martes, 27 de diciembre de 2011

Grazas a todos

Os alumnos dos talleres e Carmela dan as grazas pola colaboración e apoio de todos, para nos, é moi importante.
Estamos aprendendo que non é tan fácil subir cousas a un blog. O que máis nos damos conta é o problema das expresións, erros ortográficos, etc. Fai que nos esforcemos máis, temos que dar moitas voltas antes de subilo, e aínda así, cantos erros imos descubrindo.
Pedimos a axuda de todos para que poidamos seguir: a colaboración dos profes, pais, nais... opinade e axudádenos a millorar. Ista experiencia que tivemos hasta agora sírvenos para que coidemos máis a nosa maneira de expresarnos e revisar a nosa ortografía...

Outra cousa da que falamos nos talleres foi da convivencia entre nos e cos que necesitan a nosa axuda. Foron moi interesante as fotos da exposición de Madrid.

Descubrimos traballando entre nos, como dicía a fábula da lebre e da tartaruga, que necesitamos uns dos outros. Nos talleres, un de nos e moi bo en mates, outro nas lingoas e outro en plástica, así podémonos axudar uns a outros, e colaborando sacamos moito máis proveito das clases.
Tamén nos vamos dando conta, agora que estamos na ESO, temos que buscarnos a vida e aprender por nos, non depender tanto das axudas dos maiores porque vai chegar un momento no cal non poidan prestarnos a súa axuda e temos que ser capaces de valernos por nos mesmos.
Temos que aprender a aprender

domingo, 25 de diciembre de 2011

O motor naval artesanal máis pequeno do mundo

O vídeo da montaxe do motor máis pequeno do mundo converteuse nun dos máis populares de Youtube. O seu autor é un xubilado galego de Noia que fixo da mecánica a súa paixón e trata de transmitila aos rapaces en colexios e institutos. Coñecido co alcume de "Patelo",José Manuel Hermo Barreiro é un xenio da mecánica en miniatura.
Fabricar este motor levoulle 1.220 horas de traballo.
Hai máis vídeos onde se ve como funciona en Youtube


viernes, 23 de diciembre de 2011

Feliz Ano Novo



John Lennon - Happy Christmas War Is Over

HAPPY CHRISTMAS ( WAR IS OVER)
FELIZ NADAL ( A GUERRA ACABOUSE)

(Happy Xmas Yoko
Happy Xmas Julian)
( Bo Nadal Yoko
Bo Nadal Julian)

So this is Xmas
Xa estamos en Nadal
And what have you done
E ¿qué fixemos?
Another year over
Pasou outro ano
And a new one just begun
E empeza un novo
And so this is Xmas
Xa é o Nadal
I hope you have fun
Espero que o pases ben
The near and the dear one
cos teus seres queridos
The old and the young
antiguos e novos
A very Merry Xmas
que teñas un bo Nadal
And a happy New Year
e un feliz Ano Novo
Let's hope it's a good one
esperemos que sexa bo
Without any fear
e sin temores
And so this is Xmas
E que xa é o nadal
For weak and for strong
para fortes e débiles
For rich and the poor ones
para ricos e pobres
The world is so wrong
qué errado está o mundo
And so happy Xmas
Así que Feliz Navidad
For black and for white
para blancos e negros
For yellow and red ones
orientales e cobrizos
Let's stop all the fight
paremos a loita
A very Merry Xmas
moi bo nadal
And a happy New Year
e feliz ano novo
Let's hope it's a good one
espermos que sexa bo
Without any fear
e sin temores
And so this is Xmas
xa é o nadal
And what have we done
e qué fixemos nos
Another year over
acabouse outro ano
A new one just begun
e xusto empeza un novo
And so happy Xmas
xa é o Nadal
We hope you have fun
esperamos que vos divertades
The near and the dear one
cos seres queridos e cercanos
The old and the young
antiguos e novos
A very Merry Xmas
Moi bo Nadal
And a happy New Year
e feliz Ano Novo
Let's hope it's a good one
esperemos que sexa bo
Without any fear
sin temores
War is over, if you want it
a guerra acabouse, si ti o queres
War is over now
a guerra xa se acabou
Happy Xmas
Bo nadal
Nota: Yoko era a muller de John Lennon e Julian o fillo que tuvo ca 1ª muller.
Grazas a Pili profesora de inglés do instituto Rosalia de Santiago que nos felicita con esta canción polo Nadal.

