domingo, 10 de noviembre de 2013

Para esa persoa que ten unha paciencia infinita con nós.

Bueno, esta entrada está dedicada para unha persoa moi especial para todos os alumnos destes talleres e que o está pasando mal estos días...
Primeiro de nada dicir que ela sempre nos está aguantando a todos, doialle a cabeza, esté mal, teña problemas etc. Ela sempre está ahí e máis que nada esta entrada era para demostrarlle, e creo que falo por todos os alumnos, que nós tamén estamos aquí e que pode contar con nós para o que sea, que aínda que discutamos e nos berre, ao fin e ao cabo queremonos moito mutuamente, que o sei eu eh... jajaja.
Por esas risas que nos sacamos entre todos as veces, polos bos momentos e polos malos, dos que eu, sinceramente, non recordo ningún. Que todos somos como unha segunda familia e como en todas as familias tamén teñen que haber gritos, discusións, castigos e que sei eu...
Confesar que a veces facemos o que nos mandas por facer e non nos esforzamos, ¿pero que vou a dicirche eu que ti non sepas? Tamén dicir que cando facemos algo ben, nos felicitas.
Bueno, eu non sei moito o que poñer pero creo que a idea queda clara. Sabemos que o estás pasando mal e nós non queremos que estés así, polo que intentamos animarche e sabes que contas con todo o noso apoio.
Estaba pensando en poñerche unha canción de Melendi, que as hai para todas as ocasións, e ao final voucha a poñer, aproveitando que non me podes dicir que non. En fin, que espero que lograra sacarche una sonrisa, xa que ese era o noso propósito e despídome que esto xa se me está facendo moi largo...
Destacar da canción que che deixo a frase: "Caminando por la vida, sin pausa pero sin prisas..." que é o que hai que facer, "ir tirando pouquiño e pouco" como di meu abuelo. Un bico e unha aperta moi grande que che daremos todos en canto teñamos a oportunidade de verche en persoa.



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Esperamos que volvas pronto, con ganas de darnos caña

Ana Martinez dijo...

Unha entrada ben fermosa. Seguro que lle gusta moitísimo cando a lea. Dádelle unha gran aperta da miña parte cando a vexades.