miércoles, 11 de abril de 2012

OS HABITANTES DO PLANETA

1. Os habitantes do planeta e a súa distribución:
Os habitantes da Terra están repartidos de forma moi desigual por todo o planeta. Hai países moi extensos con pouca poboación, e outros de menor superficie moi habitados.
A densidade de poboación expresa o número de habitantes que ten un territorio por cada Km2 (hab/km2).
O censo é a lista dos habitantes dun país. Normalmente actualízanse cada 10 anos.
O padrón municipal é a lista dos habitantes dunha localidade, e normalmente actualízase cada 5 anos.
- Factores de distribución da poboación: os principais factores que condicionan a distribución da poboación son:
- Factores físicos: factores como climas temperados, relevos de pouca altitude, auga… favorecen o poboamento, mentras que outros como a aridez, a humidade excesiva ou terreos elevados, dificultan o poboamento.
- Factores históricos: a concentración de poboación nos vales dalgúns ríos e deltas como o Nilo ou o Ganxes, é unha herdanza do pasado. A pouca poboación de moitas zonas de África débese, maiormente, á trata de escravos.
- Factores económicos: polo xeral, a poboación tende a concentrarse naqueles lugares onde hai abundancia de recursos: terras produtivas, auga abundante…
2. Evolución da poboación mundial:
2.1- A evolución da poboación nos países ricos: Distínguense 3 fases:
- fase de longa estabilidade demográfica: Dende a Antigüidade ata mediados do S.XVIII a poboación aumentou moi amodo:
* as familias adoitaban ter unha media de 5 fillos, pero tamén morrían moitos nenos a idades moi temperáns.
* as colleitas eran inseguras e as grandes fames, epidemias, as guerras e as catástrofes naturais provocaban moitas mortes.
- Fase de aumento da poboación ou revolución demográfica: A mediados do S.XVIII, coa Revolución Industrial, descendeu a mortalidade:
* produciuse un aumento na produción de alimentos: técnicas de cultivo máis eficaces, novos cultivos…
* os progresos na hixiene: o uso do carbón fixo que as vivendas fosen máis quentes e secas, reducindo o perigo de tuberculose.
Mentres baixaba a mortalidade, a natalidade continuaba sendo elevada, aumentando así a poboación. Por iso nos S.XVIII e XIX se produciu un boom ou revolución demográfica, coñecida como explosión branca. Isto explica a expansión de europeos por América, e a colonización de territorios de Asia e África.
- Fase de descenso da natalidade: Ao longo do S.XX a mortalidade seguiu descendendo gracias aos avances na medicina, o uso de vacinas e a loita contra a mortalidade infantil.
Tamén se produciu un descenso da natalidade, debido a:
• As condicións de vida que pasan dunha sociedade agraria a unha urbana.
• O desexo de gozar dun nivel de vida e consumo máis elevado.
• Poder asegurarles aos fillos uns coidados e unha educación custosos.
• A incorporación da mullera o mundo laboral.
2.2- Evolución da poboación nos países pobres:
Distínguense dúas fases:
- Fase de longa estabilidade demográfica: Ata ben entrado o S.XX. Caracterízase por unha natalidade e unha mortalidade moi altas.
- Fase de descenso da mortalidade: A finais do S.XX nos países máis pobres produciuse un notable descenso da mortalidade.
Coa axuda dos países ricos puidéronse combater enfermedades, grazas aos medicamentos.

