miércoles, 18 de diciembre de 2013

¡BO NADAL!

O alumnado dos talleres de aprender a aprender do Concello de Outes desexámosvos un bo Nadal e un próspero Ano novo. Como Carmela non está de ánimos para facelo e considera que o blog é tanto dela coma noso, palabras textuais dela mesma, pois aquí nos tendes intentando escribirvos algo con xeito. Resumindo, que esperamos que teñades un bo Nadal, con moitos regalos claro, pero tamén con cariño que, a fin de contas, é o máis importante. Deixámosvos ademais unhas cantas imaxes que nos chamaron a atención e esperamos que vos gusten.




Tamén queriamos deixarvos uns cantos villancicos, pero por desgracia, para unha vez que Carmela nos deixa poñer o que queiramos, parece ser que Melendi non ten unha canción para o Nadal... En fin, que como de Melendi non puido ser e non nos decidíamos deixámosvos dúas.




A parte esta vai para Carmela e Bárbara que nos aguantan todos os días, iso de sen queixarse deixámolo para o ano...






Realmente esperamos que pasedes unhas boas festas. Alba e Antía de 3º da ESO.


1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Moi Felices Festas para vos tamén. Unha gran aperta.