Responde o seguinte cuestionario para saber se estás a estudiar ben ou necesitas mellorar algo.
Aqui poderás encontrar traballos escolares e de apoio, realizados por nenos e nenas os que lle gusta aprender e ensinar o que aprenden
viernes, 28 de septiembre de 2012
jueves, 27 de septiembre de 2012
Traballos de Paula Caamaño
Un powerpoint coa clasificación dos animais
Tamén ten unha gran imaxinación e fai poucos días fixo este bonito conto.
Como lle gusta moito xogar no ordenador fixeron uns divertidos xogos para pasar o tempo e tamén aprender algo de matemáticas.
Tamén ten unha gran imaxinación e fai poucos días fixo este bonito conto.
Como lle gusta moito xogar no ordenador fixeron uns divertidos xogos para pasar o tempo e tamén aprender algo de matemáticas.
miércoles, 26 de septiembre de 2012
O robot Curiosity da NASA descubriu rochas que foron talladas e moldeadas por correntes de auga na superficie de Marte.
O robot Curiosity da NASA descubriu rochas que foron talladas e moldeadas por correntes de auga na superficie de Marte. Anteriores misións ao Planeta Vermello xa detectaran indicios da presenza de auga, pero é a primeira vez que se encontran pedras forxadas por regueiros ou ríos.
"Polo tamaño das pedras podemos interpretar que a auga se movía ao redor dun metro por segundo, cunha profundidade que a unha persoa lle chegaría polo menos ata os nocellos, e quizais ata a cadeira", dixoWilliam Dietrich, xefe de investigadores da misión.
Non se pode precisar cando nin por canto tempo estes regatos percorreron a superficie de Marte, pero, segundo indicou onte John Grotzinger, do Instituto de Tecnoloxía de California "teñen varios miles de millóns de anos"
LEREVER: "Como una novela", Daniel Pennac
LEREVER: "Como una novela", Daniel Pennac: Capítulo 1: “O verbo ler non soporta o imperativo” Capítulo 49: “O tempo para ler sempre é tempo roubado... O tempo para le...
martes, 25 de septiembre de 2012
ORIENTACIÓN: ALGUNHAS CLAVES DA REFORMA EDUCATIVA: LOMCE
ORIENTACIÓN: ALGUNHAS CLAVES DA REFORMA EDUCATIVA: LOMCE: El anteproyecto de reforma educativa aprobado por el Consejo de Ministros el pasado viernes 21 de septiembre, porpone implantar evaluaci...
lunes, 24 de septiembre de 2012
Aprender a aprender
Se observamos os nosos alumnos vemos que hai unha serie de problemas cos que se atopan a hora de poñerse a estudar, os máis frecuentes son:
· Non programarse un horario de estudo
· Desorde no lugar de estudo
· Ausencia de método ou sistema de estudo
· Non ser capaz de distinguir as ideas principais das secundarias nun texto
· Dificultades de concentración tanto na ca clase como na casa
· Un nivel lector lento e non comprender o que se lee
· Non coñecer técnicas que axuden a memorizar
· No ter práctica na toma de apuntes
· Non saber resumir un texto, facer esquemas
· Non saber estudar para os exames, pensar que estudar é pegarse un atracón o día antes.
· Non durmir, nin alimentarse adecuadamente ….
Nos talleres de Técnicas de Traballo Intelectual e Competencias Básicas co propósito de axudar a superar estas dificultades vamos a poñer a vosa disposición unha serie de recursos e estratexias que vos axuden a superar estas dificultades no estudo e a mellorar o voso rendemento.
Aquí vos deixo as 10 pistas para recordar para aprobar do curso pasado que traballaremos unha a unha polo miudo 
1ª Elixe, sempre que poidas, un lugar fixo para estudar tranquilo/a e afastado de distraccións. Se é necesario, fala coa túa familia para crear un clima adecuado.
2ª Prepara as cousas que vaias necesitar antes de sentarte.
3ª Coida o ambiente para que esteas cómodo durante o tempo de estudo: ventilación, boa iluminación, cadeira e mesa confortable, etc.
4ª Organizate ben. Converte o estudo diario nun hábito. Custarache menos.
5ª Confecciona o teu horario de estudo persoal. Ten en conta cando estás mais despexado.
6ª Non fagas burradas co teu estudo. Tómate un descanso duns dez minutos tras cada hora de estudo para despexar a mente. Non é o revés, estudar dez minutos e descansar unha hora.
7ª Fixate obxectivos para períodos curtos e céntrate neles para cumprilos.
8ª Concéntrate moito e logo divirtete cos teus amigos.
9ª Ollo co móbil!. Desconéctao mentes estudas. Evita as mensaxes, os toques e as chamadas, que acaban desconcentrándote.
10ª Desconecta tamén o facebook, tuenti...etc. Dedica un tempo fixo a conectarte cos teus amigos, para que non che roube o teu tempo de estudo.
Responde o seguinte cuestionario para saber se estás a estudiar ben o necesitas mellorar algo.
domingo, 23 de septiembre de 2012
sábado, 22 de septiembre de 2012
Tes privacidade de verdade nas redes sociais?
Nas redes sociais son demasiado abundantes os datos que unhas persoas achegan sobre os demais e é, por desgracia e sobre todo na adolescencia cando se fai as veces dun xeito inconsciente e temerario. Fronte a isto debemos defender a nosa privacidade e iso supón que:
- supervisemos o que se publica de nós
- informemos os demais sobre o noso criterio ao respecto
- e exercer se é preciso o noso deretito a eliminalos como pode ser por exemplo a etiquetaxe nas fotografías
Nas Pantallas Amigas vas atopar máis información sobre a privacidade Online
viernes, 21 de septiembre de 2012
jueves, 20 de septiembre de 2012
FRASE DA SEMANA
Se tes unha mazá e eu teño unha mazá e intercambiámola, ti e eu seguimos tendo unha mazá cada un- Pero si tes unha idea e eu teño unha idea e a intercambiamos, cada un de nós teremos dúas ideas
(Bernard Shaw)
(Bernard Shaw)
martes, 11 de septiembre de 2012
sábado, 8 de septiembre de 2012
Vacacións
miércoles, 5 de septiembre de 2012
Que é ensinar?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)