viernes, 29 de marzo de 2013

Para ler e reflexionar


¿Como facemos sentir as persoas que nos rodean?
O 14 de Outubro de 1998, nun voo trasatlántico da liña aérea British Airways tivo lugar o seguinte suceso:

A unha dama sentárona no avión ao lado dun home de raza negra. A muller pediu á azafata que a cambiase de sitio, porque non podía sentarse ao lado dunha persoa tan desagradable.

A azafata argumento que o voo estaba moi cheo, pero que iría a revisar primeira clase a ver por se acaso podería encontrar algún lugar libre.

Todos os demais pasaxeiros observaron a escena con desgusto, non só polo feito en se, senón pola posibilidade de que houbese un sitio para a muller en primeira clase.

O pobre home, quedo incómodo e cohibido pola reacción da súa compañeira de fila, pero tivo a educación de non facer un escándalo.
O clima na cabina era de total tensión, pero a señora mostrábase feliz e ata triunfadora porque a ían quitar dese sitio e xa non estaría preto daquela persoa.

Minutos máis tarde regreso a azafata e infórmolle a señora:
Descúlpeme señora, todo o voo esta cheo... pero afortunadamente encontrei un lugar baleiro en primeira clase. Demoreime uns instantes porque, para poder facer este tipo de cambios tívenlle que pedir autorización ao capitán. O indicoume que non se podía obrigar a ninguén a viaxar ao lado dunha persoa tan desagradable e que me autorizaba o cambio".

Os pasaxeiros non podían crer o que escoitaban, pero xa a señora con cara de triunfo, empezou a levantarse do seu asento.

Nese momento a azafata voltéase e dille ao home de raza negra:¡

"Señor, sería vostede tan amable de acompañarme ao seu novo asento na primeira clase?
O capitán en nome da Compañía pídelle as súas desculpas persoais polo feito de que tivese que soportar unha persoa tan desagradable ao seu lado. "

Todos os pasaxeiros do avión se pararon e ovacionaron a acción da tripulación.
Ese ano, a azafata e o capitán foron premiados.
A empresa fixo cambios de inmediato; dende ese momento en todas as oficinas de British Airways e á vista do persoal, lese a seguinte mensaxe:
"As persoas poden esquecer o que lles dixeches, as persoas poden esquecer o que lles fixeches, pero as persoas nunca esquecerán como os fixeches sentir".

Hai moitas persoas que pensan ou cren que son máis que os demais ou cren que os demàs deben cambiar, cando son elas as diferentes e as que deben cambiar... !!!!


8 comentarios:

Leti :) dijo...

Felicidades Carmela, esta historia e moi importante, ensina que non se pode despreciar a xente porque sexa doutra raza, doutra relixión... O detalle que tiveron o capitán do avión e a azafata foi máis que xusto. A xente cando lee esta historia tería que darse conta de que todos somos iguais, non importa que sexamos de diferentes relixións, diferente cor de pel, de diferente país... porque todos somos seres humanos todos somos iguais!! :)

Anónimo dijo...

eu penso que non se debe xulgar a xente polo seu aspecto ou raza.

Anónimo dijo...

¿Como facemos sentir as persoas que nos rodean?

Esta historia ensina que non se debe discriminar a xente pola súa cor, a súa relixión, a súa procedencia, etc. Todos somos seres humanos e aínda que non teñamos os mesmos gustos ou non sexamos da mesma relixión debemos respetarnos. Exemplo da vida cotiá:
• Situación de colexio, traballo, amigos, etc.: “Xosé” vive nunha casa humilde, ten escasa roupa, non ten teléfono móbil, e seus pais teñen pouco diñeiro. Xosé está na aula de “Víctor” o cal vive nunha casa grande, usa roupa de marca, ten dous teléfonos móbiles, e seus pais teñen moito diñeiro. Víctor e Xosé son grandes amigos a pesar das cousas que os diferencian, iso a eles non lles importa porque o que valoran e a súa forma de ser. Víctor e Xosé vense todos os días, os outros compañeiros búrlanse, pero eles non lles fan caso, porque a súa amizade vale mais que esas pequenas diferenzas.
Leti

Dani Caamaño dijo...

Esta historia paréceme moi boa para que as persoas aprendan a comportarse como tales persoas. Non me parece xusto a discriminación por ser unha raza diferente ou relixión ou por non vestir coma nos. Gústame moito a reacción do capitán e a azafata. Espero que con ese exemplo podamos aprender a non desprezar por ser diferentes
1º ESO

Anxo N.F. dijo...

Este relato volvenos a levar ao típico e cansino caso do, por desgraza racismo. A miña idea sobre este suceso e que todos temos a nosa maneira de pensar e polo tanto dependendo da nosa educación pensaremos dunha maneira diferente. O racismo basease no mero feito do medo, no mero feito do descoñecido, do que non viviches. Eses feitos levan a certas persoas ao chamado "racismo" , ainda que realmente o racismo non existe, o que existe e unha forma de pensar que evoca as persoas a rechazar a según elas a "perfección". Polo tanto, mentres siga habendo "racismo" haberá dor, marxinación, vidas descarriladas hacia un camiño como as drogas para afogar a dor. Por iso a marxinación e despectivismo pode resultar para certas persoas a arma máis potente.

MAR dijo...

Esta historia é moi interesante para facernos ver como hai que tratar as persoas, tanto as estúpidas como as que son discriminadas. É toda unha lección!
Noraboa por poñer estas historias que nos fan pensar...seguide así.

Iria Nieto dijo...

A azafata mais o capitán mereceuse moito o premio que lle deron, porque a eles tamén lle podería dar igual o que esa muller lle estaba facendo o home.
A muller tería que reflexionar sobre o que fixo, porque non esta ben que se burle dunha persoa que é de distinta relixión ou de doutra cor de pel. Tiña que pensar que si ela fora de cor negra ou de outra relixión tamén se sentiría ofendida, e non lle gustaría que lle fixesen pasar esa vergoña diante de toda a xente que estaba alí mirando o espectáculo que ela mesma buscara.
Iria Nieto 1ºB

Ainoha, Karia e Ylenia, 5º curso dijo...

Parécenos fatal a reacción da señora porque aínda que fora doutra raza segue sendo unha persoa, e non tiña que insultar a ese home desa maneira.
Parécenos moi ben a reacción da azafata e do capitan porque polo menos reacciónaron ben e trataron de facer que o home se sentira mellor.