martes, 22 de enero de 2013

AL-ANDALUS

 Antía Villar 2º ESO
  1. A historia de Al-Andalus. No ano 711 había unha guerra civil entre don Rodrigo e familiares do anterior rei. Estes últimos pedíronlles axuda aos musulmáns. Musa, o gobernador dos musulmáns do norte de África e Tariq derrotaron o exército de don Rodrigo na batalla de Guadalete. Pero Musa e Tariq non lle devolveron o poder aos visigodos e conquistaron gran parte da península debido a que encontraron pouca oposición. Ao territorio baixo o seu control chamáronlle Al-Andalus. Al-Andalus pasou a estar gobernada por un emir dependente do califato de Damasco, e Córdoba coberteuse na capital do territorio. O emirato independente. No 750 os Abasidas fixéronse co poder e a familia Omeia foi asasinada excepto Adberramán, que escapou á península Ibérica. No ano 756 proclamouse emir de Córdoba co nome de Adberramán I. Este título significaba que os gobernadores de deixaban de obedecer ao califa, aínda que seguían obedecendo a súa autoridade relixiosa. O califato de Córdoba. Adberramán III herdou o trono no ano 912 e titulouse califa máis tarde. Este título significaba que ademais de dirixir o goberno, era a autoridade relixiosa do seu reino. O califa era auxiliado polo hayib (primeiro ministro), polos visires (especies de ministros) e polos valís que gobernaban as provincias. No ano 976 chgou ao califato Hisham II de once anos. O goberno quedou nas mans do xeneral Almanzor. Este realizou máis de 50 razzias, campañas de saqueo para facer botín e prisioneiros. Os reinos de taifas. No ano 1031 o califato dividiuse en reinos de taifas. As taifas foron fustrigadas polos reinos cristiáns do norte. As taifas pagaban parias (tributos) aos reis cristiáns. En 1085 Toledo caeu nas mans cristiáns. Entón os musulmáns chamaron na súa axuda aos almorábides. Almorábides e almohades. Os almorábides pasaron a península para frear o avance cristián. En 1147 os almorábides foron substituídos polos almohades. Só a unión dos exércitos cristiáns permitiu frear aos almohades na batalla das Navas de Tolosa en 1212. Logo desta victoria os cristiáns conquistaron case toda Al-Andalus. O reino nazarí de Granada. O reino de Granada converteuse no último territorio musulmán na península. Estaba gobernado pola familia Nars. Durante case dous séculos foi vasalo de Castela. Os gobernantes granadinos debáin pagar tributo aos reis cristiáns e axudalos en caso de guerra. Os enfrontamentos internos debilitaron o reino e foi conquistado polos reis católicos no ano 1492.



  2.Unha economía próspera. A maior parte da poboación de Al-Andalus dedicábase a agricultura. Os musulmáns achegaron novas técnicas de regadío e introduciron novos cultivos. Nas cidades desenvolveuse unha artesanía de calidade. Al-Andalus tamén foi o centro dun comercio moi activo. Exportábanse produtos artesáns a cambio de escravos e ouro. Para os intercambios usaban dúas moedas: o dinar de ouro e dirhem de prata
 3.Unha sociedade desigual. O grupo máis importante eran os conquistadores. Estes dividíanse en: -Os árabes tiñan as mellores terras e os cargos do goberno. -Os béberes eran máis numerosos, pero obtiberon menos beneficios e protagonizaban revoltas. O resto da poboación dividíase en: -Os muladís eran antigos cristiáns que adoptaron a reluixión, os costumes e a lingua do islam. Algúns fixérono porque así non tiñan que pagar impostos. -Os mozárabes eran os cristiáns que continuaron practicando a súa relixión. Estes pagaban impostos. -Os xudeus eran unha minoría moi activa na economía. Vivían en barrios separados.
  4.Un mundo urbano. O islam era unha civilización urbana. Os musulmáns fundaron moitas cidades xunto a vales fértiles. Al-Andalus contou con moitas grandes cidades. Nas cidades vivía a aristocracia, na medina. E a clase media vivía nos arrabaldes das cidades.
5.O legado cultural. Al-Andalus floreceu unha cultura espléndida. Comezou cunha biblioteca con 400.000 volumes creada por Al Hakam II. Entre os intelectuais destacaron Averroes e Maimónides. Desenvolveuse a poesía, a medicina, a astronomía e as matemáticas. Unha pegada de Al-Andalus no idioma castelán foron unhas 4.000 palabras de orixe árabe
6.A arquitectura. A arte floreceu sobre todo a arquitectura. A pintura e a escultura usábanse para decorar os edificios. A arquitectura islámica ten unhas características propias:-- -Contruíase con materiais pobres e pouco duradeiros. -Os materiais cubríanse cunha decoración abundante, que lles daba unha apariencia de gran riqueza. O islam prohibe representar anuimais e persoas. Por iso usaban motivos xeométricos, vexetais e caligrafía. -Nos espazos abundaban xogos de luces e sombras. Ademais o gusto pola auga materializábase en fontes, piscinas... -Os edificios sostíñanse sobre columnas, piares e arcos polibulados e de ferradura. -Os edificios cubríanse con teitos planos de madeira ou con cúpulas. Os edficios máis abundantes eran as mesquitas aínda que tamérn había palacios, castelos e baños.


1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Moi bo traballo, Antía. Unha aperta.