Nota: Ler a letra vale a pena e pensade que nos podiamos estar do outro lado, dos que o están pasando mal con guerras, pobreza... así que teñamos un recordo para eles estes días.
Mentres escoitamos a canción e vamos lendo a letra, emociona de verdade é o dobre de bonita.

Pensaba cando escribía no "efecto mariposa" buscade en internet, e que vos parece o que di.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

E vamos con outro problema, aínda máis complicado ca o anterior:
Nunha mesa hai tres sombreiros negros e dous brancos. Tres señores en fila india póñense un sombreiro ao azar cada un e sen mirar a cor.

Pregúntaselle ao terceiro da fila, que pode ver a cor do sombreiro do segundo e o primeiro, se pode dicir a cor do seu sombreiro, ao que responde negativamente.

Pregúntaselle ao segundo que ve só o sombreiro do primeiro e tampouco pode responder á pregunta.

Por ultimo o primeiro da fila que non ve ningún sombreiro responde acertadamente de que cor é o sombreiro que tiña posto.

Cal é esta cor e cal é a lóxica que usou para sabelo?
De:Yeray

lunes, 19 de diciembre de 2011

A Voz do Lago

A VOZ DO LAGO
POR SILVIA TUÑAS AÑÓN
Este libro trata dunhas rapazas. María Mariño, cando tiña mais ou menos dezanove anos. Outra mais nova duns dez anos chamada Irene.
María chega a ese pobo porque súa tía vai recibir un pazo e coñece a Irene que lle cae ben e fanse amigas.
O cabo duns días María descobre un dos segredos do pazo, un diario do dono dese pazo duns séculos atrás , e invita a durmir no pazo a Irene para resolver o misterio xuntas.
Esa noite o dono do pazo actual que estaba enfermo e era moi maior contoulles unha historia sobre o pazo:
Unha vez o dono do pazo viu un corpo nunha rocha do lago e acercouse o pensar que era un ladrón de froita e o acercarse deuse de conta de que era unha muller espida entón marchou e ordenou que a fosen buscar. O home namorouse e ela tamén pero ela era unha serea que o namorarse perdeu a cola, o problema era que non podía falar. Despois tiveron un fillo e o home probou unha cousa tirou o rapaz a fogueira de san Xoán e a nai gritou fillo daquela o rapaz volveuse maior e namorouse dunha serea...


Non vou a seguir contando creo que o hai na biblioteca o que queira pode animarse a ler o libro nas vacacións. A min gustoume moito

A voz do Lago
Editorial Galaxia

Xa corrixín dous erros ortográficos isto de escribir para que o poida ler moita xente fai que pensemos máis nos erros ortográficos teñen razón a nai de María e Carmela non se pasa nada ben cando nos damos conta

Mariquitas para recortar de Silvia



Silvia Tuñas

A Chave da Atlántida

Resumo do libro A Chave da Atlántida:
A-0 e un ser humano artificial que escapa do frigorífico de soño no que o meterán despois de perder o control e matar os pais de Laura.
Despois de escapar, sen saber porque diríxese a casa de Fran o tío de Laura que tamén formara parte na investigación e Fran o encontralo na súa casa diríxese cara Marrocos onde pide axuda a un compañeiro de investigación que esta traballando no descubrimento da Atlántida que e o seu tema favorito.
Alí descobren onde se atopara a Atlántida o día seguinte e para a súa sorpresa vai aparecer na cidade na que vive. Vigo, para seremos exactos nas illas Cíes onde encontran a Atlántida pero un xeneral que tamén formaba parte da investigación mata a Eva .
Para sobrevivir A-0 debe entrar na Atlántida e abrila porque resulta que el e a chave ábrea pero eles séntanse no trono dos reis e a Atlántida non os quere por iso saen dela sen o profesor que resultou ser o cómplice do xeneral.
A-0 salva a Eva e dende entón son unha familia.
SILVIA TUÑAS AÑÓN 1ºB

Libros para ler nas vacacións do Nadal

Estes libros que vos recomendo, gustáronme moito.Xa que imos estar de vacacións podedes aproveitar para ler algùn.

