miércoles, 21 de enero de 2015

O MORBO DOS MEDIOS




O morbo dos medios: buscando carne para cubrir a próxima noticia.
(Nota: Despois de pasar unha tarde loitando co artículo acadamos coa conclusión de que entre a ESO e a tormenta hormonlal adolescente estáse a rebentar coas nosas neuronas. Póden sacar as súas conclusións lendo traballos anteriores {LOL})
Podemos comezar por describir o que aparece na imaxe. Nela vemos un gato, un depredador neste caso (un asasino, por exemplo), a vítima, que sería o rato que se atopa na súa boa, e por último os demais roedores, que representarían ós periodistas.

Polo tanto, eu plantéxovos esta cuestión: ate que punto deben os medios de comunicación, ou simplemente as persoas normais, por exemplo, gravar certos acontecementos nos que, en troque poderían axudarlle ás vítimas?

É obvio que temos o dereito á información, pero isto dálles dereito as empresas a facer bombo das traxedias dos demais?

Ben, hai dúas posicións sobre isto:
-Si, toda información é pouca e necesaria.
-Non, non é moral facerse proveito dos martirios axeos.

Queredes que vos diga averdade? A realidade é que teño unha dubida mental que nunca remata, é infinita.

Por un lado gustaríame a información radical, é decir, toda a información posibel do xeito máis transparente e obxetivo que se poida. Isto como todo ten os pros e contras

Por un lado a xente con bó punto de vista poderá construír a súa opinión dun xeito máis sólida, polo outro, sempre haberá xente que se verá afectada dalgún xeito pola información publicada.

Como eu sempre digo cada caso debería ter un trato de acordo cas súas necesidades. Pero por desgraza isto é loxísticamente imposible. E aquí é onde comeza o circulo vicioso.

Por outro lado haberá xente que aproveitando esa información a imitará. Ata que punto a violencia parece tan normal? A costume de ver tan directamente as imaxes violentas non nos adormecerá a nosa conciencia? Aínda que pensemos que non, non pode ser que chegado o momento que xa sexa algo familiar? Perderemos a sensibilidade?

Na actualidade existen dous tipos de liberdades que concernen ao periodismo:

-Liberdade de expresión: é un dereito fundamental dos humanos, sinalado no artículo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948, e as constituíntes democráticas, tamén a sinalan. Dela deriva a liberdade de prensa. (Fonte: Tradución da Wikipedia)

-Liberdade de prensa: é a liberdade ou a inmunidade dos medios de comunicación para publicar ou espallar información, xa sexa mediante a impresión, emisión ou publicación electrónica, sen ningún tipo de control gobernamental ou censura. Aínda que a liberdade de prensa é a ausencia da influencia estatal, ela pode ser garantida polo goberno a través da lexislación. (Fonte: Galipedia)

Dende este punto invítovos a vós, lectores, que saquedes a vosa conclusión e se sodes tan amables comentadea na sección inferior ↓

Comentan Anxo e Alba 

1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Moi boa entrada. Un saúdo.