viernes, 13 de septiembre de 2013

Pícnic en Hanging Rock

Nestes días de vacacións lin unha novela na que realidade e ficción se fonden ao redor dun fascinante misterio.
 Pícnic en Hanging Rock 
 Trata da desaparición de catro alumnas e unha profesora do exclusivo Colegio Appleyard para señoritas durante un xantar campestre o día de San Valentín do ano 1900. A pesar de que non se sabe con certeza se os feitos narrados son reais ou non -un misterio alentado pola propia autora-, ou precisamente por iso, cada 14 de febreiro unha lexión de seguidores desta obra acode en peregrinación a Hanging Rock, unha impresionante formación rochosa situada a uns 70 quilómetros de Melbourne, en busca de evidencias que corroboren as máis estrafalarias teorías sobre o destino das desaparecidas.

Peter Weir dirixiu en 1975 unha excelente adaptación de Pícnic en Hanging Rock. Déixovos o video con imaxes da película, acompañadas pola súa banda sonora.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Ten moi boa pinta. Seguro que a miña filla maior lle gusta. Falareille dela. Grazas pola información. Moi feliz curso para todos! Unha aperta.