Campos de fresa

Nunca seré tu heroe

El chico que imitaba a Roberto Carlos

Tamén calquera dos libros de Federico Moccia aquí vos deixo a súa páxina para máis información

http://www.federicomoccia.es/

Laura Gosende 2º ESO

Canción de Nadal

jueves, 15 de diciembre de 2011

Vamos con un novo problema matemático, e, posto que é Nadal,vamos a poñer un algo complicado para exprimir as neuronas. Aí vai:
Si 5 gatos cazan 5 ratos en 5 minutos, Cantos gatos cazaran 100 ratos en 100 minutos?.

Por: Yeray

martes, 13 de diciembre de 2011

Lectura para comentar



A fábula da tartaruga e a lebre


Recordas a fábula? Unha tartaruga e unha lebre sempre discutían sobre quén era a máis rápida. Para saír de dúbidas, decidiron facer unha carreira. Elixiron un camiño e comezaron a competición A lebre arrancou a toda velocidade e correu enerxicamente durante algún tempo. Logo, ao ver que levaba moita vantaxe, decidiu sentarse baixo unha árbore para descansar un anaco, recuperar forzas e continuar a súa marcha. Pero quedou durmida. A tartaruga, que andaba con paso lento, alcanzouna, superouna e acabou primeira, sendo a vencedora indiscutible.

Conclusión: Os lentos e estables gañan a carreira.


Pero a historia non termina aquí: a lebre, decepcionada por perder, fixo un exame de conciencia e reconoceu os seus erros. Descubriu que perdera a carreira por ser presumida e descoidada. Se non dera tantas cousas por supostas, nunca lle tería gañado a tartaruga. Entón, desafiou á tartaruga a unha nova carreira. Esta vez, a lebre correu de principio a fin e o seu triunfo foi evidente.


Conclusión: os rápidos e tenaces vencen aos lentos e estables.

Pero a historia tampouco termina aquí: despois de ser derrotada, a tartaruga reflexionou bastante tempo e chegou á conclusión de que non había forma de ganarlle a lebre en velocidade. como estaba plantexada a carreira, ela sempre perdería. Por iso, desafiou outra vez á lebre, pero propúxolle correr por un roteiro lixeiramente diferente. A lebre aceptou e correu a toda velocidade, ata que se encontrou no seu camiño cun ancho río. Mentres a lebre, que non sabía nadar, preguntábase "¿que fago agora?", a tartaruga nadou ata a outra beira do río, continuou ao seu paso e terminou no primeiro lugar.




Conclusión Quen identifica a súa ventaxe competitiva (saber nadar) e cambia o entorno para aproveitala, chega de primeiro.

Pero a historia tampouco termina aquí: O tempo pasou e tanto compartiron a lebre e a tartaruga, que terminaron facéndose boas amigas. Ambas recoñecderon que eran boas competidoras e decidiron repetir a última carreira, pero esta vez correndo en equipo. Na primeira parte, a lebre cargou coa tartaruga ata chegar ao río. Alí, a tartaruga atravesou o río coa lebre nas costas e, na outra beira a lebre levou, outra vez a tartaruga ata a meta. Como alcanzaron a liña de chegada nun tempo récord, sentiron unha maior satisfación que a que experimentaran nos seus logros individuais.


Conclusión: É bo ser individualmente brillante e ter fortes capacidades personais.

