lunes, 7 de abril de 2014

Estamos na terceira evaluación hai que ir a por todas...

Vamos a repasar as dez pistas para aprobar e os pasos da escaleira que xa vamos para a terceira evaluación. Temos que ir a por todas.     
Ánimo 



1ª Elixe, sempre que poidas, un lugar fixo para estudar tranquilo/a e afastado de distraccións. Se é necesario, fala coa túa familia para crear un clima adecuado.

2ª Prepara as cousas que vaias necesitar antes de sentarte.

3ª Coida o ambiente para que esteas cómodo durante o tempo de estudo: ventilación, boa iluminación, cadeira e mesa confortable, etc.

4ª Organizate ben. Converte o estudo diario nun hábito. Custarache menos.

5ª Confecciona o teu horario de estudo persoal. Ten en conta cando estás mais despexado.

6ª Non fagas burradas co teu estudo. Tómate un descanso duns dez minutos tras cada hora de estudo para despexar a mente. Non é o revés, estudar dez minutos e descansar unha hora.

7ª Fixate obxectivos para períodos curtos e céntrate neles para cumprilos.

8ª Concéntrate moito e logo divirtete cos teus amigos.

9ª Ollo co móbil!. Desconéctao mentes estudas. Evita as mensaxes, os toques e as chamadas, que acaban desconcentrándote.

10ª Desconecta tamén o facebook, tuenti...etc. Dedica un tempo fixo a conectarte cos teus amigos, para que non che roube o teu tempo de estudo.

1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Hai que apretar un pouquiño que xa esta a piques de chegar o final de curso. Seguide traballando tan ben. Unha aperta.