miércoles, 15 de mayo de 2013

NEIRA VILAS EN OUTES


 

Neira Vilas, anfitrión da semana grande das Letras Galegas en Outes
O auditorio da Casa da Cultura acolleu, logo do percorrido inaugural pola mostra, un coloquio do escritor con preto de douscentos asistentes ao acto. Entre eles atopábase o alumnado do IES Poeta Añon e os estudantes de sexto curso dos CEIP Serra de Outes e Emilio Navasqües, acompañados polo seu profesorado e por integrantes dos equipos de dinamización da lingua galega.
Tamén acudiron á cita integrantes do club municipal de lectura, así como membros da ADISMUR (Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros), canda os seus monitores. Todos eles tiveron ocasión de departir co autor arredor da súa obra e dos protagonistas das pezas que conforman a súa ampla produción literaria, especialmente Memorias dun neno labrego e o coñecido Balbino.

1 comentario:

Anónimo dijo...

É unha desgraza que seguramente fora moi pouca xente a ese encontro que debeu ser marabilloso. Só digo que outes e moitos pobos de galiza cada día son máis incultos. É unha pena.