Pero, a menos que sexamos capaces de traballar con outras persoas e potenciar recíprocamente as habilidades de cada un, non seremos completamente efectivos. Sempre existirán situacións para as que non estamos preparados e que xunto con outras persoas poden afrontarse mellor.
A lebre e a tartaruga tamén aprenderon outra lección vital: Cando deixamos de competir contra un rival e comezamos a competir contra unha situación, complementamos capacidades, compensamos defectos, potenciamos os nosos recursos... e obtemos mellores resultados!
"Para ser exitoso non tes que facer cousas extraordinarias. Fai cousas ordinarias, extraordinariamente ben"


Grazas a Mara e María por mandar a fábula para comentar

viernes, 9 de diciembre de 2011

Vamos a ver os pasos polo miúdo "PARA APROBAR"


1º paso
Coidado do corpo

Para rendir na escola e no estudo debemos de coidar o noso corpo
  • Durmir as horas necesarias, non debemos roubarlle horas o sono. Sobre todo si temos un exame debemos durmir moito  e ben para poder rendir a tope
  • Comer o necesario: antes de ir a clase hai que facer un bo almorzo, e antes de estudar merendar ben, non sentarnos a estudar con fame para non distraernos.
  • Comer verduras e froitas que teñen moitas vitaminas, e son moi boas para a forza física e mental. Beber leite ou tomar iogures todos os días pois teñen moito calcio e é moi bo para todo pero sobre todo para fortalecer os ósos. Tomar tamén alimentos ricos en proteínas, carne, peixe e ovos. Estes alimentos son fundamentais para darnos enerxía e para desarrollar o corpo  
  • A memoria necesita para fortalecerse fósforo e magnesio. Sabedes que alimentos o teñen (seguro que estos non vos vai a custar moito traballo comelos) chocolate, froitos secos, e tamén ainda que non sexan tan ricas as, as legumes.
  • Non poñerse a estudar ao rematar de comer. Debemos de deixar pasar unha hora polo menos. 
2º Paso
A clase está para aproveitar a tope
  • Hai  que preparar a clase: debemos ler o que o profesor/a explicou o día anterior e o tema  novo que vai explicar. para saber do que vai a falar na clase, isto vai axudarnos a estar atentos.
  • Coller apuntamentos sobre o que van dicindo (hai cousas que van repetir e insistir nelas varias veces), isto pode darnos pistas do que para eles é importante e pode poñelo nos exames. así que se participamos activamente na clase collendo os apuntamentos e atendendo temos o 50% do éxito conseguido.
  • Se estamos atent@s ao que di o profesor/a vaino a ter en conta á hora de avaliar porque "controlan" perfectamente quen ten interese e quen pasa de todo. Esta impresión do profesor as veces pode decidir entre un suspenso / aprobado ...

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Feliz Nadal

guirnalda



Panxoliñas do Nadal
Hai un vento cheo de frio
apousado nos camiños.
E no ar un asubío
todo cheo de aloumiños
pero un vento milagreiro
nascerá pol-o Nadal.
Brilará coma un luceiro 
pra alomear o portal

Xa nas ponlas dun carballo 
nasceu un vento ventiño
ten doces versos de orballo
e azas de paxariño
Ten azas de paxariño
e craridades de día
que llas deu Jesús Neniño
e Santa Virxe María
                           Manuel María
      ----------------------------
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
e mentres ollaba ao neno,
comeulle o sombreiro o boi
                       Luis Seoane
-----------------------------------

Fai os Crebacabezas mentras escoitas panxoliñas






Para os máis pequenos  espero que vos  guste



sábado, 3 de diciembre de 2011

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

No mundo unha de cada dez persoas vive con unha incapacidade.
No ano 1992  A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o día 3 de decembro Día Internacional  das Persoas con  Discapacidade   para  fomentar  unha maior integración na  sociedade.

Abrigámonos no inverno

Este enlace é para que aprendan xogando os máis pequenos espero que vos guste.

