jueves, 16 de octubre de 2014

APRENDENDO A “SER PERSOAS”

APRENDENDO A “SER PERSOAS”
Estes son os talleres de "aprender a aprender", pero, como ben sabedes, non solo se refiren a "aprender a aprender a estudar", senón que, tamén pretendemos que sexan uns talleres para "aprender a aprender a ser persoas".
Aquí todos ensinamos e todos aprendemos de todos. É unha retroalimentación continua. Temos a sorte de que son uns talleres onde podemos mesturar alumnos de distintas idades, o cal, é moi enriquecedor para os máis pequenos, aprendendo dos maiores, xa que sempre teñen un compañeiro  algo  maior que ven coma un exemplo a seguir, e do que queren aprender. E para os maiores e igual de valioso, xa que séntense máis valorados o ser un exemplo para alguén máis novo o cal poden axudar e instruír.
Imos intentar empezar o curso con gafas novas para vernos mellor 

 Vamos a ver  como nos  vemos e como percibimos os demais.
Unhas preguntas que nos imos a empezar a facer é "Qué é o máis importante na nosa vida?" "Qué me ocupa a maior parte do meu tempo?", "Qué metas me propoño?"
Un exemplo de centro na nosa vida poden ser ou  son os amigos, o mellor que nos pode pasar e pertencer a un bo grupo de amigos. O peor e sentir que nos exclúen.
Os amigos son importantes na nosa vida, pero non deben ser o noso centro.
O saír da ESO, uns van a vir con nos, outros seguen outro camiños. Nestas novas andanzas atoparemos novos amigos. Polo tanto, debemos facer moitos, pero non ser o centro da nosa vida. Se establecemos as bases da nosa vida en ser popular e aceptado polos  amigos, os nosos principios e normas irán cambiando, de maneira que sempre sexan aceptados, e, adaptarnos así o entorno.
O mesmo pasa cas parellas, deben ser importantes para nos, pero non o noso centro, non podemos esquecernos de nós mesmos.
Centrar a vida no material, roupa, móbil, ter máis cousas, ir a última en peitados e modelos. Xulgar os compañeiros, e incluso rexeitalos, por non priorizar ou non ir acorde a última moda, non valorando a propia identidade dunha persoa. So creando a nosa opinión cara os demais por como se visten. 
Se so pensamos que nos van a xulgar pola nosa aparencia e non por quen somos, un día non poderemos manter esa aparencia e non seremos ninguén.
Debemos recordar sempre, todo se pode gañar, ter ou perder, pero, o que somos  como persoas, vai ir sempre con nos. 
E agora temos que preguntarnos "En que me vou centrar?", "Cál é o centro da miña vida?". Algo independentemente dos amigos, da parella, do material, etc. 
Pensamos que o que debe estar son os valores, os principio como persoa.
Estes principios non teñen relixión, son iguais para ricos e para pobres, non se compran nin se venden. Todos podemos telos sexa cal sexa a nosa situación e condición.
Cales son eses principios? Son aqueles que marcan o noso comportamento. Algo que todos temos e tratamos de actuar segundo  eles: o amor, a honestidade, a gratitude, a lealdade, a responsabilidade, etc. Os principios nunca nos fallarán. Imaxinádevos vivindo exactamente ó contrario deses valores, mentindo, sendo desleal, egoísta, etc. Non sería posible vivir así, acabaría pasando factura a larga.
Ante calquera problema ou dúbida podemos preguntarnos "Qué principio  debería aplicar aquí?" Por exemplo, senón confían en ti, aplica o principio da honestidade, vai axudar moito se fas o que cres que é honesto nese momento.
Un dos primeiros principios que debemos acuñar, e que é fundamental na nosa vida, é: “trata os demais como che gustaría que che trataran a ti”.
Si estamos nunha situación difícil pensamos no principio que debemos aplicar e seguimos adiante sen mirar atrás.
Vamos facer un experimento:
Pensamos nas letras das cancións que máis vos gustan e mirar si teñen algo que ver cos  vosos principios.
Na vida todos e cada un de nós, si queremos evolucionar e dar un cambio na nosa vida, temos que facelo dende nos mesmos dende dentro, e non esperar que o fagan por nos, nin nosos pais, os amigos ou o profesor. Temos que querer nós. Cambiar, facer as cousas por nos mesmos, e comprometernos con cumprir.
Algunha vez os amigos ou compañeiros  quedaron de chamar e non chamaron, que dixeron de ir contigo e non ir, deixas de confiar nel. O mesmo pasa con cada un de nos si deixamos de cumprir o que nos propoñemos, por exemplo, “farei os deberes cando chegue a casa”, o non cumprilo, así é, como pouco a pouco, imos deixando de confiar en nos mesmos.
Debemos empezar con pequenos compromisos que podamos cumprir e así ir camiñando hasta aqueles que poden custar máis. Si o fas vas a sentirte mellor contigo mesmo.
Unha promesa, pode ser, levantarte unha semana a hora que planificastes, facer a cama,...
Temos que escoitar a nosa linguaxe antes de empezar.
Son negativ@ ou son positiv@ para min mesm@. Negativ@  “Eu son así” “Non se me da ben esa sinatura”,  “sácame dos nervios”… Oféndese facilmente , culpan os demais dos seus problemas, esperan que as cousas cambien soas.
O que temos que ter claro é que non podemos controlar todo o que nos pasa . Pero si podemos controlar a reacción do que nos pasa.
Hai cousas que non podemos controlar a nosa situación familiar, económica, erros do pasado…O que si podemos controlar é a nosa actitude sobre o que nos pasa, a nosa reacción e as decisións que tomemos.
O que si deberiamos facer e non gastar as enerxías en lamentarnos ou preocuparnos  por cousas que non podemos cambiar, e centrarnos en como podemos afrontar esas cousas. Non é o que nos pasa na vida, é como nós o afrontamos o que nos fai saír adiante. Hai compañeiros que a vida lle foi ou é dura pero saben como afrontar iso e están sempre con un sorriso e tirando, e outros, por uns kilos, por non ter a roupa ou móbil son uns desgraciados.
Podemos pasarnos a vida lamentándonos polo que non temos ou podemos facer, ou centrarnos naquelo que podemos.

Vamos a centrarnos en dúas frases moi importantes  que debemos ter en conta unha é a que dixemos o principio “non lle fagas os demais o que non queres que che fagan a ti", e a outra debe ser  “ non permitirei que …”
Continuaremos.....