lunes, 27 de mayo de 2013

sábado, 25 de mayo de 2013

De onde vimos...

Iria e Katia 5º de Primaria

Toca Texto 1

Antes de empezar a traballar sobre o texto mirar este enlace sobre comprensión lectora

viernes, 24 de mayo de 2013

A FROITA


Como algúns dos alumnos dos talleres nos resistiamos a tomar froita antes de comezar a traballar, buscamos información e falamos sobre a necesidade de tomar a froita e polo que é necesaria para o noso organismo. Esperamos que todos o teñamos en conta
A case todos nos gusta a froita e sabemos que é un alimento beneficioso para o organismo pola cantidade de nutrientes que nos brinda para o correcto desenvolvemento das diferentes funcións que levamos a cabo a diario. A pesar de saber todo isto en moitas ocasións seguimos dubidando do momento idóneo para tomar a froita.
Por norma xeral a froita comémola despois das comidas, xa que consideramos que se trata dunha sobremesa, aínda que é o peor momento do día para comelas, pois a maioría dos nutrientes que nos brinda se perden durante o proceso dixestivo, ao ser máis longo do normal e fermentar no estomago. Polo que o mellor momento para comela é entre horas, que é cando temos o estomago baleiro e polo tanto non pode facer que se retarde a dixestión nin se fermente.
O bo sería comezar a xornada con froita. É un bo xeito de cargarnos de enerxía antes de ir para o colexio para render en clase, ao igual que consumila a media mañá e a media tarde. Isto fai que a froita sexa o mellor refrixerio da tarde antes de estudar ou facer os deberes








viernes, 17 de mayo de 2013

De ponte chovendo e con LELA de fondo




As imaxes que aparecen neste blog utilízanse unicamente con fins educativos para espertar nos nosos alumnos o gusto pola arte e pola beleza. Se alguén se sente prexudicado  que nolo comunique e as retiramos.

Para todos os que pensabades que as cancións galegas eran todas para vellos aquí tendes un grupo que demostra todo o contrario. Converten as cancións máis populares e arraigadas en ritmos de actualidade. Non teñen tanta sona como Melendi....
 


Para os máis pequenos/as esta bonita canción



É unha poesía de Rosalía de Castro do libro  "Cantares Gallegos

Día das Letras Galegas





jueves, 16 de mayo de 2013

TOCA TEXTO!


Ola rapaces e rapazas!
Aquí estou. Son Bárbara e creo que necesitades un pouco de caña,ja,ja..
Despois de termos unha charla Carmela e máis eu, decidimos facer algo novo para vós, pois cremos que, en xeral, coxeades un pouco no tema de expresión, exposición, coherencia, cohesión, á hora de traballar un texto.
Pensamos introducir neste blog un novo apartado ao que chamaremos
 TOCA TEXTO!
O que pretendemos é que logredes acadar, de maneira sinxela, uns obxectivos básicos á hora de tratar todo tipo de textos: un conto, un poema, unha noticia, unha carta, unha solicitude, unha crónica, un correo electrónico,…
Algo, sen dúbida, necesario para a vosa vida diaria de estudantes hoxe, e de futuros traballadores nun futuro próximo, porque a boa expresión é  necesaria en todas as materias e en todos os ámbitos.
Para non agobiarvos , imos poñer un texto á semana. Debedes analizalo e logo entregárnolo para corrixir. Eu direivos unhas pautas que debedes seguir para a creación e a análise.
Non vos asustedes!   Imos ir pouco a pouco, comezando con textos sinxelos para ir aumentando a dificultade progresivamente e de maneira individual.
Saúdos!!

Conjugador de verbos


Introduce cualquier infinitivo y Onoma te devolverá la conjugación completa

Himno de Galicia (subtitulado)

miércoles, 15 de mayo de 2013

NEIRA VILAS EN OUTES


 

Neira Vilas, anfitrión da semana grande das Letras Galegas en Outes
O auditorio da Casa da Cultura acolleu, logo do percorrido inaugural pola mostra, un coloquio do escritor con preto de douscentos asistentes ao acto. Entre eles atopábase o alumnado do IES Poeta Añon e os estudantes de sexto curso dos CEIP Serra de Outes e Emilio Navasqües, acompañados polo seu profesorado e por integrantes dos equipos de dinamización da lingua galega.
Tamén acudiron á cita integrantes do club municipal de lectura, así como membros da ADISMUR (Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros), canda os seus monitores. Todos eles tiveron ocasión de departir co autor arredor da súa obra e dos protagonistas das pezas que conforman a súa ampla produción literaria, especialmente Memorias dun neno labrego e o coñecido Balbino.