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/INVERNO/inverno.html

O cumpreanos da Constitución

O próximo martes día  6 non hai colexio  porque se celebra o día da Constitución atopei en internet este conto.

http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com/

viernes, 2 de diciembre de 2011

Internet seguro

Un xogo moi sinxelo que nos di cal é a maneira de actuar ante os riscos que nos podemos atopar en Internet


http://espanol.sbc.com/help/internet_safety/just_for_kids/game.html

Os números

jueves, 1 de diciembre de 2011

A Prehistoria

Algúns primates foron evolucionando ata formar os primeiros homínidos.
1º Posición vertical e marcha bípede.
2º Aumento capacidade cranial e o desenvolvemento do cerebro.
3º As mans utilizáronas para manipular obxectos e non para camiñar.
4º A diminución das mandíbulas e dos dentes e a aparición do queixo e da fronte plana
Aumentan a intelixencia e a aparición dun linguaxe.

Australopithecus:      Homo          Homo          Homo                 Homo
                                       habilis         erectus        sapiens         sapiens sapiens




O Paleotítico: Comeza coa aparición do primeiro ser humano. Alimentábanse de froitos, da pesca e caza. Eran nómades. Descubriron o lume de forma casual e despois comezaron a prendelo eles mesmos. Utilizaban pedras talladas para fabricar obxectos. Despois de sílex e óso ou hasta.

Comezaron a buscar a forma de influír sobre a natureza mediante cerimonias rituais. Tamén a enterrar os mortos xunto con obxectos que se coñecen como enxoval funerario. O feito de enterramentos dá a posibilidade da existencia de ritos funerarios, que reflicten unha preocupación pola morte. 

Pintaban e esculpian escenas de caza. Pensouse que a pintura rupestre formaba parte dun ritual máxico que tiña que ver ca caza. Tamén se cre que as covas con pinturas eran santuarios. Os homes/ mulleres deixáronnos mostras de arte mobiliar. As Venus paleoplíticas eran estatuíñas esculpidas en pedra relacionadas co culto e a fecundidade.

O Neolítico: Eran sedentarios, aprenderon que as sementes soterradas boixo terra daban lugar a unha nova planta, por iso empezaron a cultivar. Foi a orixe da agricultura. 
Observando os animais permitiu o orixe da gandaría. Os labores agrícolas fixeron necesarios instrumentos especializados e a invención dunha nova técnica: a pedra puída, outra necesidade foi a de almacenar por iso naceu a cerámica e do mesmo modo se inventou a forma de elaborar tecidos. 
O uso das pedras semipreciosas desenvolveu a minaría. Ademais da zona do crecente fértil, a agricultura expandiuse noutras partes da Terra. Ex: os Andes...

A idade dos Metais: deu lugar a utilización dos metias como o cobre, o bronce e o ferro. Os primeiros útiles deron lugar a metalurxia pero a verdadeira metalurxia xurdiu máis adiante a empezaron a utilizar a forxa. Unha nova fase é a fundixión e finalmente a siderurxia. A metalurxia era un traballo que requiría especialistas. A producción das mercadorías produciu o comercio e paralelamente xurdiron as primeiras técnicas de navegación e inventouse a roda. As primeiras cidades produciron o aumento de poboación e as aldeas comezaron a ter moitos edificios e murallas e así é como xurdiron as cidades, os grupos sociais e os gobernantes das cidades. Tamén xurdiron os megalíticos como o menhir, o dolmen e o crómlech. 
Prehistoria na Península Ibérica: A presenza dos primeiros humanos na península ibérica é moi antiga, en Atapuerca atopáronse os restos dos humanos máis antigos. Máis adiante a península estivo poboada por homo sapiens e na etapa final do paleolítico como homo sapiens sapiens que fixeron as primeiras obras de arte. As pinturas rupestres: na zona cantábrica naturalistas e na demiterránea ou levantina ou esquemática. 
O Neolítico: As comunidades neolíticas apareceron na Península Ibérica e os depósitos arqueolóxicos máis antigos localízanse na Costa Mediterránea e o desenvolvemento do megalitismo comezou a finais do Neolítico. Cara o terceiro milenio a.C estendeuse a metalurxia e o cobre. Maís tarde desenvolveuse a metalurxia do bronce. 

