martes, 27 de diciembre de 2011

Grazas a todos

Os alumnos dos talleres e Carmela dan as grazas pola colaboración e apoio de todos, para nos, é moi importante.
Estamos aprendendo que non é tan fácil subir cousas a un blog. O que máis nos damos conta é o problema das expresións, erros ortográficos, etc. Fai que nos esforcemos máis, temos que dar moitas voltas antes de subilo, e aínda así, cantos erros imos descubrindo.
Pedimos a axuda de todos para que poidamos seguir: a colaboración dos profes, pais, nais... opinade e axudádenos a millorar. Ista experiencia que tivemos hasta agora sírvenos para que coidemos máis a nosa maneira de expresarnos e revisar a nosa ortografía...

Outra cousa da que falamos nos talleres foi da convivencia entre nos e cos que necesitan a nosa axuda. Foron moi interesante as fotos da exposición de Madrid.

Descubrimos traballando entre nos, como dicía a fábula da lebre e da tartaruga, que necesitamos uns dos outros. Nos talleres, un de nos e moi bo en mates, outro nas lingoas e outro en plástica, así podémonos axudar uns a outros, e colaborando sacamos moito máis proveito das clases.
Tamén nos vamos dando conta, agora que estamos na ESO, temos que buscarnos a vida e aprender por nos, non depender tanto das axudas dos maiores porque vai chegar un momento no cal non poidan prestarnos a súa axuda e temos que ser capaces de valernos por nos mesmos.
Temos que aprender a aprender

3 comentarios:

antia dijo...

tes moita razón temos que aprender a valernos por nos mesmos

Manuel dijo...

Pasiño a pasiño faise o camiño, sendo boas persoas a vida e moito mellor para todos. Noraboa polo voso traballo, espero que non vos cansedes e este blog non teña fin.

Felices Festas.

Anónimo dijo...

Boas noites e felices festas! Noraboa a todos polo traballo que estades a facer e pola ilusión que poñedes en cada tarefa. Seguide por ese camiño e seguro que merecerá a pena chegar á meta desexada. Aínda que vaian xurdindo atrancos sempre haberá a posibilidade de superalos. E entre todos, mellor.
Un mestre e admirador deste blog.