3- A dinámica desigual da poboación mundial:
3.1- Desaceleración do crecemento da poboación:
Actualmente o crecemento da poboación mundial é lento debido a:
- Desaceleración xeral da natalidade.
- Catastrófica situación de África Subsahariana.
- Diminución da taxa de fecundidade.
3.2- A poboación nos países ricos:
A poboación dos países ricos caracterízase por un proceso de avellentamento. As causas son:
- Diminución da taxa da natalidade debido ao descenso da fecundidade.
- A maior esperanza de vida, grazas a unha mellor alimentación e a mellores coidados.
3.3- A poboación nos países pobres:
A principal característica da poboación nos países pobres é a elevada taxa de natalidade. As causas son:
- A poboación é nova, en idade de ter fillos.
- O aumento da poboación implica a necesidade de disponer de máis alimentos, hospitais, escolas…
- Os fillos representan unha riqueza para a familia, porque traballan dende pequenos.
4- A dinámica da poboación: as migracións.
A dinámica da poboación depende tamén das migracións.
Emigrar: é o abandono do lugar de orixe por un tempo prolongado ou indefinido.
Inmigrar: é establecerse nunha comunidade receptora.
4.1- Saldo migratorio e as súas consecuencias:
O saldo migratorio é o resultado de restar o número de inmigrantes ao número de emigrantes.
Saldo migratorio negativo: É cando un país perde poboación. As consecuencias son:
- Diminúe a presión social.
- Abandono das zonas rurais.
- Avellentamento da poboación.
- Entrada de divisas.
Saldo migratorio positivo: É cando un país gaña poboación. As consecuencias son:
- Incremento da poboación adulta en idade de traballar.
- A inmigración procedente de países pobres ten un elevado índice de fecundidade, que frea o avellentamento da poboación.
- A inmigración supón unha importante contribución económica.
- A inmigración achega diversidade de culturas, aínda que ás veces pode crear conflitos.
4.2- As migracións na actualidade:
No mundo actual hai un tipo de emigración formado por persoas moi cualificadas (investigadores, deportistas…). Isto chámase mobilidade de poboación.
Pero os principais fluxos migratorios están causados pola falta de traballo, e proceden de:
- Territorios moi poboados do Sueste de Asia, que emigran cara aos países desenvueltos máis próximos.
- Emigración procedente de África, que intentan chegar ata Europa, ás veces de maneira ilegal.
- Procedente dos países do Leste de Europa, que chegan aos países do Oeste e do Sur de Europa.
5.- A poboación e o traballo:
5.1- A poboación activa:
A poboación activa é a que traballa ou quere traballar aínda que non teña emprego. Inclúe:
 A poboación ocupada.
 A poboación en paro.
 Os que buscan o seu primeiro emprego.
A poboación non activa fórmana os nenos, os xubilados, estudantes, e amas
de casa.
A taxa de actividade é a porcentaxe da poboación activa sobre o total da poboación dun país. No mundo, a taxa media de actividade é do 41%. As taxas de actividade máis elevadas danse nos países desenvueltos. E as taxas máis baixas danse nos países pobres.
5.2- Os sectores produtivos e a desigualdade entre países:

A poboación activa por sectores produtivos permite coñecer o grao de desenvolvemento económico dun país:
- Nos países ricos a procentaxe de poboación activa no sector primario é moi baixa. No sector secundario diminúe a poboación activa, e o sector terciario medra e diversifícase.
- Nos países pobres máis da metade da poboación activa traballa no sector primario.
5.3- O problema do paro:
As principais causas da desocupación nos países desenvueltos son: a mecanización e informatización de moitas tarefas, e o peche de empresas que trasladan as súas actividades a países onde a man de obra é máis barata.
Nos países pobres é habitual o problema do paro e a falta de traballo. Parte da poboación emigra ás cidades, pro alí os postos de traballo son escasos, e prodúcese así unha importante migración dos países pobres cara aos países ricos.
SECTORES PRODUTIVOS:
-sector primario: inclúe as actividades nas que se obteñen produtos directamente da natureza: agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal.
- sector secundario: actividades que transforman os produtos que se obteñen da natureza en produtos semielaborados e elaborados: industria, construcción, minaría e produción de enerxía.
- sector terciario: traballos que lles proporcionan servizos ás persoas: educación, sanidade, transporte…
COÑECER A DINÁMICA DA POBOACIÓN:
Taxa de natalidade (TN)= nenos nados nun ano x 1000
Poboación total

Taxa de fecundidade (TF) = nenos nados nun ano x 1000
Mulleres entre 15 e 49 anos

Taxa de mortalidade (TM) = persoas falecidas nun ano x 1000
Poboación total

Crecemento natural ou vexetativo = taxa de natalidade - taxa de mortalidade

- Pirámide de poboación:
É un gráfico que permite ver e interpretar a historia da poboación dun país.
Resumo do tema 13 feito por Brais de 2º da ESO
Espero que vos sirva

1 comentario:

Ana dijo...

Con estes resumos tan ben feitos, que doado debe resultar estudar. O esforzo debe ter a súa recompensa. Unha aperta.