lunes, 24 de septiembre de 2012

Aprender a aprender


Se observamos  os nosos alumnos vemos que hai  unha serie de problemas  cos que se atopan a hora de poñerse a estudar, os máis frecuentes son:
·         Non programarse  un horario de estudo
·         Desorde no lugar de estudo
·         Ausencia de método ou sistema de estudo
·         Non ser capaz de distinguir as ideas principais das secundarias nun  texto
·         Dificultades de concentración tanto na ca clase como na casa
·         Un nivel lector lento e non comprender o que se lee
·         Non coñecer  técnicas que axuden a memorizar
·         No ter práctica na toma de apuntes
·         Non saber resumir un texto, facer esquemas
·         Non saber estudar para os exames, pensar que estudar é pegarse un atracón o día antes.
·         Non durmir, nin alimentarse adecuadamente ….

Nos talleres de Técnicas de Traballo Intelectual e Competencias Básicas co propósito de axudar a superar estas dificultades vamos a poñer a vosa disposición unha serie de recursos e estratexias que vos axuden a superar estas dificultades no estudo e a mellorar o voso rendemento. 
Aquí vos deixo as 10 pistas para recordar para aprobar do curso pasado que traballaremos unha a unha polo miudo 


Elixe, sempre que poidas, un lugar fixo para estudar tranquilo/a e afastado de distraccións. Se é necesario, fala coa túa familia para crear un clima adecuado.

Prepara as cousas que vaias necesitar antes de sentarte.


Coida o ambiente para que esteas cómodo durante o tempo de estudo: ventilación, boa iluminación, cadeira e mesa confortable, etc.

Organizate ben. Converte o estudo diario nun hábito. Custarache menos.

Confecciona o teu horario de estudo persoal. Ten en conta cando estás mais despexado.

Non fagas burradas co teu estudo. Tómate un descanso duns dez minutos tras cada hora de estudo para despexar a mente. Non é o revés, estudar dez minutos e descansar unha hora.

Fixate obxectivos para períodos curtos e céntrate neles para cumprilos.

Concéntrate moito e logo divirtete cos teus amigos.

Ollo co móbil!. Desconéctao mentes estudas. Evita as mensaxes, os toques e as chamadas, que acaban desconcentrándote.

10ª Desconecta tamén o facebook, tuenti...etc. Dedica un tempo fixo a conectarte cos teus amigos, para que non che roube o teu tempo de estudo.
Hai un libro que me parece moi interesante que é "Aprendiendo a Estudiar" Editorial AKal, é un libro que ten unha serie de técnicas e recursos moi interesantes para traballar as Técnicas de Estudio cos nosos alumnos.

Responde o seguinte cuestionario para saber se estás a estudiar ben o necesitas mellorar algo.


4 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Parécenme unhas pistas moi acertadas. Voullas pasar a miña filla maior, je,je. Unha aperta.

Carmela dijo...

Ana hay un libro muy bueno para nosotros, muy claro y sencillo para ellos también que es "Aprendiendo a estudiar Editorial AKAL.Yo lo uso mucho

Ana Martínez dijo...

Gracias por la recomendación, Carmela, intentaré conseguirlo. Un beso.

MAR dijo...

Parécenme unhas normas moi interesantes e importantes que non debían de faltar a toda persoa que estuda. Moitas grazas..