viernes, 9 de diciembre de 2011

Vamos a ver os pasos polo miúdo "PARA APROBAR"


1º paso
Coidado do corpo

Para rendir na escola e no estudo debemos de coidar o noso corpo
  • Durmir as horas necesarias, non debemos roubarlle horas o sono. Sobre todo si temos un exame debemos durmir moito  e ben para poder rendir a tope
  • Comer o necesario: antes de ir a clase hai que facer un bo almorzo, e antes de estudar merendar ben, non sentarnos a estudar con fame para non distraernos.
  • Comer verduras e froitas que teñen moitas vitaminas, e son moi boas para a forza física e mental. Beber leite ou tomar iogures todos os días pois teñen moito calcio e é moi bo para todo pero sobre todo para fortalecer os ósos. Tomar tamén alimentos ricos en proteínas, carne, peixe e ovos. Estes alimentos son fundamentais para darnos enerxía e para desarrollar o corpo  
  • A memoria necesita para fortalecerse fósforo e magnesio. Sabedes que alimentos o teñen (seguro que estos non vos vai a custar moito traballo comelos) chocolate, froitos secos, e tamén ainda que non sexan tan ricas as, as legumes.
  • Non poñerse a estudar ao rematar de comer. Debemos de deixar pasar unha hora polo menos. 
2º Paso
A clase está para aproveitar a tope
  • Hai  que preparar a clase: debemos ler o que o profesor/a explicou o día anterior e o tema  novo que vai explicar. para saber do que vai a falar na clase, isto vai axudarnos a estar atentos.
  • Coller apuntamentos sobre o que van dicindo (hai cousas que van repetir e insistir nelas varias veces), isto pode darnos pistas do que para eles é importante e pode poñelo nos exames. así que se participamos activamente na clase collendo os apuntamentos e atendendo temos o 50% do éxito conseguido.
  • Se estamos atent@s ao que di o profesor/a vaino a ter en conta á hora de avaliar porque "controlan" perfectamente quen ten interese e quen pasa de todo. Esta impresión do profesor as veces pode decidir entre un suspenso / aprobado ...

No hay comentarios: