jueves, 22 de noviembre de 2012

Pequena confesión


POR QUE ME FUNCIONAN OS PREZIS E AS NOVAS MANEIRAS DE ESTUDAR?
Ben, hoxe vouvos contar unhas pequeniñas cousas, eu son un rapaz que cando se pon a estudar aos cinco minutos estou  noutro mundo, e cando me dou de conta xa pasaron 2 horas perdendo o tempo.

Ata aí ben. Pero hai algo no que nunca me desconcentro que é na informática, son todo un friki, estudoso, (pero non das sinaturas) senón da informática e todos os adxectivos que me sirvan para expresar o devezo que sinto pola informática, pero non polo tuenti, facebook, nin esas chorradas, que tamén me gustan pero eu uso o ordenador para codificación, aprender, etc...
Eu vou os Talleres de Aprender a Aprender dende fai dous aniños, e dende que empecei a profe fixouse nas miñas dotes informáticas e que era a única maneira de que estudara sen protestar ou cansarme. Eu empecei a facer resumos, mapas conceptuais, prezis, etc... E todo iso axudoume a aprender dunha maneira máis rápida, mellor e entretida. E eu creo que non só o creo eu, eu creo que ata a persoa que xamais tocou un ordenador, ese tipos de cousas lles axudaría a mellorar nos seus estudos.

Grazas por ler este pequeno texto.

Anxo  2º ESO

2 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Anxo, fantástica reflexión. Eu tamén estou dacordo contigo. Un saúdo.

Anónimo dijo...

Si señor, as cousas claras, con esas ideas seguro que conseguiras todo o que te propoñas. Un saúdo