  


Resumo feito por: Silvia Tuñas 
Antía Villar 
1º E.S.O

Poco que perder y mucho que ganar de Yeray Lorenzo García 1ºA

Relato Para Lengua Castellana


Corría el año 1936, la familia González era una familia pequeña, lo cual era raro en aquellas épocas, unida y sobre todo muy educada. Tan solo la formaban tres miembros, el padre Juan, la madre, Lidia y la hija, María. Ninguno de los tres tenía mucha relación con el resto de su familia aunque tampoco se llevaban mal. Habitaban en Huelva, en una casa moderna y bonita.
Luego del golpe de estado del 17 y 18 de julio, llevado a cabo por una parte del ejército contra el gobierno de la segunda republica española, se desencadeno la Guerra Civil entre republicanos y nacionalistas contra gran parte del alto mando militar, se comenzó a reunir gente para luchar por parte del gobierno a cusa de querer evitar que el ejército tomara posesión de España.
Cuando llego la noticia a la casa de los González de que todos los hombres mayores de 16 años, republicanos o nacionalistas deberían despedirse rápidamente de sus familias para tomar parte del convoy que saldría de sus respectivos pueblos, Juan echó a llorar porque era una persona muy emotiva y sobre todo si se trataba de despedidas, más en este caso, al marcharse a la guerra. Juan se fue de casa al parque, un lugar cercano a su residencia. Allí pensó en que palabras decir para que todo esto no resultara muy duro, sobre todo para su hija que aún no sabía nada a causa de que se encontraba en casa de una amiga.
Juan pasó el resto de la tarde paseándose por el parque hasta que llego la noche y volvió a casa. Ya en casa, la cena transcurrió sin una sola palabra. Luego de cenar, Juan dijo a su familia que se fuera al salón. Ya en el salón, dijo:
-Mañana me marcho en el convoy de las siete hacia Madrid para saber cuál será mi delegación en la guerra-Su hija y su esposa echaron a llorar- No quiero que lloréis, ser fuertes y yo también lo seré. Os prometo que todo saldrá bien.
Su hija se dirigió a él con un simple ``adiós papá´´ y su esposa le dijo `` chao cariño, se fuerte, seguro que todo saldrá bien´´.
Al día siguiente, Juan se levanto a las cinco de la maña. Desayunó, fue a su ropero y cogió únicamente dos pantalones, dos chaquetas y tres camisas. Sin tan siquiera decir de nuevo adiós, partió hacia el punto de salida del convoy, la plaza del ayuntamiento. Pero de camino a la plaza, pasó por el parque, se sentó en su banco favorito y dijo una frase al aire, tan emotiva como ``adiós mundo, adiós humanidad, adiós para siempre.
Cuando llego a la plaza estaban allí todos sus conocidos, Manuel, Dani, David y muchos más, pero a pesar de ser muy buenos amigos nadie dijo una palabra. La tensión se notaba en el aire y se podía cortar con un cuchillo.
A la llegada del convoy, se oyó una gran cantidad de sollozos. Del primer camión descendió un coronel del ejército con una hoja de papel en la mano. Fue diciendo los nombres de todos que teóricamente deberían estar allí, los que no estaban, se le ponía una marca en la lista para localizarlos y matarlos. Los que estaban se fueron subiendo por orden a los camiones, pero aún sin una sola palabra. Cuando todos estaban ya a bordo el convoy partió hacia su destino Madrid.

Repartir unha tarta

Como farias para partir unha tarta (redonda) en oito racións iguais facendo so tres cortes?

Prezi

Aquí temos un novo programa para facer algo parecido a un cmap pero moito máis divertido e cuns resultados finais máis espectaculares. E como un gran muro en branco no que se pode escribir, insertar  vídeos, imaxes e moito máis. Calquera tema podemos metelo recadando toda a información de Internet e asegúrovos que cando terminedes de pasalo tan ben xa sabedes o tema. Veredes un modelo que fixemos sobre as plantas. Aquí tendes o enlace por on de acceder o programa, só e crear unha conta e a traballar:
 http://prezi.com/                                                                                                                 
Para calquera dúbida deixade o voso comentario e será contestado o máis rápido posible.