo sete reis: os catro primeiros de orixe latina e os tres seguintes etruscos. Baixo a influencia etrusca construíronse ponte, acuedutos, templos, o primeiro sistema de rede de sumidoiros, a Cloaca Máxima e amurallaron a cidade.
-A antiga relixión dos romanos
Divinizaron os fenómenos e as forzas da natureza. Os lugares de culto máis antigos eran os bosques sagrados. Realizaban un culto privado en pequenos altares dentro das casas.
A Roma republicana
-Patricios e plebeos
Roma dividíase en 2 grupos sociais:
Patricios: considerábanse descendentes dos fundadores de Roma. Eran propietarios de terras e de gando e gobernaban a cidade.
Plebeos: constituíano todos os que chegaran a cidade despois da súa fundación. Non eran propietarios de terras nin tiñan dereitos políticos.
-A loita pola igualdade
Os patricios formaron un goberno aristocrático. Os plebeos loitaron por ter os mesmos dereitos políticos que os patricios. Despois conseguiron elixir un representante, o Tribuno da Plebe que defendía os seus intereses. Máis adiante recopilaron as leis de Roma na Lei das Doce Táboas.
-Asembleas e maxistrados
O goberno tiña 3 institucións:
Os comicios: xuntanza en asemblea dos cidadáns para votar as leis e elixir os maxistrados.
Os maxistrados: elixíanse anualmente e gobernaban a cidade. Podían ser superiores e inferiores.
O Senado: formado por 300 antigos maxistrados. Dirixen a política estranxeira e aconsellan aos maxistrados.

martes, 15 de mayo de 2012

Árbore xenealóxica de Francisco Añón

Con motivo do bicecentanio do poeta Francisco Añón, dende o noso blog imos recordar e difundir quen foi este ilustre persoaxe.
Comenzamos por expoñer cales foron as súas raíces.
(Grazas a Dolores Abelleira polo seu traballo de investigación).

Vida e obra de Francisco Añón

Esta presentación é unha breve exposición da súa vida e obra.
(Dámoslle as grazas a Bárbara e aos nenos pola súa voz, e pedimos desculpas por se o son non é demasiado bo).

Para poder ver a presentación en pantalla completa clica aquí

Xogando con Añon

Himno "A Galicia"

Ao igual que nós, hai moitos veciños que este ano lle queren render homenaxe a tan ilustre persoaxe. Aquí vos deixamos a versión do Himno a Galicia interpretado polo Club de lectura de San Lourenzo

“¡Ai! esperta adourada Galicia

dese sono en que estás debruzada.

Xa cantando os teus fillos te chaman

e cos brazos en cruz se espreguizan…

Malpocados, o que eles cobizan

e un bico dos labios da nai”.