viernes, 27 de julio de 2012

Ler en inglés

Boas tardes, como hoxe non fai moi bo día para ir a praia aprobeitei para buscar algúns exercicios en internet para entreter as miñas fillas o que queda de verán, e buscando lecturas sinxelas para reforzar o inglés encontrei unha páxina moi interesante, unha páxina de crucigramas, decateime que é unha maneira moi divertiva de aprender, pois para elas é un pasatempo, pero no que hai que enterder o que estamos a ler e tamén se dan conta de que non sempre fai falta saber todas as palabras para entender o que nos preguntan. Pensei en poñela no blog porque ten tres niveis de dificultade, a ver si algún vos atrevedes...

miércoles, 25 de julio de 2012

domingo, 22 de julio de 2012

Rooted



No blog http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/ tiñan este vídeo penso que é precioso. Espero que vos guste.

sábado, 21 de julio de 2012

Frases da semana


"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora" Proverbio Indú

"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro" Emily Dickinson

Libros acuáticos para o verán
Son uns libros que teñen nas páxinas unha película impermeable que fai que estes se poidan levar a praia, piscina ou ducha, xa que se poden mollar tranquilamente sen ningún problema.


A vaca titiriteira

Despois de ler este conto que me gustou moito, fixen un traballo sobre él. A ver que vos parece. Mónica.

jueves, 19 de julio de 2012

sábado, 7 de julio de 2012

Taller de lectura de verán


O luns día 9 comezamos o taller de lectura para rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO

Para que o taller de lectura?.

Para entre todos ler, saber máis, comentar, compartir, entender, soñar, vivir, rir, chorar, evadirnos, recordar, imaxinar… todo en torno a unha lectura.

O que nos fai entrar no mundo da lectura ten que ser a paixón por un libro, por unha lectura… non hai outro xeito. Por moito que expliquemos e digamos que é moi importante ler temos que descubrilo e experimentalo nós mesmos. Polo que, o gusto por ler non podemos trasmitilo por unha lección nin cun mandato, neste taller imos intentar que sexa un contaxio.

Por que ler?

Porque é unha forma creativa e entretida de pasar o rato

Porque se aprende a falar, escribir, ler, escoitar e entender

Porque ler ofrécenos modelos de actitudes, formas de vida, formas de relacionarnos, entre nós.

Porque nos ensina a razoar

Porque desenvolve a nosa imaxinación.

Porque non é unha actividade pasiva como ver a televisión.

Porque nos axuda a descubrir o mundo.

Porque desenvolve a capacidade de reflexionar con calma.

Porque nos descubrimos a nós mesmos.

Porque nos conta os nosos propios sentimentos, as nosas propias ideas.

Porque nos axuda a formar a nosa personalidade


Vamos a comezar o taller co conto "El diablo de la botella" de Robert Louis Stevenson que está no libro

"CUENTOS FANTÁSTICOS" EDITORIAL AKAL

Contos do libro

1. La ley de la vida. Jack London,

2. La tortura de la esperanza. Villiers de L’Isle-Adam

3. El corazón delator. Edgar Allan Poe,

4. El ojo de Apolo. Gilbert Keith Chesterton,

5. El almohadón de plumas. Horacio Quiroga,

6. Una historia de fantasmas. E.T.A. Hoffmann.

7. Luca Frascati. Leopoldo Lugones,

8. El diablo de la botella. Robert Louis Stevenson,

9. La mano. Guy de Maupassant,

10. Los amigos de los amigos. Henry James,

11. El ceremonial. Howard Phillips Lovecraft

Robert Louis Stevenson, é o autor do libro "La isla del Tesoro"

"Educar" Poema de Gabriel Celaya


Educar es lo mismo

que poner motor a una barca...
hay que medir, pesar, equilibrar...
...y poner todo en marcha.

Para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino...
un poco de pirata...
un poco de poeta...
y un kilo y medio de paciencia
concentrada.

Pero es consolador soñar
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia los puertos distantes,
hacia islas lejanas.

Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera
enarbolada.

Gabriel Celaya.



viernes, 6 de julio de 2012